(Axenda Cultural Comentada)

Vai por aí | 13 de abril ao 20 de abril

Música | Jeff Hershey

Música de antes da revolución no festival Outono Rock

A revolución e arredores

Agora repasas a historia e sempre parece que estivemos a media hora da revolución. Menos esta semana que parece que andamos a quince minutos.

Esta sensación histórica de case revolución permanente ten que ver co feito de que por moito que diga o federalismo económico alemán, a súa sucursal española e a prensa da caverna, nunca vivimos ben. En algún momento da historia recente chegamos a vivir de xeito cómodo, pero que eu recorde as piscinas eran sempre públicas e pola calefacción pagamos un suplemento en función do consumo. O resto dos luxos eran un churrasco as fins de semana e facer as vacacións con Ryanair. Non lle vexo eu tantas posibilidades.

Precisamente porque eramos conscientes da humildade das nosas posibilidade sempre estivemos a un paso da revolución. Certo que era un paso moi longo, pero excepto algúns vaidosos que pensaban que a súa nómina era clase media, todo o resto do mundo sabía que estábamos por abaixo na pirámide trófica do capitalismo.

Quizais os sesenta nos deixaron unha herdanza enganosa ou quizais quixemos lela nese sentido. A conversión da psicodelia en socialdemocracia foi un xeito de suicidio. Pero ata agora non todo o mundo o tiña tan claro. All you need is crash.

La música combinada de Ray Collins y Jeff Hershey é de antes da guerra. Da guerra do Vietnam. E, polo tanto, podería ser considerada como de antes da revolución. Pero a revolución de verdade non debería ser tanto un estralo como un proceso continuado e, neste sentido, esta tamén é música da revolución. Dun tempo no que todo parecía máis claro porque os gobernos mareaban as perdices dun xeito máis primitivo. Pero os gobernos, diga o que diga a oposición, aprenden duns para outros e agora marean con máis consistencia. Fronte a iso só hai un recurso: moverse e non parar. Sacar a forza dos adentros, como dicía meu pai que se facía para mover os perpiaños. Porque os perpiaños son eles. A maza teremos que ser nós. Porque todos queremos cambiar o mundo aínda que sexa a golpes.

Concerto
Jeff Hershey & The Heartebreakers
Ray Collins

Sala Capitol (Outono rock)
Días: Sábado
Horario: 21.30
Entradas: 18 anticipada, 22 en taquilla
Máis info:
Sala Capitol
Jeff Hershey

Fotografía | Alberto Korda

A fotografía como espionaxe

Un asiste impúdico a esas imaxes que, aínda consentidas, revelan cousas que nin os propios fotografados saben que sabían. Korda paseouse de igual xei- to por dúas ilusións do sécu- lo pasado. As dúas igual de fic- cionais: primeiro foi fotógrafo de moda e logo da revolución cubana. Curiosamente foi a se- gunda a que máis intensamente afectou á iconografía do século XX. A revolución recibiu o tra- to dunha moda que se foi apa- gando entre o verde oliva das guerreiras e o negro descoidado das barbas. Os occidentais deci- diron facer coa revolución cu- bana o mesmo que fixeron con todo: consumir as imaxes e tirar co resto. En Europa o que non é imaxe é crise. E non é de agora.

Korda espiou á revolución sen decatarse. Ese é o problema da fotografía antes de que existira

o Photoshop ou os técnicos de Stalin. Queda todo claro. O cul- to que Korda rendeu aos barbu- dos foi o culto que a revolución rendeu aos seus dirixentes. A linguaxe de Korda foi a lingua- xe con que se comunicou a revo- lución. Occidente admirou moi- to esa tensión do home someti- do a realizar os labores dos he- roes. Admirou a amplitude de ombros de Fidel e a desafiante ollada de Guevara.

O cabalo de Santa Clara

Camiño de Santa Clara, Korda caeu do cabalo da moda e subiuse ao dos revolucionarios. Levouno o instinto, pero a súa cámara non cambiou tanto. Demostrou sentirse seducido por igual nos dous casos como se máis alá do peso das cousas houbese un algo máis intanxi- ble que só sucedese en canto unha imaxe consegue some terse á disciplina das dúas di- mensións. Antes da fotografía unha imaxe non é máis que un momento que caduca. Despois é historia. Así fotografaba Korda. Era máis un épico despreocupado que un haxiógrafo. Era un convencido de esas imaxes facían discurso. Seguramente a revolución cubana non tería conservado esa utópica iconografía de non ser porque Korda soubo buscarlle os ángulos.

Os tempos caen e os ángulos permanecen. Pero as lecturas cambian. E aí están as fotos de Korda demostrando que Cuba tivo o seu Camelot, que Fidel puído ser o quixo pero decidiu ser o que é. Están as fotos de Korda explicando que non hai cine que iguale a potencia das imaxes do Che. Korda retrátaos como monarcas dun tempo eufórico. O resto non está. Ou é silencio ou a súa variante de amplia contribución literaria: espionaxe.

Teatro | Citizen

A “tela” coa que están feitos os soños

Foi Denís a primeira canción que escoitaron os clientes o día dos 80 que Zara abriu en Compos- tela. Debbie Harry, recén con- vertida ao trendysmo de vangar- da, estaba próxima ao francés e case pronunciaba dinís, dinís, licuando a palabra como pasa- da pola turmix da fala da Cos- ta da Morte.

Denís é agora o delfín empresarial de A.O. e está tentando aprender con que tela se fan os soños antes de que o imperio industrial descanse na mesa do seu despacho. Pero como acontece na vida e nos culebróns ve- nezolanos hai algo máis que os liga e non é unha paixón entre dous homes.

Marx reaparecido

Marx era un profeta, como moi ben sabe a dereita mundial, ao explicar por activa e por pasi- va, que todo é economía e que se non se controla a ciencia do diñeiro todo quedará fóra de control. Chévere faille caso aos que saben de cartos e monta o seu particular think tank apro- veitando que en Galicia cartos non hai moitos pero temos al- gunhas das fortunas máis sen- lleiras do planeta. Porque facer cartos non ten matices: ou é delito ou é proeza. Calquera das dúas posibilidades ten máis his- toria para o teatro que contar como é o interior das persoas que levan anos interiorizando a importancia do diñeiro e in- ventado todo tipo de desculpas para que non se lles note. Ten máis historia como demostra o feito de que no sector cultural a primeira conversa é sempre sobre cartos, aínda que lles pareza un argumento de perfil baixo para utilizar artisticamente. Cando Chévere fala de cartos, ou de economía, ou de como se organiza a sociedade arredor do concepto económico fala do presente e fala do futuro. Ademais pon xente xogando a Wii cunha coherencia contempo- ránea. Poderiamos dicir que é realista aínda que non lles gus- te a palabra. É, ademais, profético, porque, como dixo Shakespeare, o futuro acaba sempre en mans dos bastardos.

Auditorio de Galicia
Días: Ata o 27 de marzo Horario:
De 10 a 14 e 16 a 19 horas 
Entradas: De balde
Da moda á revolución