{"id":185497,"date":"2022-02-15T13:01:25","date_gmt":"2022-02-15T12:01:25","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=185497"},"modified":"2022-06-27T11:04:26","modified_gmt":"2022-06-27T09:04:26","slug":"suspender-a-profesion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2022\/02\/15\/suspender-a-profesion-185497\/","title":{"rendered":"Suspender a profesi\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>E mesmo sen ir ver como vive Gio, a muller de Cristiano Ronaldo, prendes a televisi\u00f3n ou calquera outra pantalla e comezan a pasarche polos fuci\u00f1os asuntos para presumir. Asuntos que parecen cousas de ricos e que a\u00ednda que non te\u00f1an conexi\u00f3n aparente fan ver que hai un mundo imposible para unha gran cantidade de xente que vive nese mesmo mundo.<\/p><p>Desde o punto de vista do espect\u00e1culo non \u00e9 incompatible, pero desde o punto de vista argumental resulta contraditorio que na mesma gala o presidente da Academia diga que a profesi\u00f3n de int\u00e9rprete \u00e9 a que padece m\u00e1is per\u00edodos de tempo sen traballo; que \u00e9 necesario arranxar o subsidio de desemprego para acompasalo as singularidades da profesi\u00f3n e que, na mesma gala, todo o mundo gaste traxes e vestidos que valen m\u00e1is do que vale unha anualidade de desemprego. Non \u00e9 algo perverso que a profesi\u00f3n esc\u00e9nica poida presumir de ser os traballadores con peores condici\u00f3ns m\u00e1is elegantes do mundo?<\/p><p>\u00c9 certo. Moitos deses vestidos ou traxes, garabatas ou sombreiros non son comprados. Son alugados ou est\u00e1n a\u00ed para que as marcas te\u00f1an un escaparate e algu\u00e9n se anime a mercalos. Pero esa perversi\u00f3n de fondo de que no espect\u00e1culo todo \u00e9 ilusi\u00f3n deixa algo desenfocado o asunto de que na mesma pantalla non entra ben a idea do glamour e a idea do desemprego. Unha delas \u00e9 ficci\u00f3n e quizais o presidente do goberno ou o ministro de Cultura ou a ministra de Traballo non queiran entrar nesa contradicci\u00f3n porque foron al\u00ed para escoitar e para percartarse de que, a pesar dos esforzos, non visten tan ben como unha actriz calquera. Pero visten infinitamente mellor que Jaume Roures. Nesa combinaci\u00f3n en formato tr\u00edo de ficci\u00f3n, realidade e di\u00f1eiro, \u00e9 onde o x\u00e9nero da gala alcanzou algunhas das intenci\u00f3ns da pornograf\u00eda.<\/p><p>Quen ten m\u00e1is cartos de verdade non se molesta en vestirse e quen necesita do escaparate sobreact\u00faa. Pero se o espectador precisara encontrar un conflicto para entreterse do moi grandes que son as familias da xente do cine e de canto lle debe cada quen \u00e1 s\u00faa familia, encontrar\u00eda m\u00e1is facilmente o conflito lonxe do eixo espect\u00e1culo vs realidade. Pode encontralo nun eixo que vale para todo o resto da sociedade porque, vaian do que vaian as pel\u00edculas, non son tan distintas da sociedade que as produce. E nos Goya, como en calquera outra parte do mundo, hai un elemento de clase e ese reclamo a entender as dificultades de traballar no cine tam\u00e9n ten uns saltos de clase que nin todo o vestiario da gala pode ocultar.<\/p><p>Hai unha aristocracia do cine espa\u00f1ol e non se decide por m\u00e9ritos art\u00edsticos. A queixa constante de Pedro Almod\u00f3var sobre se a Academia non lle ofrece trato de favor quedou desmentida nos Goya co cari\u00f1o inmenso que lle fixeron ao premiar a actriz protagonista da s\u00faa pr\u00f3xima pel\u00edcula, Cate Blanchet. Blanchet merece moitos premios, pero non hai tantas casualidades no mundo. Quizais a Academia queira reco\u00f1ecer a Almod\u00f3var algo que non est\u00e1 nas s\u00faas pel\u00edculas. Algo que ten que ver m\u00e1is coa personalidade.<\/p><p>Para a Super Bowl non fai falta ir tan vestido. A pesar de ser un evento onde todo ten que ser XXXL, os asistentes esf\u00f3rzanse moito en parecer normais. Pero xa sabemos que non. Hai que aforrar moito para formar parte do espect\u00e1culo, a\u00ednda que vivas en California. A televisi\u00f3n repasa unha colecci\u00f3n de caras do famoseo que ser\u00eda a loucura de calquera coleccionista de aut\u00f3grafos. Os tres sindicatos que est\u00e1n principalmente representados son deportistas m\u00e1is al\u00f3 da \u00e9lite, actrices e actores que non dependen das reclamaci\u00f3ns do presidente da Academia espa\u00f1ola e m\u00fasicos que non protagonizan o espect\u00e1culo do intermedio. Na Super Bowl domina a camiseta deportiva (a\u00ednda que haber\u00eda que ver a que prezos est\u00e1n) e unha relaxaci\u00f3n na vestimenta da que quedan completamente f\u00f3ra os narradores e comentaristas da televisi\u00f3n.<\/p><p>Hai unha cousa na que se parecen os premios Goya e a Super Bowl e non \u00e9 o uso de Eminem e Sabina: un espectador despistado entender\u00e1 que o argumento principal de cada evento foi desprazado. Que nin os Goya falan de cine nin a Super Bowl \u00e9 un evento deportivo. Que o interese e as forzas en movemento son outras. \u00c9 posible que se sinta m\u00e1is despistado cos Goya. Porque na Super Bowl hai un partido que contar, nas ceremonias de entrega de premios nunca ningu\u00e9n est\u00e1 seguro de cal \u00e9 a historia que se quere contar.<\/p><p>Como est\u00e1 sin diagnosticar s\u00f3 podemos deducir que existe un s\u00edndrome das galas. \u00c9 algo que impide a profesionais do cine, da televisi\u00f3n ou do teatro converter a noite do seu reco\u00f1ecemento nun espect\u00e1culo. Non \u00e9 un problema de gui\u00f3n ou de direcci\u00f3n, non \u00e9 un problema de decorados ou de mestres de cerimonias. Sucede que xusto na noite en que se sup\u00f3n que se reco\u00f1ecen as excelencias dun traballo, o sector decide suspender as habilidades da profesi\u00f3n. Na noite en que todo o mundo pode estar mirando, o sector decide comportarse de maneira radicalmente distinta a aquela pola que queren que os espectadores lles fagan caso. E temos que entender a emoci\u00f3n e o directo. Pero manexar as emoci\u00f3ns e os directos son capacidades propias da persoas que se dedican ao espect\u00e1culo. A noite na que se celebra a gala dos Goya (ou dos Mestre Mateo ou dos Mar\u00eda Casares, etc\u2026) non semella a noite oportuna para que o sector do espect\u00e1culo decida deixar de interpretar.<\/p><p>Na Super Bowl, como no reality de Georgina Rodr\u00edguez, ningu\u00e9n deixa de interpretar nunca. A\u00ednda que sexa un deporte e o resultado importe, est\u00e1n a\u00ed para que os mill\u00f3ns de espectadores te\u00f1an a desculpa do evento, da celebraci\u00f3n colectiva. Est\u00e1n a\u00ed para que o mundo te\u00f1a un motivo para pararse a mirar. A\u00ednda que todos saibamos que \u00e9 representaci\u00f3n ou precisamente por iso.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>E mesmo sen ir ver como vive Gio, a muller de Cristiano Ronaldo, prendes a televisi\u00f3n ou calquera outra pantalla e comezan a pasarche polos fuci\u00f1os asuntos para presumir. Asuntos que parecen cousas de ricos e que a\u00ednda que non te\u00f1an conexi\u00f3n aparente fan ver que hai un mundo imposible para unha gran cantidade de &hellip;<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":185516,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[30],"tags":[],"class_list":["post-185497","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-critica"],"acf":[],"post_template":"opinion","post_subscription":"no","pretitle":"","content_extract":"E mesmo sen ir ver como vive Gio, a muller de Cristiano Ronaldo, prendes a televisi\u00f3n ou calquera outra pantalla e comezan a pasarche polos fuci\u00f1os asuntos para presumir. Asuntos que parecen cousas de ricos e que a\u00ednda que non te\u00f1an conexi\u00f3n aparente fan ver que hai un mundo imposible para unha gran cantidade de...","reading_data":{"word_count":"976","reading_seconds":"234","reading_time":{"minutes":3,"hours":0,"seconds":54},"reading_string":"3'54''","reading_human":"4 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":{"action":"default","action_data":""},"categories_list":[{"name":"Cr\u00edtica","id":30,"slug":"critica","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/185497"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=185497"}],"version-history":[{"count":11,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/185497\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":185708,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/185497\/revisions\/185708"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/185516"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=185497"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=185497"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=185497"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}