{"id":222881,"date":"2022-05-03T19:29:21","date_gmt":"2022-05-03T17:29:21","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=222881"},"modified":"2022-11-29T10:34:41","modified_gmt":"2022-11-29T09:34:41","slug":"222881","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2022\/05\/03\/222881-222881\/","title":{"rendered":"Ourense ten m\u00e1is terrazas ca Liverpool"},"content":{"rendered":"<p>A Praza Maior de Ourense \u00e9 un espazo de confluencia. Derr\u00e1mase o sol da primavera sobre o remolque dunha orquestra espect\u00e1culo, sobre a manifestaci\u00f3n confinada que canta os verdes castros, sobre a ourensan\u00eda dominical de terraceo no pequeno espig\u00f3n lateral en sombra. Uns levantan o pu\u00f1o para acompa\u00f1ar o himno, outros erguen o brazo para pedir un verm\u00fa en canto o anterior subiu de temperatura. Xestos paralelos, ignorancias rec\u00edprocas. Noutro v\u00e9rtice da figura, ocupado polo rastro, algu\u00e9n busca o casco de Putin entre os saldos militares. Acaba o himno, o verm\u00fa; rec\u00f3llense as pancartas e os restos de manises. Nun m\u00f3bil de entre a marabunta que chega \u00e1 praza desde a celebraci\u00f3n dos Maios soa unha canci\u00f3n de The Beatles. Algu\u00e9n avisado porque <em>Your mother should know <\/em>nunca \u00e9 a preferida de ningu\u00e9n.<\/p><p>O eco da canci\u00f3n pode acabar nunha sala do primeiro piso dese edificio que en tempos foi o Banco Sime\u00f3n, reconvertido en centro multicultural. A exposici\u00f3n ten como enunciado a The Beatles, pero o seu argumento \u00e9 o perseverante coleccionismo arredor do grupo de Liverpool nos m\u00e1is variados obxectos: discos, revistas, bonecas, estilogr\u00e1ficas, roupa e un anaco m\u00ednimo do parquet vello de Abbey Road. Entre outros utensilios, xoguetes, instrumentos e fotos.<br><br>Pode ser significativo que non haxa moita m\u00fasica e que a que se escoita non te\u00f1a moi boas condici\u00f3ns. Pero non sei se \u00e9 un defecto da exposici\u00f3n ou un signo dos tempos. D\u00e1se por feito que todo o mundo co\u00f1ece as canci\u00f3ns de The Beatles e que non \u00e9 necesario dalas a escoitar outra vez. Que agora mandan as c\u00e1maras dos m\u00f3biles e o propio \u00e9 facerse unha foto como se puideses formar parte de <em>Sergeant Pepper<\/em>. Non atenden de todo a esa clase de impenitentes que a\u00ednda esperan escoitar outra vez outra canci\u00f3n do cuarteto nas mellores condici\u00f3ns posibles. Escoitala como se fose a primeira vez para comprobar se \u00e9 certo que hai revelaci\u00f3ns.<\/p><p>A memorabilia de The Beatles \u00e9 o merchandising inabarcable da banda. Na exposici\u00f3n ourens\u00e1 hai un pouco de todo, co seu efecto feira, e ese algo de cada permite demostrar que houbo cambios no consumo arredor do cuarteto. Durante a beatleman\u00eda dominaban as chilindradas, as cousas soltas, po\u00f1erlle a calquera obxecto as caras da sorrinte chavalada da cidade do Mersey. A partir de a\u00ed o coleccionismo pasou pola parte alta a obxectos do \u00e1mbito vital dos integrantes, instrumentos, discos con elementos particulares; a partir da s\u00faa disoluci\u00f3n o coleccionismo foi ou ben de recuperaci\u00f3n ou volveu ser merchandising con argumento art\u00edstico. <em>Anthology<\/em> foi unha boa mostra de como se recompu\u00f1a a imaxe e o mercado da banda. Cofres, discos en vinilo, libros fotogr\u00e1ficos que sempre te\u00f1en imaxes nunca vistas. Case todos obxectos que avivan o imposible \u00e1nimo completista de calquera coleccionista do grupo. Agora que a m\u00fasica se volveu inmaterial, hai buscar a distinci\u00f3n dos obxectos selectivos.<\/p><figure class=\"wp-block-image size-large is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/pisofranco.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/05\/IMAGE-2022-05-03-193717-1024x577.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-222899\" width=\"1024\" height=\"577\" srcset=\"https:\/\/pisofranco.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/05\/IMAGE-2022-05-03-193717-1024x577.jpg 1024w, https:\/\/pisofranco.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/05\/IMAGE-2022-05-03-193717-300x169.jpg 300w, https:\/\/pisofranco.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/05\/IMAGE-2022-05-03-193717-768x433.jpg 768w, https:\/\/pisofranco.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/05\/IMAGE-2022-05-03-193717-720x407.jpg 720w, https:\/\/pisofranco.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/05\/IMAGE-2022-05-03-193717.jpg 1280w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption>Imos para a cama que hai que pacificar<\/figcaption><\/figure><p>Quen te\u00f1a visitado Normand\u00eda seducido polo cine ver\u00eda que a peza principal de calquera museo do D-Day \u00e9 o diorama a escala natural: maniqu\u00eds de uniforme, mobiliario e armas da \u00e9poca e, conforme soben de nivel, pasan de ter jeeps a tanques. A transcrici\u00f3n beatle a Ourense deste proceder \u00e9 a cama famosa na que John&amp;Yoko fixeron l\u00faa de mel e activismo pacifista. Non \u00e9 a cama, \u00e9 a reconstruci\u00f3n dese espazo para fotos r\u00e1pidas, co branco nuclear previo a darlle algunha oportunidade \u00e1 paz. A calquera paz, \u00e1 paz dos camposantos, a paz das barcas, a paz das derrotas, a paz das protestas, a r\u00faa da Paz.<\/p><p>Tam\u00e9n est\u00e1, pero non de corpo presente, o Maharishi e a estampa florida que garda algo de relaci\u00f3n co xard\u00edn das Burgas ou co alecr\u00edn que anda por Ourense cando estreamos maio. E mentres o Maharishi sorr\u00ed adiant\u00e1ndose a un mundo de selfies a cidade reborda polas terrazas como se esa fose a ocupaci\u00f3n nacional, o deporte exquisito, o modelo a seguir.<\/p><p>O paseante que sae do Marcos Valc\u00e1rcel quizais necesite de Spotify para reconciliarse e volver a colocar as cousas no seu lugar. E o lugar de The Beatles son os ouvidos. \u00c9 certo, \u00e9 certo, foron fotox\u00e9nicos, telex\u00e9nicos, cinex\u00e9nicos e a imaxe cambiou a \u00e9poca. Pero \u00e9 de esperar que a m\u00fasica protagonice esa historia. Da mesma forma que o alcalde de Ourense confunde agredir con defenderse, medio mundo confunde historia con memoria, ou pasado con historia, ou historia con pasado. E tam\u00e9n hai confusi\u00f3n en entender os fen\u00f3menos das cousas coas cousas mesmas. A exposici\u00f3n trata ben alg\u00fans l\u00edmites do fen\u00f3meno beatle. O rastro gal\u00e1ctico que foi deixando por todas as partes, unha pegada cultural inmensa que, na pr\u00e1ctica, permite que non haxa d\u00eda de diario no que algu\u00e9n non escoite algo sobre The Beatles a calquera hora. Esa pegada da cultura popular que serve nun momento para facer caixa e logo queda como demostraci\u00f3n. Ese f\u00edo que permite que unha deputada dun partido da dereita suba ao estrado dun parlamento cunha camiseta do Che mercada en alg\u00fan derivado de Inditex e, quizais, convencida de que a leva porque hai democracia e porque os seus ga\u00f1an sempre todas as guerras.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En Ourense cr\u00fazanse moitas li\u00f1as. Nunha ma\u00f1\u00e1 que anticipa o verao poden cruzarse o himno galego polos altofalantes da clase obreira e o terraceo de verm\u00fa con moitos cabezudos e ning\u00fan xigante. Cr\u00fazanse os ramos de flores maternais coas cruces dos maios e o seu canti\u00f1o de copla. Tam\u00e9n se cruzan The Beatles. The Beatles, non. A memoria sen case banda sonora do grupo musical m\u00e1is importante da historia. <\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":222895,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[309],"tags":[],"class_list":["post-222881","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-the-beatles"],"acf":[],"post_template":"reportaxe","post_subscription":"no","pretitle":"","content_extract":"A Praza Maior de Ourense \u00e9 un espazo de confluencia. Derr\u00e1mase o sol da primavera sobre o remolque dunha orquestra espect\u00e1culo, sobre a manifestaci\u00f3n confinada que canta os verdes castros, sobre a ourensan\u00eda dominical de terraceo no pequeno espig\u00f3n lateral en sombra. Uns levantan o pu\u00f1o para acompa\u00f1ar o himno, outros erguen o brazo para...","reading_data":{"word_count":"857","reading_seconds":"205","reading_time":{"minutes":3,"hours":0,"seconds":25},"reading_string":"3'25''","reading_human":"3 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":{"action":"default","action_data":""},"categories_list":[{"name":"The Beatles","id":309,"slug":"the-beatles","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/222881"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=222881"}],"version-history":[{"count":9,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/222881\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":223098,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/222881\/revisions\/223098"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/222895"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=222881"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=222881"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=222881"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}