{"id":236656,"date":"2022-06-14T15:34:38","date_gmt":"2022-06-14T13:34:38","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=236656"},"modified":"2022-08-16T16:28:19","modified_gmt":"2022-08-16T14:28:19","slug":"no-medio-do-medio","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2022\/06\/14\/no-medio-do-medio-236656\/","title":{"rendered":"No medio do medio"},"content":{"rendered":"<p>Hai tres espazos importantes no teatro. O patio de butacas, o escenario e o que queda no medio. Os tres son irrelevantes no concreto e a s\u00faa importancia, como a da pol\u00edtica, ten m\u00e1is que ver co que permiten facer que polo que son. Os tres son intercambiables e na contemporaneidade hai un certo gusto por darlle a volta e pensar que se pode colocar aos espectadores no lugar dos int\u00e9rpretes. Pero \u00e9 s\u00f3 unha peza m\u00e1is da confusi\u00f3n de non poder ver o presente desde f\u00f3ra. P\u00f3dese cambiar a condici\u00f3n do p\u00fablico, pero nunca deixar\u00e1 de selo.<\/p><p>Po\u00f1amos que na contemporaneidade, como no pasado, a tendencia \u00e9 darlle importancia ao escenario mentres se dil\u00faen as s\u00faas contornas. Porque segue sendo o espazo central, porque parece que \u00e9 a\u00ed onde pasan as cousas. Porque todo o mundo quere mirar cara ese lugar e tam\u00e9n porque os focos iluminan esa parte. E somos moito de mirar cara a luz. O resto parece meter medo. Desde o romanticismo quedou esa idea de que o importante \u00e9 o que sucede no escenario e a\u00ednda hoxe non nos liberamos do costume. Como se todo o resto debese estar subordinado a esa importancia. \u00c9 unha tendencia absolutista, \u00eda dicir wagneriana, pero para que liarme agora coa invasi\u00f3n de Polonia. A posmodernidade e o posdrama conseguiron cambiarlle as formas ao escenario, mov\u00e9rono de lugar, pero o comportamento \u00e9 o mesmo.<\/p><p>O certo \u00e9 que hai tres espazos como os tres estados daquela rep\u00fablica que deu en imperio novo. E nesa especie de tri\u00e1ngulo que s\u00f3 chega a tr\u00edo cando se alcanza a temperatura suficiente hai matices: o escenario onde est\u00e1n os int\u00e9rpretes e o patio onde est\u00e1n os p\u00fablicos son espazos f\u00edsicos. Son alterables a pesar de que non sexa o mesmo sentarse no Sal\u00f3n Teatro que nas butacas do auditorio de Abanca. E poden sentarse os espectadores no corredor ou poden as actrices non sa\u00edr do camerino sen que os seus roles vaian cambiar. Pero o terceiro espazo, o espazo intermedio entre unha parte e outra \u00e9 un territorio imaxinario. Ah! Imaxinario \u2013que palabra\u2013. Imaxinario quere dicir que non ten traduci\u00f3n nos libros contables ou que podemos escribir unha historia completa do teatro sen que ningu\u00e9n reco\u00f1eza que existe.<\/p><p>Sucede case a diario que non se escribe a historia desde a perspectiva do p\u00fablico. Que o p\u00fablico non ten historia ou que est\u00e1 a\u00ed colocado: informe, difuso ou l\u00edquido. Quizais s\u00f3 para que sirva como elemento humanizador. Como toda esa xente que os partidos colocan detr\u00e1s dos l\u00edderes nos mitins para que fagan un tel\u00f3n menos fr\u00edo que un logotipo. E se a historia dos espectadores non \u00e9 relevante para o teatro, como vai ser relevante o espazo que queda entre o int\u00e9rprete e o seu p\u00fablico? Pero nese espazo onde as luces comezan a perderse \u2013por utilizar unha imaxe rom\u00e1ntica\u2013 \u00e9 onde sucede todo no teatro. Onde cada corpo ocupa o lugar definitivo. E alg\u00fan d\u00eda vou ter que levantarme da butaca e comezar a escribir sobre ese lugar.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O transgresor para un espectador de teatro non \u00e9 observar escenario. Nin tampouco mirar a reacci\u00f3n do resto do p\u00fablico. O revolucionario \u00e9 mirar para ese espazo intermedio entre o escenario e as butacas. Un territorio de ningu\u00e9n onde pasan todas as cousas.<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":236667,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":"","_members_access_role":[],"_members_access_error":""},"categories":[174],"tags":[],"class_list":["post-236656","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-fatiga-ocular"],"acf":[],"post_template":"reportaxe","post_subscription":"no","pretitle":"","content_extract":"Hai tres espazos importantes no teatro. O patio de butacas, o escenario e o que queda no medio. Os tres son irrelevantes no concreto e a s\u00faa importancia, como a da pol\u00edtica, ten m\u00e1is que ver co que permiten facer que polo que son. Os tres son intercambiables e na contemporaneidade hai un certo gusto...","reading_data":{"word_count":"507","reading_seconds":"121","reading_time":{"minutes":2,"hours":0,"seconds":1},"reading_string":"2'1''","reading_human":"2 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":{"action":"default","action_data":""},"categories_list":[{"name":"Fatiga Ocular","id":174,"slug":"fatiga-ocular","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/236656"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=236656"}],"version-history":[{"count":27,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/236656\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":248375,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/236656\/revisions\/248375"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/236667"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=236656"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=236656"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=236656"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}