{"id":241180,"date":"2022-06-27T10:22:52","date_gmt":"2022-06-27T08:22:52","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=241180"},"modified":"2022-11-29T10:50:30","modified_gmt":"2022-11-29T09:50:30","slug":"historias-dun-home-que-contaba-historias","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2022\/06\/27\/historias-dun-home-que-contaba-historias-241180\/","title":{"rendered":"Historias dun home que contaba historias"},"content":{"rendered":"<p>Era unha alameda rodeada de calor tropical. O centro da alameda estaba dominado por un c\u00edrculo de terra e xusto no medio colocaron unha cadeira escolar. Al\u00ed sentou e comezou a contar historias. Pasaba do mediod\u00eda, que din que non son horas para contar historias porque est\u00e1 o cerebro tentando desfacerse das endorfinas do xantar. Hab\u00eda expectaci\u00f3n e rebumbio a un tempo. Non vi\u00f1an do mesmo lugar, pero harmonizaban ben, igual que historias que parecen ex\u00f3ticas, pero son como de toda a vida.<\/p><p>Na fotograf\u00eda que me queda na memoria, coa imaxe cambiante, co labirinto azaroso de non saber que partes se perderon, cales son reconstruci\u00f3n e cales arqueolox\u00eda, hai rapazas vestidas de uniforme escolar cunha talla menos da que necesitar\u00edan. Est\u00e1n sentadas, inquedas, ruidosas e deixan unha distancia esaxerada con respecto a ese home que senta para contarlles historias. Quizais leve unha camisa escura ou quizais sexa unha concesi\u00f3n da mi\u00f1a memoria. Senta e comeza a falar. Na foto da memoria non est\u00e1 o argumento, si est\u00e1 o humor retranqueiro no contado. Pero o final \u00e9 tenro. Esa distancia percorrida, entre a retranca e a tenrura, \u00e9 a verdadeira imaxe da foto que conserva a memoria. Por sorpresa.<\/p><p>No centro daquela alameda, no centro da foto memor\u00edstica, a pesar das imprecisi\u00f3ns est\u00e1 Xabier P. Docampo (R\u00e1bade, 1946; A Coru\u00f1a, 2018) dando o seu combate coti\u00e1n contra todo o que non merece pasar. Estaba al\u00ed e poder\u00eda ter feito outra cousa, pero decidiu que o final dunha historia con certa crueldade ir\u00f3nica deber\u00eda acabar cun xesto tenro. Porque Docampo, no seu sentido xusto do mundo, pensaba que as historias deben rematar ben. Deben rematar con ben. Deben ser para ben.<\/p><p>A memoria comp\u00f3rtase de maneira aleatoria, pero debe de ser que non a entendemos. Ter\u00e1 raz\u00f3ns. As\u00ed que Xabier P. Docampo apar\u00e9ceseme no centro desta historia na que eu era un espectador fuxitivo e a mi\u00f1a responsabilidade non pasaba de prestar atenci\u00f3n. Aparece con esa media distancia en canto comezo a ler obituarios, biograf\u00edas urxentes, homenaxes xustificadas e toda a literatura postraum\u00e1tica da que somos capaces para tentar aliviar a dor.<\/p><p>Despois penso, desde certo raciocinio que non \u00e9 para este momento, que en Galicia teriamos que mirarnos moi seriamente isto: que s\u00f3 consigamos unanimidade cando algu\u00e9n desaparece. E, para evitar esa sensaci\u00f3n de estar f\u00f3ra de lugar, rebusco na memoria ese momento de historia no que Docampo fac\u00eda broma sobre as opini\u00f3ns manifestas de escritores defuntos. E hai que comezar por a\u00ed: polo seu sentido de humor rebelde e pola s\u00faa falta completa de impostura. Eran d\u00faas partes do mesmo asunto respecto da vida. Trataba as persoas co mesmo sentido do humor: achegaba os amigos e pu\u00f1a distancia sarc\u00e1stica coas sombras que s\u00f3 aparentan ser xente de ben.<\/p><p>Xabier P. Docampo sent\u00eda admiraci\u00f3n pola seduci\u00f3n que exerce o medo como argumento literario e polo mecanismo co que se contan as historias. \u00c9 posible que todo sexa a mesma ciencia e o escritor exercese esa fascinaci\u00f3n das historias contadas: de saber o manexo e a\u00ednda as\u00ed conservar o sentido da maxia, de saber que asumir o labor de contar transcende os argumentos: sempre queda algo que non se pode predicir e ese algo \u00e9 o que se volve literatura. O que non se pode medir.<\/p><p>Non se pode medir a tormenta que provoca a morte de xente valiosa. Nalg\u00fan deses corros que se forman entre xentes de moito falar antes e despois de actos p\u00fablicos Docampo ironizou algunha vez sobre canto ga\u00f1ar\u00eda a literatura mundial se os eloxios p\u00f3stumos aos escritores se fixesen con eles en vida. A memoria est\u00e1 case segura de que rematou a frase dicindo &#8220;a\u00ednda que eu non te\u00f1o queixa ningunha\u2026&#8221; e deixou os puntos suspensivos da retranca porque todo vale m\u00e1is cando ten dobre sentido. \u00c9 unha conta f\u00e1cil de botar.<\/p><p>A memoria encadea secuencias como quen une citas de libros diferentes. Algu\u00e9n dir\u00eda que \u00e9 posmodernidade, pero seguro que antes xa exist\u00eda. Vai lanzando a imaxe de Xabier en actividades m\u00e1is ou menos entretidas, na conversa con chispa \u2014que si, Xabier, que \u00e9 castrapo, pero \u00e9 que son de Ourense\u2026\u2014 e na sensaci\u00f3n que sempre me quedou de que era capaz de conservar o humor necesario para colocar as cousas no seu lugar: baixar os santos, subir a xente. De que era algu\u00e9n capaz de xogar coas cousas con toda a s\u00faa seriedade. Sempre falta xente as\u00ed, pero agora m\u00e1is.<\/p><p>Logo tam\u00e9n est\u00e1 Calvino. Pero non o te\u00f3logo da reforma protestante, sen\u00f3n ese escritor italiano que tam\u00e9n sent\u00eda admiraci\u00f3n polos mecanismos de contar, que emboscaba os lectores na f\u00e1bula e os fac\u00eda andar. Todos os cami\u00f1os de Docampo, como os de Calvino, levan ao lector. Levan ata el e logo levan o lector ata onde queira ir. E debe ser unha viaxe que paga a marabilla porque aparecen os prodixios e as naturalidades. Aparecen os debuxos no horizonte e as palabras escritas no ceo. Aparecen todas esas cousas que son deste mundo pero que hai que buscar para que sigamos conservando o humor e miremos todo de fronte como fac\u00eda Xabier P. Docampo que, en ocasi\u00f3ns, a\u00ednda me rifaba por quitarlle o pe do apelido para abreviar nos titulares. Preguntaba se ti\u00f1a fame de letras.<\/p><p>Est\u00e1 Calvino e lin estes d\u00edas que morreu quen fora a s\u00faa muller, Esther Judith Singer, e volven as conexi\u00f3ns incertas das neuronas. Est\u00e1 tam\u00e9n por outro capricho das cousas. Italo Calvino naceu na Habana, al\u00f3 casou, e as\u00ed podo pechar o c\u00edrculo dese home con camisa escura no medio da alameda habanera, rodeado de pioneiras \u00e1s que lles conta unha historia cun sentido do humor que remata na tenrura. Hab\u00eda rebumbio e calor. Cousas que agora mesmo nos ser\u00edan necesarias.<\/p><p class=\"wp-block-verse\">Este texto foi publicado no suplemento T\u00e1boa Redonda, de El Progreso e Diario de Pontevedra. 3 de xullo de 2018.\n\n<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Xabier P. Docampo desapareceunos a semana pasada. A memoria dev\u00f3lvenos a s\u00faa actitude de contador de todas as historias e dese humor que serv\u00eda para baixar os santos e subir a xente.  (Hai catro anos do texto e alg\u00fans m\u00e1is das historias, pero ser, son as mesmas).<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":242105,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[174],"tags":[],"class_list":["post-241180","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-fatiga-ocular"],"acf":[],"post_template":"reportaxe","post_subscription":"no","pretitle":"","content_extract":"Era unha alameda rodeada de calor tropical. O centro da alameda estaba dominado por un c\u00edrculo de terra e xusto no medio colocaron unha cadeira escolar. Al\u00ed sentou e comezou a contar historias. Pasaba do mediod\u00eda, que din que non son horas para contar historias porque est\u00e1 o cerebro tentando desfacerse das endorfinas do xantar....","reading_data":{"word_count":"974","reading_seconds":"233","reading_time":{"minutes":3,"hours":0,"seconds":53},"reading_string":"3'53''","reading_human":"4 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":{"action":"default","action_data":""},"categories_list":[{"name":"Fatiga Ocular","id":174,"slug":"fatiga-ocular","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/241180"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=241180"}],"version-history":[{"count":12,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/241180\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":241280,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/241180\/revisions\/241280"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/242105"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=241180"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=241180"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=241180"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}