{"id":249431,"date":"2022-07-12T17:57:14","date_gmt":"2022-07-12T15:57:14","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=249431"},"modified":"2022-09-01T18:18:45","modified_gmt":"2022-09-01T16:18:45","slug":"249431","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2022\/07\/12\/249431-249431\/","title":{"rendered":"O teatro \u00e9 a vida concentrada"},"content":{"rendered":"
Calquera espacio vac\u00edo pode ser un teatro se por el cami\u00f1a un home mentres outro observa. Ese \u00e9 cerne do teatro para Peter Brook, un director tan pouco dado \u00f3 espect\u00e1culo como a crer que os directores deben ser todopoderosos cando da creaci\u00f3n teatral se trata. Quen buscou na investigaci\u00f3n teatral un m\u00e9todo para tentar explicar o misterio das cousas \u00f3s espectadores, considera que non hai m\u00e9ritos individuais no teatro e que non \u00e9 posible encontrar respostas se non hai debate colectivo. Defensor das compa\u00f1\u00edas estables que gastan o seu tempo en ensaiar, da creaci\u00f3n colectiva e da necesidade de sorprender \u00f3 p\u00fablico, Peter Brook apunta que a acci\u00f3n real do teatro \u00e9 o interese de t\u00f3dalas partes en desvelar o misterio. Ese misterio do que tanto fala o director de Mahabharata<\/em> nos seus libros \u00e9 un misterio teatral pero, finalmente, desvela que o teatro non \u00e9 outra cousa que a vida concentrada. Conf\u00eda no teatro como unha fiestra para asomarse \u00e1 vida e moitas das s\u00faas an\u00e1lises sobre a tarefa esc\u00e9nica est\u00e1n intimamente ligadas \u00e1 vitalidade da existencia e tam\u00e9n \u00e1 necesidade que o teatro ten de ser, antes que outra cousa, vida.<\/p>
\u2013 A crecente especializaci\u00f3n da sociedade ten obrigado \u00e1s artes a seguir un proceso semellante, deixando o espect\u00e1culo para o cine ou a l\u00edrica para a pintura abstracta. \u00bfCal \u00e9 o papel do teatro nun sistema tan compartimentado?<\/strong>
\u2013 Cada persoa ten a necesidade absoluta de lle topar un significado \u00e1 vida. O mundo est\u00e1 sumido no caos porque carece de significado. O teatro \u00e9 como un microscopio con distintas lentes para mirar. Ofrece a posibilidade de mirar dentro dunha situaci\u00f3n determinada e de topar o significado oculto. \u00c9 como cando usas o microscopio para ver un caldo de cultivo e podes ver as diferencias que hai entre os microbios. O teatro s\u00f3 ten utilidade para a sociedade se \u00e9 concentrado e pequeno. O teatro \u00e9 a vida concentrada. Desde o punto de vista pol\u00edtico, o erro que se cometeu nos meus tempos foi pensar que un pequeno grupo de teatro pod\u00eda cambiar a sociedade na s\u00faa totalidade, pero \u00e9 evidente que un teatro que como moito pode dirixirse a cincocentas ou a oitocentas persoas non vai incidir de maneira algunha no caos que \u00e9 o mundo. Noutro sentido, o teatro tam\u00e9n se poder\u00eda comparar con ir \u00f3 m\u00e9dico: algunha xente ten a necesidade de ir \u00e1 consulta. Tam\u00e9n hai xente que ten a necesidade de mirar m\u00e1is en proximidade, a\u00ednda que s\u00f3 sexa durante a hora que duran os diferentes aspectos da representaci\u00f3n, que pode ofrecer a vida ou unha calquera das s\u00faas situaci\u00f3ns: pol\u00edticas, espirituais, psicol\u00f3xicas e encontrar un significado. Para algunha xente, esa posibilidade de mirar a trav\u00e9s do teatro \u00e9 tan importante como facerse auscultar polo m\u00e9dico.<\/p>
-Pero hoxe no teatro a realidade interpr\u00e9tase ou repres\u00e9ntase?<\/strong>
\u2013Deber\u00edan ser \u00e1mbalas d\u00faas cousas porque ten que haber moitos niveis de comprensi\u00f3n. Se a representaci\u00f3n \u00e9 meramente abstracta non \u00e9 humana; se todo se centra na superficie, no visible, ent\u00f3n non aprendemos nada. Ten que haber un contacto entre ambas formas provocado polo interese de contar unha historia. Deste xeito, a representaci\u00f3n \u00e1brese \u00e1 interpretaci\u00f3n. Para min, a interpretaci\u00f3n non \u00e9 o comentario sobre as cousas sen\u00f3n facer vivir ou sacar \u00e1 luz algo que estaba agachado por baixo da superficie. A interpretaci\u00f3n non \u00e9 un argumento cr\u00edtico, \u00e9 unha revelaci\u00f3n.<\/p>
– Vostede entende o teatro como unha creaci\u00f3n colectiva.<\/strong>
– As obras que se citan como mi\u00f1as non o son tanto. Son obras nas que o proceso creativo depende moito do debate cos integrantes da compa\u00f1\u00eda, das s\u00faas ideas e das s\u00faas aportaci\u00f3ns. O teatro \u00e9 unha suma de decisi\u00f3ns e de tensi\u00f3ns as\u00ed que, como te\u00f1o escrito, entendo que un colectivo teatral necesita estabilidade para crear. Non se trata tanto de estabilidade para representar, sen\u00f3n para investigar, para facer probas e para ir cambiando as cousas d\u00eda a d\u00eda. Par\u00e9ceme necesario que os integrantes dunha compa\u00f1\u00eda convivan e se co\u00f1ezan. Isto permite un clima favorable para investigar, para buscar o punto de sorpresa que achegue o espectador ao misterio. Tam\u00e9n para que o teatro non sexa unha forma de expresi\u00f3n morta ou sistem\u00e1tica porque quizais repetirse sexa un dos grandes males do teatro.<\/p>
\u2013 Lendo El espacio vac\u00edo<\/em> e mesmo La puerta abierta<\/em> un pode chegar a entender que o teatro \u00e9 unha relixi\u00f3n, unha crenza, un traballo que necesita de adicaci\u00f3n, de vocaci\u00f3n e que ten algo non tanxible, material e no que confl\u00faen aspectos an\u00edmicos, f\u00edsicos e tam\u00e9n rituais. Nese contexto e facendo o parang\u00f3n, \u00bfquen debe aportar a fe?<\/strong>
\u2013 O teatro non \u00e9 unha relixi\u00f3n, e tampouco \u00e9 un rito. A diferencia entre unha relixi\u00f3n e o teatro \u00e9 que este achega o misterio \u00f3s espectadores. Je suis un ph\u00e9nom\u00e8ne<\/em>, que representamos en Santiago, non ten nada que ver co ritual ou o relixioso, pero ten o mesmo prop\u00f3sito que ti\u00f1a Mahabharata<\/em>, que efectivamente pod\u00eda estar m\u00e1is pr\u00f3xima do ritual. O prop\u00f3sito \u00e9 que os actores, o autor, o director e os espectadores sexan conscientes do misterio e te\u00f1an todos interese por desvelalo, queiran participar nel. Esas ganas de entender o desco\u00f1ecido \u00e9 a acci\u00f3n real que ten o teatro e isto s\u00f3 acontece cando hai unha apertura simult\u00e1nea do autor, do director, dos actores e dos espectadores para mirar al\u00e9n dos aspectos psicol\u00f3xicos, sociais ou persoais e percibir al\u00ed o desco\u00f1ecido. Este proceso, \u00e1 s\u00faa vez esperta o interese na percura, na investigaci\u00f3n.<\/p>
\u2013 Non dic\u00eda que o teatro fose unha relixi\u00f3n no sentido literal sen\u00f3n que est\u00e1 articulado arredor dun certo misterio e o misterio \u00e9 tam\u00e9n o cerne das relixi\u00f3ns.<\/strong>
\u2013 Pero tu falas da relixi\u00f3n verdadeira, pasa que, convencionalmente, cando falamos de relixi\u00f3n refer\u00edmonos \u00e1 igrexa.<\/p>
\u2013 En relaci\u00f3n co Je suis un ph\u00e9nom\u00e8ne<\/em> e no interese polo cerebro e a memoria, pode estar pasando que agora que os cient\u00edficos descubriron que todo est\u00e1 no ADN os artistas corren a resituar o esp\u00edrito no cerebro, unha vez que xa se abandonou aquela crenza rom\u00e1ntica que o colocaba no coraz\u00f3n.<\/strong>
\u2013 Nun sentido si. No teatro pasa como nas conversas que mantemos a diario: hai argumentos que est\u00e1n sempre vivos, que permanecen interesantes. Pero tam\u00e9n pasa moitas veces que se fala de sociedade, de pol\u00edtica, de econom\u00eda e xa co\u00f1ecemos t\u00f3dolos puntos de vista dende o principio da humanidade, mesmo antes de que algu\u00e9n abra a boca xa sabemos que vai dicir. Son, por tanto, argumentos aburridos. Milagrosamente, o ADN e a neurolox\u00eda son un argumento fresco. Acaban de aparecer e p\u00f3dese dicir que \u00e9 o mais novo e que est\u00e1 nun desenvolvemento rapid\u00edsimo, tanto como o desenrolo dos ordenadores. Cada dous ou tres anos hai unha posta \u00f3 d\u00eda e todo o anterior xa quedou obsoleto, polo tanto non podemos estar aburrindo.<\/p>
\u2013 Ent\u00f3n, o argumento do futuro ser\u00e1 a intelixencia?<\/strong>
Non hai arte que non te\u00f1a especulado sobre se a memoria \u00e9 a verdadeira patria do individuo. \u00c9 unha especulaci\u00f3n tan extensa como a necesidade que temos de recordar que a memoria nos traizoa tanto como nos permite sobrevivir a ese combate permanente, coti\u00e1n e xordo, contra o esquecemento. Ao cabo, a intensidade da loita \u00e9 a que nos define.
Je suis un ph\u00e9nom\u00e8ne<\/em>\u00a0especula menos coa memoria, coas s\u00faas presencias e ausencias, que ca angustia do portento encadeado \u00e1s s\u00faas propias virtudes. Porque o personaxe protagonista est\u00e1 m\u00e1is lonxe dese Mozart divertido do seu virtuosismo que daquel home elefante que padec\u00eda o rexeitamento polas s\u00faas diferencias.<\/p>
Peter Brook fuxe do portentoso do personaxe para adentrarse en canto hai de humano e de espiritual en recordar. Ao tempo que define esta dimensi\u00f3n non mec\u00e1nina da memoria (ou deber\u00eda escribir non qu\u00edmica para que quedasen tranquilos os cient\u00edficos) vai abrindo a porta do sofrimento do personaxe.<\/p>
Certo que este home de prodixiosa memoria \u00e9 un estoico e tanto se resiste a ser o fen\u00f3meno que lle din que \u00e9 como resiste as dificultades que o prodixio trae con el. Esta na beira do precipicio e cami\u00f1a por ela.<\/p>
Xusto nos espellos que o mundo lle presta \u00f3 mnemonista \u00e9 donde radica a forza da montaxe. No espello dese doctor e bi\u00f3grafo, na historia da amizade de d\u00faas persoas abocadas a admirarse mutuamente. No espello estoicamente confiado da s\u00faa muller. F\u00f3ra do perfectamente trazado car\u00e1cter do personaxe e das s\u00faas relaci\u00f3ns m\u00e1is imediatas, Je suis un ph\u00e9nom\u00e8ne<\/em> parece unha obra fr\u00e1xil, cunha distancia excesiva entre o central e o accesorio. F\u00f3ra do traballo dos protagonistas, tan matizado, tan natural na s\u00faa exactitude, a montaxe perde tensi\u00f3n, como se a intensidade da historia fose directamente proporcional \u00e1 cercan\u00eda co personaxe central.<\/p>
<\/p>\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t<\/div>\n\t\t<\/div>
A vida debe ser un exercicio semellante a sobrevivir nas areas movedizas. Un exercicio de optimismo mesturado coa limitada esperanza de non ter sa\u00edda por m\u00e1is golpes de mans que se dean. Un moito disto padece a protagonista de Oh les beaux jours<\/em>, unha obra parab\u00f3lica no mellor sentido, cun personaxe na peor circunstancia que realiza pequenos n\u00fameros diarios de ilusionado optimismo. Para que non haxa malas interpretaci\u00f3ns haber\u00e1 que apuntar que a obra non \u00e9 optimista nin un s\u00f3 dos seus segundos.<\/p>
A proposta de Peter Brook serve con esmero \u00f3 prop\u00f3sito de Beckett de non ofrecer respostas e deixar \u00f3 espectador diante das preguntas. D\u00e9ixao e, para cumprir ben co seu cometido, d\u00e9ixao moi s\u00f3.<\/p>
Esta montaxe desenvolve con moita intensidade ese sutil xogo de espellos que \u00e9 o teatro: aporta o necesario, o imprescindible para lle dar \u00f3 espectador a sensaci\u00f3n \u00faltima de que todos os personaxes do teatro son o personaxe e que calquera espectador pode ser ese personaxe. Faino, ademais, dese xeito tan inmediato como pouco usado de facer f\u00e1cil o dif\u00edcil, de contar de xeito sinxelo o complicado.<\/p>
\u00c9 unha versi\u00f3n minuciosa e sen trucos. Unha montaxe luminosa sobre a circunstancia e sobre a capacidade de resposta, sobre a supervivencia e sobre as distancias que separan os compa\u00f1eiros de viaxe. Finalmente, \u00e9 tam\u00e9n unha obra sobre a soidade, pero case todas as obras deste s\u00e9culo te\u00f1en algo disto. Quizais, a diferencia doutros casos, aqu\u00ed a soidade est\u00e1 tratada na xusta medida, no metro cadrado exacto no que o ser humano ten un solar para ela.<\/p>
Por outra parte, Oh les beaux jours<\/em> \u00e9 tam\u00e9n un exercicio de plenitude esc\u00e9nica, de co\u00f1ecemento e de comunicaci\u00f3n. \u00c9 un exercicio de plenitude actoral da actriz Nastasha Parry e acaso alg\u00fans espectadores non resistiron a tentaci\u00f3n de se preguntar se a resistencia da actriz era tan grande como a que exhibe o personaxe que interpreta.<\/p>
Peter Brook (1925-2022) visitou Santiago de Compostela en 1998 como protagonista da primeira edici\u00f3n do Festival Millenium. D\u00faas obras s\u00faas formaron parte da programaci\u00f3n, Je suis un ph\u00e9nom\u00e8ne e Oh les beaux jours. Brook explicou unha e outra vez o que consideraba teatro e o festival levou aos espectadores a un pechado cine Capitol que para o director parec\u00eda ter a vantaxe de estar moi pr\u00f3ximo da ru\u00edna. A semana pasada (2 de xullo de 2022) morreu Brook e desde 1998 volveron unha entrevista, d\u00faas cr\u00edticas e unha conclusi\u00f3n. A entrevista e as cr\u00edticas dos seus dous espect\u00e1culos en Santiago seguen aqu\u00ed. A conclusi\u00f3n \u00e9 que pese ao prestixio, o reco\u00f1ecemento, a intelixencia e mesmo o \u00e9xito de Brook, o teatro non lle fixo caso.<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":249499,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":"","_members_access_role":[],"_members_access_error":""},"categories":[15],"tags":[],"class_list":["post-249431","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-entrevista"],"acf":[],"post_template":"entrevista","post_subscription":"no","pretitle":"","content_extract":"Calquera espacio vac\u00edo pode ser un teatro se por el cami\u00f1a un home mentres outro observa. Ese \u00e9 cerne do teatro para Peter Brook, un director tan pouco dado \u00f3 espect\u00e1culo como a crer que os directores deben ser todopoderosos cando da creaci\u00f3n teatral se trata. Quen buscou na investigaci\u00f3n teatral un m\u00e9todo para tentar...","reading_data":{"word_count":"1938","reading_seconds":"465","reading_time":{"minutes":7,"hours":0,"seconds":45},"reading_string":"7'45''","reading_human":"8 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":"Peter Brook"},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":{"action":"default","action_data":""},"categories_list":[{"name":"Entrevista","id":15,"slug":"entrevista","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/249431"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=249431"}],"version-history":[{"count":39,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/249431\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":268775,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/249431\/revisions\/268775"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/249499"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=249431"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=249431"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=249431"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}