{"id":257262,"date":"2022-08-02T15:12:30","date_gmt":"2022-08-02T13:12:30","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=257262"},"modified":"2022-11-29T10:32:39","modified_gmt":"2022-11-29T09:32:39","slug":"terceiras-cuartas-quintas-sextas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2022\/08\/02\/terceiras-cuartas-quintas-sextas-257262\/","title":{"rendered":"Terceiras, cuartas, quintas, sextas\u2026"},"content":{"rendered":"<p>Na realidade funcionan as cousas as\u00ed: cancelan a oitava temporada de&nbsp;<em>Pandemia<\/em>&nbsp;porque a intenci\u00f3n \u00e9 prolongar sen cancelaci\u00f3n a temporada de&nbsp;<em>Guerra,<\/em>&nbsp;que ter\u00e1 un spin-off chamado&nbsp;<em>Crise<\/em>. Poden darlle outro t\u00edtulo igual de impactante:&nbsp;<em>Enerx\u00eda<\/em>&nbsp;ou tam\u00e9n&nbsp;<em>Gas<\/em>. A\u00ednda que desta \u00faltima \u00e9 posible que se faga unha longametraxe con moitas tuber\u00edas en mal estado, moita neve e xente que pasa calor e fr\u00edo nun flash back constante.<\/p><p>A contemporaneidade parece decidida a devolvernos sempre as mesmas historias con lixeiras variaci\u00f3ns para que a vida en lugar dun c\u00edrculo pareza unha espiral. A contemporaneidade \u00e9 a catalogaci\u00f3n dun tempo que en teor\u00eda \u00e9 o noso, pero a estas alturas \u00e9 posible que cada un de n\u00f3s habite en tempos distintos e que o multiverso que fai sofrer ao Doctor Strange sexa menos fant\u00e1stico do que Marvel prop\u00f3n. Non \u00e9 tanto supo\u00f1er que vivimos en \u00e9pocas paralelas que se cruzan en determinadas pasaxes. Feij\u00f3o non est\u00e1 seguro de vivir nos noventa, Pedro S\u00e1nchez cre vivir coa mesma decoraci\u00f3n dos dous mil e Yolanda D\u00edaz volve, unha vez m\u00e1is, a ese t\u00fanel do tempo entre \u00e9pocas nos que os partidos pol\u00edticos hai que apartalos da vida pol\u00edtica para logo propo\u00f1er nunha organizaci\u00f3n pol\u00edtica sen contrapesos.<\/p><p>A preocupaci\u00f3n dos pinchazos cae pola banda de que Marvel anda escaso de convocatoria. O n\u00famero que queira que sexa da \u00faltima entrega de&nbsp;<em>Thor<\/em>, mal. A segunda de&nbsp;<em>Dr. Strange<\/em>, mal. Disney non est\u00e1 sendo capaz de sa\u00edr cun paquete de medidas que reanime aos seus seguidores porque, a pesar do que digan sobre a cultura popular de masas, os guionistas nunca sobran. Sempre desconfiei de que uns se\u00f1ores con superpoderes inmensos acaben solventando os problemas como unha pelexa da bandas no Pos\u00edo de Ourense nos setenta. Marvel pincha porque ten m\u00e1is efectos que argumentos. Esta parece unha decisi\u00f3n \u00e1 medida da pol\u00edtica.<\/p><p>Na acalorada batalla pol\u00edtica Pedro S\u00e1nchez parece ter mellores guionistas que os demais. Sae na tele, quita a gravata e di que vai haber rebaixas. Non son xenialidades, pero calman as picadas dos mosquitos. Aproveita o tecnicolor e o ver\u00e1n.<\/p><p>Os guionistas da serie&nbsp;<em>Feij\u00f3o, seis apelidos madrile\u00f1os e un galego<\/em>, andan a voltas cun remake apocal\u00edptico no que mesturan todo o combinable e m\u00e1is al\u00e1: inflaci\u00f3n, terrorismo, falta de xesti\u00f3n, independentismo, bancarrota, ru\u00edna, Europa,&nbsp;&nbsp;ETA, aquela, todo con xiros de gui\u00f3n que son previsibles sen descartar que sexan os que espera o seu p\u00fablico. Que publico? Iso \u00e9 o que non se deben estar preguntando os guionistas de Feij\u00f3o. Marvel tampouco sabe que p\u00fablico ten.<br><br>A memoria acaba convert\u00e9ndose en identidade ou en turismo. No caso da pol\u00edtica s\u00f3 pode converterse en conflito, porque na pol\u00edtica todo \u00e9 conflito. A pol\u00edtica est\u00e1 pensada tan a medida do conflito que non sabe desenvolverse sen el. Esa \u00e9 a escola pol\u00edtica en Espa\u00f1a e ningu\u00e9n sae dese gui\u00f3n. Busca o conflito, como no teatro, e se non hai, inv\u00e9ntao. Ou leva de paseo a parentes de v\u00edtimas do terrorismo. Ou di algo da liberdade. Que palabra.<\/p><p>Todo mal e desastre futuro \u00e9 un gui\u00f3n que poder\u00eda ter identidade de dereita. Pero cando ves como Pedro S\u00e1nchez intercambia pezas da s\u00faa organizaci\u00f3n queda demostrado que a pol\u00edtica s\u00f3 existe para o conflito. Unha parte grande das enerx\u00edas pol\u00edticas acaban en resolver problemas autocreados. Problemas org\u00e1nicos. Porque o primeiro que \u00e9 un partido pol\u00edtico \u00e9 unha organizaci\u00f3n. E se a organizaci\u00f3n est\u00e1 contra ti, tes que crear a t\u00faa propia. Esta \u00e9 a chave da pol\u00edtica desde o s\u00e9culo XX en diante.<\/p><figure class=\"wp-block-image size-large is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/pisofranco.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/08\/24DEC7C3-7061-4C0D-856F-97EDBB11733C-1024x683.webp\" alt=\"\" class=\"wp-image-257697\" width=\"840\" height=\"560\" srcset=\"https:\/\/pisofranco.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/08\/24DEC7C3-7061-4C0D-856F-97EDBB11733C-1024x683.webp 1024w, https:\/\/pisofranco.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/08\/24DEC7C3-7061-4C0D-856F-97EDBB11733C-300x200.webp 300w, https:\/\/pisofranco.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/08\/24DEC7C3-7061-4C0D-856F-97EDBB11733C-768x512.webp 768w, https:\/\/pisofranco.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/08\/24DEC7C3-7061-4C0D-856F-97EDBB11733C.webp 1263w\" sizes=\"(max-width: 840px) 100vw, 840px\" \/><figcaption>Peaky Blinders revira os argumentos e o seu protagonista, Tom Shelby, s\u00f3 pode saber de que lado est\u00e1: do seu<\/figcaption><\/figure><p>Ese conflicto org\u00e1nico afecta moito a Yolanda D\u00edaz porque, a pesar de levar toda a vida en partidos diversos, parece sentirse m\u00e1is c\u00f3moda sen organizaci\u00f3n pol\u00edtica coa que te\u00f1a que debater. Ela repite o esquema como en&nbsp;<em>Peaky Blinders<\/em>: hai que buscar unha organizaci\u00f3n pol\u00edtica alternativa aos partidos, pero o resultado difuso das distintas tentativas dan en organizaci\u00f3ns de frustrante verticalidade disimulada ou na confianza de que unha cara no cartel cubrir\u00e1 todos os ocos.<\/p><p>A confusi\u00f3n \u00e9 m\u00e1is grande cando na \u00faltima temporada dos&nbsp;<em>Peaky<\/em>, o protagonista non sabe se \u00e9 laborista, axente do KGB ou traballa para Churchill, ou todo a un tempo imposible. As necesidades de gui\u00f3n levan ao protagonista a ter unha identidade contraditoria ata a esquizofrenia. Pero o espectador\/cidad\u00e1n non ten memoria e quizais o madrile\u00f1o a\u00ednda menos. Os guionistas de Pedro S\u00e1nchez, no \u00faltimo cap\u00edtulo da temporada antes do ver\u00e1n, fan que o presidente do goberno se entreviste con Yolanda D\u00edaz para reforzar o pacto de goberno con Podemos. Os guionistas de Yolanda D\u00edaz non aclaran por que a vicepresidenta pode falar en nome de Podemos se ela xa deber\u00eda estar falando en nome de Sumar. Tampouco explican o seu gui\u00f3n os autores de Podemos. Falta saber que di a guionista de Sumar sobre vivir sin vivir nun partido.<\/p><p>A Yolanda D\u00edaz pode pasarlle como a Tom Shelby, leva estado en tantos lados desde a s\u00faa primeira temporada que \u00e9 moi dif\u00edcil saber cal \u00e9 o lugar que ocupa en cada escena, a\u00ednda que saibamos claramente que ela ser\u00e1 protagonista. O efecto Shelby \u00e9 que van morrendo todos para que el sobreviva.&nbsp;<em>Peaky Blinders&nbsp;<\/em>mant\u00e9n a est\u00e9tica e esa idea difusa de que aos heroes hai que perdoarlle todo.<\/p><figure class=\"wp-block-image size-large is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/pisofranco.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/08\/B2EFC873-627D-4063-8446-9526976A3764-1024x683.webp\" alt=\"\" class=\"wp-image-257693\" width=\"840\" height=\"560\" srcset=\"https:\/\/pisofranco.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/08\/B2EFC873-627D-4063-8446-9526976A3764-1024x683.webp 1024w, https:\/\/pisofranco.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/08\/B2EFC873-627D-4063-8446-9526976A3764-300x200.webp 300w, https:\/\/pisofranco.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/08\/B2EFC873-627D-4063-8446-9526976A3764-768x512.webp 768w, https:\/\/pisofranco.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/08\/B2EFC873-627D-4063-8446-9526976A3764.webp 1500w\" sizes=\"(max-width: 840px) 100vw, 840px\" \/><figcaption>En Westworld hai anfitri\u00f3ns (replicantes, para entendernos) e xente,  e todos te\u00f1en un conflito coa realidade<\/figcaption><\/figure><p>S\u00e1nchez semella atrapado en xestionar as realidades paralelas \u00e1 s\u00faa propia. Realidades que se van revirando tan progresivamente que a trama de&nbsp;<em>Westworld<\/em>&nbsp;parece tan inocente como utilizar de fondo futurista a Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia. S\u00e1nchez poder\u00eda ser un anfitri\u00f3n sen saber que o \u00e9, tentando salvar a s\u00faa especie da extinci\u00f3n. A s\u00faa especie \u00e9, nesta \u00faltima temporada, a do socialdem\u00f3crata convencido. Pero, como ocorre en&nbsp;<em>Westworld<\/em>&nbsp;ou pasaba en&nbsp;<em>Blade Runner<\/em>, nunca saberemos se un socialdem\u00f3crata \u00e9 mellor converso ou orixinal. Sanchez tenta non parecer rob\u00f3tico e&nbsp;<em>Westworld<\/em>&nbsp;tenta parecer unha serie con gancho de transcendencia, pero ese conflito entre humanos e m\u00e1quinas escravas precisa mellores argumentos de debate que os escenarios de batallas.<\/p><p>Feij\u00f3o \u00e9 m\u00e1is tipo&nbsp;<em>The Boys<\/em>: hai unhas aparencias que gardar a\u00ednda que todo sexa un lobby automatizado de aplicaci\u00f3n de receitas neoliberais consentidas, mentres a aparencia \u00e9 de sentidi\u00f1o conservador. O expresidente de Galicia (deber\u00edamos corrixir esta expresi\u00f3n porque este home dos Peares nunca foi presidente de Galicia. Foi presidente do goberno de Galicia). Feij\u00f3o anda a\u00ednda na primeira temporada de&nbsp;<em>The Boys<\/em>: tentando que a s\u00faa capa de superheroe da dereita pol\u00edtica non se queime antes de tempo e se lle acabe ese idilio coa prensa de madrile\u00f1a que ten como primeiro sinal de identidade ter a redacci\u00f3n no medio do rompeolas.&nbsp;<em>The Boys&nbsp;<\/em>\u00e9 unha serie con moi malos modais para a vinganza xustificada e as\u00ed \u00e9 como lle gusta \u00e1 dereita vender a pol\u00edtica: todo pasa porque algu\u00e9n tivo a culpa e nunca son eles.<\/p><p>Pero hai algo que une as \u00faltimas temporadas destes tres creadores de contidos pol\u00edticos. Cada un ao seu xeito est\u00e1 instalado na demostraci\u00f3n de coherencia e no sentido de estado, signifique o que signifique. Nin o home contra o aparello do partido, nin a muller paseando polo rupturismo, nin o cachorro da dereita aproveitando as zonas grises da comunicaci\u00f3n para sinalar co dedo acusador aos seus opo\u00f1entes. \u00c9 sabido que a responsabilidade \u00e9 o primeiro disfraz dun gobernante, as\u00ed en&nbsp;<em>Borgen<\/em>&nbsp;como en&nbsp;<em>Peaky Blinders<\/em>. Todos os discursos de responsabilidade s\u00f3 te\u00f1en un significado: os tempos tampouco van ser chegados. No futuro inmediato, sexa cal sexa a desculpa, eles por\u00e1n a responsabilidade e o resto teremos que po\u00f1er o sacrificio.<\/p><p>Agora que as temporadas duran o que unha semana portuguesa volvemos sobre a preferencia polo co\u00f1ecido. Por iso parecen non esgotarse nunca os cap\u00edtulos de Marvel,&nbsp;<em>Star Wars<\/em>,&nbsp;<em>Cu\u00e9ntame<\/em>,&nbsp;<em>Games of Thrones<\/em>, nin a socialdemocracia, nin o neoliberalismo en calquera da s\u00faas formas id\u00e9nticas. Nin esa idea de facer partidos que non queren ser partidos. Como eses men\u00fas de McDonalds nos que todo \u00e9 o mesmo e a sorpresa \u00e9 unha salsa picante que non pica.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>E ti onde vives: na realidade ou na ficci\u00f3n? Esteas onde esteas pasan cousas similares: unha case permanente manipulaci\u00f3n do discurso para que a condici\u00f3n universal de espectador que \u00e9 ser cidad\u00e1n poida sentirse tranquilo e sorprendido. Incluso sorprendido da s\u00faa propia tranquilidade.<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":257284,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[174],"tags":[],"class_list":["post-257262","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-fatiga-ocular"],"acf":[],"post_template":"reportaxe","post_subscription":"no","pretitle":"","content_extract":"Na realidade funcionan as cousas as\u00ed: cancelan a oitava temporada de&nbsp;Pandemia&nbsp;porque a intenci\u00f3n \u00e9 prolongar sen cancelaci\u00f3n a temporada de&nbsp;Guerra,&nbsp;que ter\u00e1 un spin-off chamado&nbsp;Crise. Poden darlle outro t\u00edtulo igual de impactante:&nbsp;Enerx\u00eda&nbsp;ou tam\u00e9n&nbsp;Gas. A\u00ednda que desta \u00faltima \u00e9 posible que se faga unha longametraxe con moitas tuber\u00edas en mal estado, moita neve e xente que pasa...","reading_data":{"word_count":"1333","reading_seconds":"319","reading_time":{"minutes":5,"hours":0,"seconds":19},"reading_string":"5'19''","reading_human":"5 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":{"action":"default","action_data":""},"categories_list":[{"name":"Fatiga Ocular","id":174,"slug":"fatiga-ocular","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/257262"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=257262"}],"version-history":[{"count":11,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/257262\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":258316,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/257262\/revisions\/258316"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/257284"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=257262"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=257262"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=257262"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}