{"id":271315,"date":"2022-09-06T14:13:57","date_gmt":"2022-09-06T12:13:57","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=271315"},"modified":"2022-11-29T10:49:09","modified_gmt":"2022-11-29T09:49:09","slug":"271315","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2022\/09\/06\/271315-271315\/","title":{"rendered":"O escritor que retratou a Galicia do s\u00e9culo XX"},"content":{"rendered":"
A biograf\u00eda de Roberto Vidal Bola\u00f1o \u00e9 curta. Naceu un 25 de xullo pouco despois da fogueter\u00eda festiva de Compostela e desapareceu 52 anos despois, cunha li\u00f1a vital na que couberon moitas novidades, moitas estreas e as inevitables decepci\u00f3ns, porque o mundo, por moi bo que sexa, nunca \u00e9 tan bo como el quer\u00eda.
Vidal Bola\u00f1o foi un home pr\u00e1ctico. Comezou a traballar sendo un neno, estudou case en paralelo e tivo como primeira intenci\u00f3n estudar cine. Eran os tempos nos que a escola de cine, en Madrid, era ni\u00f1o de xentes a contracorrente do franquismo. Pero a escola pechou xusto cando RVB estaba en disposici\u00f3n de ir a ela. Case ao tempo, levado pola gana de contar historias e por alg\u00fans autos esc\u00e9nicos que se fac\u00edan polas festas de Compostela, comeza a facer teatro mentres mant\u00e9n unha vida laboral paralela.
Como el mesmo conta, estudara para ter unha \u00abperfecta categor\u00eda de contable\u00bb e, tras pasar por ocupaci\u00f3ns varias como rapaz dos recados, chega a un banco case ao tempo no que ga\u00f1a o seu primeiro premio Abrente, por Bailadela da morte ditosa. Est\u00e1n comezando os anos setenta, nos que, a pesar de que pode parecer outra cousa, est\u00e1 chegando un cambio de \u00e9poca.<\/p>
Vidal Bola\u00f1o funda Teatro Antroido e comeza unha tarefa de facer ponte entre un pasado sen escenarios convencionais e un futuro que est\u00e1 por imaxinar. Para o dramaturgo, a chave para conciliar dous espazos imaxinarios est\u00e1 nas manifestaci\u00f3ns parateatrais que a cultura popular conservou: entre elas, o propio entroido. Buscaba volver a conectar ao espectador desentrenado do teatro desde as \u00fanicas expresi\u00f3ns que pod\u00edan ser familiares. Agardaba que, desde a\u00ed, houbese un territorio para conquistar nos escenarios.<\/p>
O teatro de r\u00faa, as intervenci\u00f3ns, as ruadas e outro tipo de celebraci\u00f3ns conv\u00e9rtense na primeira ferramenta dun teatro que, sendo popular, se aparta do que se entend\u00eda ent\u00f3n con ese mesmo nome. Era un teatro feito a medida para un tempo, para un pa\u00eds por constru\u00edr, cun imaxinario a\u00ednda medo\u00f1ento e necesitado de que algu\u00e9n fose facendo, ao mesmo tempo que seduc\u00eda, unha certa did\u00e1ctica do mesmo feito teatral. Teatro do Antroido, que ti\u00f1a como n\u00facleo inici\u00e1tico ao propio Bola\u00f1o, a Rodrigo Roel e a Laura Ponte e no que tam\u00e9n participaba Xaqu\u00edn G. Marcos, tentou nesa primeir\u00edsima etapa montar espect\u00e1culos que ligasen co festivo e co popular, para ir entrando noutro tipo de teatro m\u00e1is marcado polas condici\u00f3ns pol\u00edticas e sociais da transici\u00f3n.
Querendo ou sen querer, RVB estaba abocado a ser o autor do grupo e esa necesidade inicial converter\u00edase co tempo nun proceso operativo case per-manente. Autor, director, actor, iluminador e o que fixese falta.<\/p>
Teatro Combativo<\/strong><\/p>
Antroido vira cos tempos e aparece en Vidal Bola\u00f1o un teatro m\u00e1is combativo en sentidos diversos. Sucede en Laudamuco, se\u00f1or de ningures, onde ademais do comportamento do tirano Bola\u00f1o conta o comportamento resignado do seu servo. Galicia cambia moi rapidamente nesa mediada altura da d\u00e9cada dos setenta e o cruce de circunstancias fai que Antroido madure como compa\u00f1\u00eda e Roberto Vidal Bola\u00f1o sexa despedido do banco no que traballaba.<\/p>
O dramaturgo decide dar un paso adiante e vivir do teatro. \u00c9 un paso pequeno para el e grande para o pa\u00eds. Explicouno mil veces pola forza dos feitos sinxelos: a compa\u00f1\u00eda viaxaba por unha voluntariosa rede de representaci\u00f3ns propiciada po- las asociaci\u00f3ns culturais e veci\u00f1ais, os espazos das caixas de aforros ou dos concellos. Nos m\u00e1is dos casos, sen remuneraci\u00f3n, pero cunhas ceas de enchenta para a toda a compa\u00f1\u00eda. Bola\u00f1o pensou que os cartos que as asociaci\u00f3ns invest\u00edan nas ceas estaban mellor emprega- dos en pagar a compa\u00f1\u00eda: \u00abE xa comer\u00edamos n\u00f3s polo cami\u00f1o\u00bb. Un home pr\u00e1ctico.<\/p>
Galicia est\u00e1 a punto de xirar na esquina da d\u00e9cada. Vai pasar dun espazo en construci\u00f3n a un territorio urbanizado. Vai pasar das cousas que son posibles \u00e1s que simplemente son. Segundo avanza a nova d\u00e9cada, RVB participa na posta en marcha do teatro institucional galego. O Centro Dram\u00e1tico Galego estr\u00e9ase en 1984 e o dramaturgo \u00e9 o primeiro autor galego en estrear peza propia e dirixila. Agasallo de sombras<\/em> pode ser lida agora como unha peza m\u00e1is ou menos convencional, pero era unha lectura radical sobre a vida de Rosal\u00eda de Castro. Bola\u00f1o tocaba a \u00absanti\u00f1a\u00bb para facela m\u00e1is humana. Pero o desgusto non lle vir\u00eda por a\u00ed. Como explica nunha entrevista, unha pol\u00e9mica cun conselleiro ap\u00e1rtao do teatro. Quedou desgustado e os desgustos de RVB sempre eran serios.
Roberto Vidal Bola\u00f1o ap\u00e1rtase da primeira li\u00f1a do teatro. Nin chama nin o chaman moito, ag\u00e1s cousas soltas. O retorno aos escenarios tardou arredor de oito anos. Xa eran os noventa e o lugar onde o mundo se chama Galicia mudara de xeito considerable, a\u00ednda que non sempre para mellor. Se o pa\u00eds era diferente, o autor non pod\u00eda ser o mesmo.<\/p>
O retorno de RVB \u00e1 loita esc\u00e9nica foi progresivo. En 1991 ga\u00f1a o premio \u00c1lvaro Cunqueiro, o m\u00e1is importante naquela altura. Saxo tenor<\/em> \u00e9 unha obra sobre a Galicia que hai: arrabaldes case lumpen polos que sobrevoan os elixidos dos centro. Non te\u00f1en altura para causar traxedias, causan desgrazas.<\/p>
O premio e a colaboraci\u00f3n de Bel\u00e9n Quint\u00e1ns serven para a posta en marcha da compa\u00f1\u00eda definitiva de RVB. O nome \u00e9 unha declaraci\u00f3n de intenci\u00f3ns: Teatro do Aqu\u00ed. Bola\u00f1o foi moi leal a esa declaraci\u00f3n e buscou un teatro que, sen deixar de ser para maior\u00edas, ofrecese un espe- llo no que mirarse. Sen deixar de utilizar os materiais propios, os argumentos \u00e1 man, organ\u00edzase a un tempo unha historia digna de ser contada e que expl\u00edcase algo sobre n\u00f3s. <\/p>
Madurez<\/strong><\/p>
Vidal Bola\u00f1o entra nunha etapa de madurez a pesar dalg\u00fans desgus- tos coa profesi\u00f3n por esa obriga de ser, ademais de todo o que se enumera habitualmente, empresario teatral. Iso e que ga\u00f1ase premios por obras como As actas escuras<\/em>, que non foron representadas tal e como se consignaba nas bases.<\/p>
Roberto Vidal Bola\u00f1o quixo que Galicia tivese un teatro propio que manexase argumentos propios. Definiu unha maneira de escribir para a escena e a s\u00faa decisi\u00f3n foi decisiva para a posta en marcha do teatro profesional galego. Hab\u00eda un teatro por inventar e algu\u00e9n ti\u00f1a que po\u00f1erse a facelo. Foi Roberto Vidal Bola\u00f1o quen se puxo a artellar un teatro galego autosuficiente, capaz de explicarse a si mesmo mentres explicaba o pa\u00eds ao que pertenc\u00eda. Un teatro interesado en conseguir maior\u00edas e conectar as linguaxes que estaban por vir coas que sobreviviran aos anos da represi\u00f3n. RVB foi un home pr\u00e1ctico e un dramaturgo multitarefa. Foi precoz e serio, discutidor e ir\u00f3nico. Converteu unha dedicaci\u00f3n nun oficio, pero non foi maxia nin potencia sindical: foi teimos\u00eda e habilidade.<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":271334,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[174],"tags":[],"class_list":["post-271315","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-fatiga-ocular"],"acf":[],"post_template":"reportaxe","post_subscription":"no","pretitle":"","content_extract":"A biograf\u00eda de Roberto Vidal Bola\u00f1o \u00e9 curta. Naceu un 25 de xullo pouco despois da fogueter\u00eda festiva de Compostela e desapareceu 52 anos despois, cunha li\u00f1a vital na que couberon moitas novidades, moitas estreas e as inevitables decepci\u00f3ns, porque o mundo, por moi bo que sexa, nunca \u00e9 tan bo como el quer\u00eda. Vidal Bola\u00f1o...","reading_data":{"word_count":"1120","reading_seconds":"268","reading_time":{"minutes":4,"hours":0,"seconds":28},"reading_string":"4'28''","reading_human":"4 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":{"action":"default","action_data":""},"categories_list":[{"name":"Fatiga Ocular","id":174,"slug":"fatiga-ocular","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/271315"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=271315"}],"version-history":[{"count":17,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/271315\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":272669,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/271315\/revisions\/272669"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/271334"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=271315"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=271315"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=271315"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}