{"id":272585,"date":"2022-09-08T18:23:22","date_gmt":"2022-09-08T16:23:22","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=272585"},"modified":"2022-11-29T10:37:31","modified_gmt":"2022-11-29T09:37:31","slug":"dias-de-furgoneta","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2022\/09\/08\/dias-de-furgoneta-272585\/","title":{"rendered":"D\u00edas de furgoneta"},"content":{"rendered":"<p>Roberto Vidal Bola\u00f1o non \u00e9 un escritor chileno. En setembro de 2022 c\u00famprense 20 anos da s\u00faa morte que, de xeito evidente, foi temprana. Ti\u00f1a 52 anos e unha ampl\u00edsima e variada carreira como autor teatral, director, actor de teatro e cine, como cr\u00edtico de cine adiantado, como axitador de maior\u00edas e un peso definitivo no feito de que o teatro galego pasase de ser unha dedicaci\u00f3n m\u00e1is ou menos exc\u00e9ntrica a un exercicio profesional, esixente e esixible. As dimensi\u00f3ns de Vidal Bola\u00f1o (Santiago de Compostela 1950-2002), que nunca publicou en Anagrama, eran grandes no f\u00edsico e no literario. Pero os autores teatrais est\u00e1n m\u00e1is pendentes do d\u00eda a d\u00eda dos seus personaxes (e de dar de comer aos int\u00e9rpretes) que do arquivo das s\u00faas obras literarias. Deste xeito d\u00e1se o suxestivo paradoxo de que sendo Vidal Bola\u00f1o un dos escritores con m\u00e1is obra e cunha obra argumentalmente m\u00e1is variada, m\u00e1is contempor\u00e1nea, m\u00e1is participativa, con todo, e malia o moito que escribiu, t\u00e9nselle en menos en conta que se fose un narrador con menos de catro novelas.<\/p><p>A diferenza dos escritores, Roberto Vidal Bola\u00f1o ten imaxe, ten escenarios, ten personaxes que a\u00ednda poden ser interpretados, ten marcas de vida en exteriores e en interiores, ademais da s\u00faa presenza en pel\u00edculas nas que non quixo explotar de todo o seu aspecto de home feito \u00e1s durezas da historia. O teatro dominouno e este \u00e9 o trazo fundamental da s\u00faa biograf\u00eda. Pero a li\u00f1a de vida de Roberto Vidal Bola\u00f1o \u00e9 m\u00e1is longa e ten m\u00e1is f\u00edos. Documentala ten m\u00e1is sentido si se entretecen os f\u00edos da ficci\u00f3n e os daqueles que tiveron ligaz\u00f3n con el. Quen pode confeccionar un retrato no que nada quede f\u00f3ra son os seus personaxes e quen participou na s\u00faa posta en p\u00e9. Vidal Bola\u00f1o non \u00e9 un escritor chileno, pero \u00e9 o m\u00e1is importante autor de teatro nos \u00faltimos 50 anos en Galicia.<\/p><p>Roberto Vidal Bola\u00f1o entraba mal nas furgonetas. Era alto e as furgonetas sempre prometen m\u00e1is espazo para a carga que para os pasaxeiros. Acomod\u00e1base por partes, como xogador de baloncesto que fora cando novo, e mesmo as veces botaba as pernas por f\u00f3ra se o tama\u00f1o da rancheira e o percorrido o consent\u00edan. Pero ti\u00f1an un trato, elas o transportaban e el se acomodaba. Nin sequera protestaba polas distancias. Coa distancia do tempo todo parece peor daquela que agora. Quizais todo non, pero as furgonetas eran moito m\u00e1is ru\u00edns naqueles anos en que RVB comezou a facer teatro.&nbsp;<\/p><p>Desde o principio dos anos setenta e a pesar da crise do petr\u00f3leo, o binomio furgoneta e teatro volveuse imprescindible para salvar as limitadas posibilidades das compa\u00f1\u00edas a\u00ednda non profesionalizadas, as carencias do transporte e tam\u00e9n as malas condici\u00f3ns dos espazos para facer as funci\u00f3ns que, nos m\u00e1is casos, non ti\u00f1an condici\u00f3ns nin material para facilitar o traballo esc\u00e9nico nunha disposici\u00f3n tan afeccionada como a das propias compa\u00f1\u00edas. Na furgoneta viaxaban os decorados, o vestiario, as luces, os equipos de son no caso de que houbese. Na mesma furgoneta \u00edan os integrantes da compa\u00f1\u00eda, as\u00ed fose ata Ribadeo ou Valdeorras, e suced\u00eda que o tama\u00f1o das obras ti\u00f1an que axeitarse ao tama\u00f1o das furgonetas porque o que non cab\u00eda no transporte non hab\u00eda forma de utilizalo. Limitaci\u00f3ns que, con todo, a\u00ednda hoxe pesan \u00e1 hora de decidir volume e amplitude dos decorados.&nbsp;<\/p><p>Unha furgoneta cami\u00f1o dunha funci\u00f3n era un veh\u00edculo a pleno rendemento, a velocidade limitada, cunha organizaci\u00f3n similar a dun piso de estudantes. Era dif\u00edcil encontrar sitio mesmo para a incomodidade de tan aproveitado que \u00eda o espazo. Calquera viaxe era longa. Entre o barullo do motor e o rebumbio das cousas, as conversas cruzadas, as curvas e ir sempre contra o reloxo o ambiente non parece o axeitado para as horas anteriores a unha representaci\u00f3n. Ou quizais non era o peor. O peor era, segundo Bola\u00f1o, \u00abchegar a un lugar que non se pod\u00eda chamar teatro e colocar todas as cousas en orde sabendo que ao rematar hab\u00eda que volver todo \u00e1 furgoneta. \u00c1s veces a obra parec\u00eda o de menos\u00bb.&nbsp;<\/p><p>Unha furgoneta, uns decorados plegables, vestiario, quizais as luces, o elenco dunha compa\u00f1\u00eda que pod\u00eda ir repasando o texto ou botando unha cabezada. Todo parec\u00eda profesional, pero a profesi\u00f3n non pode ir s\u00f3 por dentro. Non estaba prevista naqueles primeiros anos dos setenta unha remuneraci\u00f3n concreta para as compa\u00f1\u00edas e, por tanto, tampouco estaba claro que os elencos cobrasen por actuar. A cousa era \u00abaseg\u00fan\u00bb.&nbsp;&nbsp;<\/p><p>A relatividade de todo ti\u00f1a cousas boas cousas e cousas malas. Os circu\u00edtos, por chamarlle as\u00ed, naqueles anos estaban maioritariamente formados por funci\u00f3ns en locais de asociaci\u00f3ns de veci\u00f1os, alg\u00fans espazos das caixas de aforros, algunha instituci\u00f3n como as deputaci\u00f3ns e os concellos. Os primeiros eran os que estaban m\u00e1is activos a\u00ednda que tam\u00e9n os que ti\u00f1an m\u00e1is problemas para remunerar. O costume era, segundo contaba tantas veces o escritor, que ao rematar a funci\u00f3n a asociaci\u00f3n convocante ofrecese unha cea aos integrantes das compa\u00f1\u00edas, ceas que, tal como explicaba Bola\u00f1o, \u00abnon ti\u00f1an d\u00fabida e pod\u00edan alimentar un rexemento\u00bb. Esas ceas foron o punto de partida dunha profesionalizaci\u00f3n que hab\u00eda marcar un xeito de facer teatro porque as cousas nunca saen como estaban planeadas.&nbsp;<\/p><p>Est\u00e1 contado moitas veces, cada unha con xeito diferente e, como todas as historias que tenden a lenda, sen un espazo concreto. Puido ser na furgoneta cami\u00f1o dunha funci\u00f3n, puido ser nunha bar ou no medio dunha representaci\u00f3n. Vidal Bola\u00f1o explicou en repetid\u00edsimas ocasi\u00f3ns que aquelas ceas que serv\u00edan para compensar os seus traballos esc\u00e9nicos eran un exceso e un gasto considerable para os colectivos que as pagaban. RVB pensou que os c\u00f3micos estaban m\u00e1is necesitados de cobrar que de comer e comezou a propo\u00f1er por Galicia adiante que os cartos con que se pagaban aquelas ceas se utilizasen para pagar \u00e1s compa\u00f1\u00edas e xa ver\u00edan eles se ceaban ou volv\u00edan para casa \u00abcun bocadillo\u00bb. As asociaci\u00f3ns foron aceptando a proposta e os grupos puideron fixar un cach\u00e9 que lles permit\u00eda converter unha actividade por horas nunha actividade a tempo completo. O cambio foi, segundo por\u00eda de manifesto anos despois o autor, \u00abun cambio de mentalidade porque supu\u00f1a que o teatro era un traballo polo que hab\u00eda que pagar\u00bb. Era un punto de partida para un sector que a\u00ednda deber\u00eda dar batallas culturais, pol\u00edticas e administrativas para que o profesionalismo fose aceptado non s\u00f3 como natural sen\u00f3n como imprescindible. Unhas batallas nas que, en grande parte, combateu Roberto Vidal Bola\u00f1o. Unhas veces contra os outros, algunhas contra os seus. Tam\u00e9n contra si mesmo. O profesionalismo comezou de maneira sinxela e case sen pretensi\u00f3n, pero o Vidal Bola\u00f1o r\u00edase bastante contando esa historia da mutaci\u00f3n do pan e da carne en cach\u00e9s e o que parec\u00eda facerlle m\u00e1is graza era que, co paso dos anos, a proposta parec\u00eda inevitable pero naquela altura dun tempo entre a ditadura e o que vi\u00f1a despois todo pod\u00eda ser posible e todo era bastante incerto. A RVB fac\u00edalle graza porque calculaba, como moito tempo despois, que as cousas que aconsella o sentido com\u00fan son as que m\u00e1is tardan en conseguirse.&nbsp;<\/p><p>Converterse ao profesionalismo foi o inicio da carreira p\u00fablica dun autor con vocaci\u00f3n de interpretar a realidade e, de ser posible, cambiala algo. De xogar con ela como se abren os xoguetes para co\u00f1ecer os seus mecanismos e logo ver cales son as pezas de imprescindible substituci\u00f3n para que todo sexa mellor ou, de non poder ser, para que todo sexa m\u00e1is xusto. Esta historia ten dous grandes bloques coas s\u00faas respectivas subdivisi\u00f3ns. Pero sucede que vivir \u00e9 unha ciencia inexacta e quizais as etapas art\u00edsticas non se correspondan sempre coas vitais e que o profesionalismo, que tan decisivo foi para el e para o teatro do pa\u00eds, non tivera unha marca inmediata sobre o escenario. O que permaneceu inalterable etapa tras etapa foi a vontade de que facer teatro fose, antes que outra cousa, un xeito de contar historias. E que contar historias fose un xeito de engadir algo ao discurso p\u00fablico: algo de saber, algo de entender, algo que o espectador puidera levar para a casa. \u00abE se ademais creo algo de beleza, mellor\u00bb, como escribiu Roberto Vidal Bola\u00f1o.&nbsp;<\/p><p>Quizais foi en algunha das furgonetas coas que cruzou Galicia varias veces nas que completou personaxes ou rematou tramas e pode ser que escribise apurado polas urxencias das estreas, polas necesidades dos elencos ou por po\u00f1er en p\u00e9 historias grandes en escenarios pequenos. Poden que sexan estas continxencias as que fan, por veces, que non se te\u00f1a en conta a escrita dram\u00e1tica cando se fala de literatura ou de argumentos, cando se fala de historias que ofrecen unha interpretaci\u00f3n da sociedade e dos seus imaxinarios.&nbsp;&nbsp; No caso de RVB \u00e9 necesario reconsiderar moitas cousas. Unha delas a de considerar \u00e1 novela como o x\u00e9nero que mellor analiza unha sociedade, os seus comportamentos e mesmo as derivas que nin os historiadores nin os xornalistas poden explicar. Hai poucas traxectorias tan centradas en contar un pa\u00eds como a de Vidal Bola\u00f1o. En calquera x\u00e9nero. Afeitos como estamos ao RVB actor, director e dramaturgo por veces esquecemos as habilidades como escritor, a capacidade narrativa dos seus textos e a o xeito en que concib\u00eda o oficio de escribidor. As palabras era para Bola\u00f1o unha ferramenta. Unha m\u00e1is. Pero para quen non?<\/p><div class=\"contentlink  operational-element\" rel=\"{&quot;action&quot;:&quot;opennew&quot;,&quot;payload&quot;:271315}\">\n\n\t\t\t\t\t<div class=\"contentlink__label\">M\u00e1is RVB<\/div>\n\t\t\n\t\t\t\t\t<div class=\"contentlink__thumbnail\">\n\t\t\t\t<img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/pisofranco.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/EF54E57C-4A7A-4C60-B3FC-77DA9E4421DA-800x600.jpeg\" class=\"contentlink__thumbnail__image\" alt=\"\">\n\t\t\t<\/div>\n\t\t\n\t\t<div class=\"contentlink__body\">\n\t\t\t\t\t\t\t<div class=\"article-locator\">\n\t\t\t\t\t<span class=\"article-locator__first\">Fatiga Ocular<\/span>\n\t\t\t\t\t\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\n\t\t\t<h3 class=\"contentlink__title\">O escritor que retratou a Galicia do s\u00e9culo XX<\/h3>\n\n\t\t\t\t\t<\/div>\n\n\t\t<div class=\"card-footer contentlink__footer\">\n\t\t\t<div class=\"btn contentlink__button\">Ir ao contido<\/div>\n\t\t<\/div>\n\n\t<\/div><div class=\"contentlink  operational-element\" rel=\"{&quot;action&quot;:&quot;opennew&quot;,&quot;payload&quot;:268952}\">\n\n\t\t\t\t\t<div class=\"contentlink__label\">M\u00e1is RVB<\/div>\n\t\t\n\t\t\t\t\t<div class=\"contentlink__thumbnail\">\n\t\t\t\t<img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/pisofranco.gal\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/C6C54FF1-E847-43CD-A365-D972BAFB89C1-800x600.jpeg\" class=\"contentlink__thumbnail__image\" alt=\"\">\n\t\t\t<\/div>\n\t\t\n\t\t<div class=\"contentlink__body\">\n\t\t\t\t\t\t\t<div class=\"article-locator\">\n\t\t\t\t\t<span class=\"article-locator__first\">Entrevista<\/span>\n\t\t\t\t\t\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\n\t\t\t<h3 class=\"contentlink__title\">O teatro galego \u00e9 conservador cos dramaturgos<\/h3>\n\n\t\t\t\t\t<\/div>\n\n\t\t<div class=\"card-footer contentlink__footer\">\n\t\t\t<div class=\"btn contentlink__button\">Ir ao contido<\/div>\n\t\t<\/div>\n\n\t<\/div>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Roberto Vidal Bola\u00f1o non \u00e9 un escritor chileno. En setembro de 2022 c\u00famprense 20 anos da s\u00faa morte que, de xeito evidente, foi temprana. Ti\u00f1a 52 anos e unha ampl\u00edsima e variada carreira como autor teatral, director, actor de teatro e cine, como cr\u00edtico de cine adiantado, como axitador de maior\u00edas e un peso definitivo no feito de que o teatro galego pasase de ser unha dedicaci\u00f3n m\u00e1is ou menos exc\u00e9ntrica a un exercicio profesional, esixente e esixible. As dimensi\u00f3ns de Vidal Bola\u00f1o (Santiago de Compostela 1950-2002), que nunca publicou en Anagrama, eran grandes no f\u00edsico e no literario. Pero os autores teatrais est\u00e1n m\u00e1is pendentes do d\u00eda a d\u00eda dos seus personaxes (e de dar de comer aos int\u00e9rpretes) que do arquivo das s\u00faas obras literarias. Deste xeito d\u00e1se o suxestivo paradoxo de que sendo Vidal Bola\u00f1o un dos escritores con m\u00e1is obra e cunha obra argumentalmente m\u00e1is variada, m\u00e1is contempor\u00e1nea, m\u00e1is participativa, con todo, e malia o moito que escribiu, t\u00e9nselle en menos en conta que se fose un narrador con menos de catro novelas.<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":272616,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[174],"tags":[],"class_list":["post-272585","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-fatiga-ocular"],"acf":[],"post_template":"reportaxe","post_subscription":"no","pretitle":"","content_extract":"Roberto Vidal Bola\u00f1o non \u00e9 un escritor chileno. En setembro de 2022 c\u00famprense 20 anos da s\u00faa morte que, de xeito evidente, foi temprana. Ti\u00f1a 52 anos e unha ampl\u00edsima e variada carreira como autor teatral, director, actor de teatro e cine, como cr\u00edtico de cine adiantado, como axitador de maior\u00edas e un peso definitivo...","reading_data":{"word_count":"1553","reading_seconds":"372","reading_time":{"minutes":6,"hours":0,"seconds":12},"reading_string":"6'12''","reading_human":"6 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":{"action":"default","action_data":""},"categories_list":[{"name":"Fatiga Ocular","id":174,"slug":"fatiga-ocular","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/272585"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=272585"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/272585\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":272888,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/272585\/revisions\/272888"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/272616"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=272585"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=272585"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=272585"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}