{"id":273597,"date":"2022-09-09T20:35:46","date_gmt":"2022-09-09T18:35:46","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=273597"},"modified":"2022-11-29T10:37:02","modified_gmt":"2022-11-29T09:37:02","slug":"o-home-que-escribiu-aqui","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2022\/09\/09\/o-home-que-escribiu-aqui-273597\/","title":{"rendered":"O home que escribiu aqu\u00ed"},"content":{"rendered":"<p>A pesar de co\u00f1ecer os sinais, RVB estaba ben a desgusto nas cerimonias e poderiamos dicir que, no que ten de cerimonia a lembranza dun cabodano, remexer\u00edase intranquilo, a\u00ednda contando que nos \u00faltimos anos ga\u00f1ara algo de paciencia p\u00fablica para estas cousas. Porque motivos para a intranquilidade hai tantos que non nos centramos nos correctos. E isto \u00e9 o que m\u00e1is lle molestar\u00eda a Vidal Bola\u00f1o agora: que habendo tantas causas para morrer, n\u00f3s estarrec\u00e9semos pola falta de verbenas. Hab\u00edao cabrear que cambi\u00e1semos o pan por espellos e ter\u00eda tempo para unha comedia cruel con influencers, negacionistas, xente ben facendo o mal e xente mala para a que a maldade non \u00e9 unha cualificaci\u00f3n moral sen\u00f3n un modo de subsistencia.<\/p><p>Haber\u00eda outra cousa que poder\u00eda ser causa de reproche do se\u00f1or pallaso contra n\u00f3s. A pesar de todas as advertencias que nos fixo, a pesar da nitidez do retrato que nos deixou, seguimos levando a furgoneta na direcci\u00f3n contraria. Ga\u00f1amos alg\u00fans metros, perdemos uns quil\u00f3metros.&nbsp;&nbsp;Volvemos a distraernos no urxente mentres nos levan o importante e queremos disfrazar de traxedias as desgrazas para que, polo menos, poidamos dicir que fixemos algo importante.<\/p><p>Porque o asunto \u00e9 que fixo Roberto Vidal Bola\u00f1o coa s\u00faa obra. Que fixo el como autor, director, actor, iluminador, atrecista, cargador de furgoneta e o que fose que tivese que facer para chegar un d\u00eda a Ribadavia a estrear&nbsp;<em>O <\/em><em>Desengano do Prioiro<\/em>. Por que asumiu tantas penas e quebrantos se non foi, ademais de para ter un cometido e unha profesi\u00f3n, para deixarnos o retrato m\u00e1is completo que fixo escritor ning\u00fan do fin de s\u00e9culo en Galicia. O retrato de n\u00f3s, que xa estabamos a\u00ed, \u00e9 o retrato dun pa\u00eds que tanto se engana a si mesmo. Nas obras de Vidal Bola\u00f1o ent\u00e9ndese moi claramente que Galicia \u00e9 m\u00e1is f\u00e1cil de imaxinar que de vivir e que o feito de que os galegos sexamos tan co\u00f1ecidos pola saudade e pola enso\u00f1aci\u00f3n ten un argumento obvio: non nos gusta a realidade. E un menos obvio: non sabemos cambiala. E outro argumento incomod\u00edsimo: v\u00e9monos m\u00e1is capaces de resistir que de cambiar. Parecemos mellores como m\u00e1rtires que como heroes. Esta resignaci\u00f3n pol\u00edtica inquietaba a RVB e por iso non quixo ser escritor a secas, quixo levar algo de acci\u00f3n a cada lugar e facer algo coas mans, que \u00e9 un labor que na Galicia da que vi\u00f1a Bola\u00f1o se entend\u00eda como de persoas boas e xenerosas.<\/p><p>Por unha serie de decisi\u00f3ns de Roberto Vidal Bola\u00f1o para falar del hai que explicar o aqu\u00ed. Aqu\u00ed \u00e9 unha palabra b\u00e1sica. Como pap\u00e1 e mam\u00e1, que din todo e non din nada. Que de tanto campo sem\u00e1ntico que representan ningu\u00e9n pode dicir que significan ata as \u00faltimas consecuencias.&nbsp;<br><br>Aqu\u00ed, para Roberto Vidal Bola\u00f1o, quer\u00eda dicir Aqu\u00ed e todos v\u00f3s sabedes o que significa a pesar de que entre o primeiro aqu\u00ed e o segundo aqu\u00ed hai unha patria polo medio. Pero non en abstracto. Porque RVB dic\u00eda aqu\u00ed e, perdoando o chiste, falaba do espazo e do tempo. Esas d\u00faas coordenadas que cando se fala dun pa\u00eds son inseparables e non se conciben unha sen a outra. Tam\u00e9n. Tam\u00e9n porque o teatro sempre \u00e9 aqu\u00ed. Onde sucede. Onde est\u00e1. Onde \u00e9.<\/p><p>A Galicia que RBV habitou antes de retratar estaba protagonizada por algunhas das grandes transformaci\u00f3ns do s\u00e9culo XX. Unha obvia, a\u00ednda que algo cosm\u00e9tica, transformaci\u00f3n pol\u00edtica. Unha evidente recolocaci\u00f3n social debida a unha non tan evidente pero moi marcada transformaci\u00f3n econ\u00f3mica. Chegaron os electrodom\u00e9sticos, chegou a televisi\u00f3n, chegaron os sem\u00e1foros. Todas cousas de organizaci\u00f3n dom\u00e9stica e social que, na pr\u00e1ctica, deixaron en n\u00f3s unha sensaci\u00f3n efectiva de incorporaci\u00f3n plena ao s\u00e9culo XX. Non debemos esquecer, e RVB non esqueceu, que nalgunhas partes de Galicia os cuartos de ba\u00f1o no interior das casas s\u00f3 chegaron dez anos antes que o primeiro tel\u00e9fono m\u00f3bil.&nbsp;<\/p><p>O teatro de Roberto Vidal Bola\u00f1o retratou a Galicia dese cambio, a Galicia que pasou de ser terri\u00f1a a ser terraza. A Galicia que, desde a mesma mentalidade, pasou de ser nai e se\u00f1ora a evento xacobeo. Pasou de fuxir do monte para vivir nun adosado e logo retornar para reformar a casa familiar. Unha transformaci\u00f3n que deixaba monstros e a\u00ed nace o retrato pol\u00edtico e social dunha sociedade demasiado confiada na potencia do ladrillo e no cementado intensivo do pasado.&nbsp;<br><br>O retrato resultante quizais non foi planificado por parte do autor. Foi sa\u00edndo como resultado da observaci\u00f3n e da necesidade de escribir desde un punto que non cambiou e que non \u00e9 tan habitual no pa\u00eds como puidese parecer: a idea de que as historias que hai que contar son as que importan, as que est\u00e1n na nosa contorna, as que nos afectan pero, sobre todo, as que nos explican. Roberto Vidal Bola\u00f1o quer\u00eda explicarnos e podemos dicir que o conseguiu. Outra cousa \u00e9 que toda a parroquia estea c\u00f3moda cos resultados. RVB sab\u00eda que o teatro daba a medida das cousas, que ofrecer\u00eda o retrato m\u00e1is humano, se non entendemos humano como unha descrici\u00f3n nobre.<\/p><p>O teatro de RVB, para dicilo dunha forma bruta, comezou polo simb\u00f3lico, o festivo e o popular e acabou na confrontaci\u00f3n coa realidade pola v\u00eda da parodia, da comedia e do drama sentenzador. Vidal Bola\u00f1o enfrontouse a moitos dos argumentos do dobre fondo da contemporaneidade. RVB era moito de enfrontarse.<\/p><p>Unha parte deses enfrontamentos deitaron sobre Vidal Bola\u00f1o unha imaxe que a s\u00faa obra non correspond\u00eda. Unha cousa que pasa cos escritores \u00e9 que hai demasiados medidores: que se escriben bonito, que se traballan nun peri\u00f3dico, que se son directores dunha editorial, que se te\u00f1en un instagram cos filtros axeitados, que se son amigos do conselleiro. Pero deberiamos xulgar os escritores, no caso de ser necesario, polos seus argumentos. Mellor conceptista que culterano. Eu voto polos argumentos sen descoidar a dicci\u00f3n e xusto neste aqu\u00ed \u00e9 onde a obra de Roberto Vidal Bola\u00f1o ten de seu outra dimensi\u00f3n que m\u00e1is ben non lle quixeron conceder.<\/p><p>Sei que o da gran novela galega \u00e9 unha parodia. Unha especie de complexo cultural que temos e que en lugar de conseguir reafirmarnos polo que somos procura encontrar respaldo na asimilaci\u00f3n co que fan os demais. Levamos moito tempo refuxiados nesta resignaci\u00f3n. Pero de querer aceptar a idea de que as grandes historias precisan grandes novelas, que \u00e9 como crer que o importante dun teatro \u00e9 o edificio, teriamos que advertir que as grandes novelas galegas escrib\u00edronse para o teatro. Unha parte delas, ademais, escribiunas Roberto Vidal Bola\u00f1o.&nbsp;&nbsp;Pero pedir que aval\u00eden un autor polos seus argumentos est\u00e1 sendo moito pedir. Que non decaia o Antroido.<\/p><p>Sei que todos sabedes as obras completas de Roberto Vidal Bola\u00f1o, pero a\u00ednda me queda algo de tempo e quer\u00eda citar alg\u00fans argumentos para demostrar que RVB ben pode ser o escritor m\u00e1is representativo da Galicia de finais do s\u00e9culo XX. Non digo dramaturgo, digo escritor.<\/p><p>Supu\u00f1amos que&nbsp;<em>Animali\u00f1os<\/em>&nbsp;fose esa novela sarc\u00e1stica sobre esa nova clase que naceu na Galicia finisecular ao cambiar as casas de aldea ou os pisos de estudante por adosados nos arrabaldos. Non estou sendo realista porque non hai tanto sarcasmo na narrativa galega. Nin sequera retranca. A pequenoburgues\u00eda e as s\u00faas grandes obsesi\u00f3ns, as armas de destruci\u00f3n m\u00ednima e como, si ou si, matamos por riba das nosas necesidades.<\/p><p>Tam\u00e9n esta idea tan cl\u00e1sica de que cando sinalamos os monstros, os monstros somos n\u00f3s. \u00c9 verdade que&nbsp;<em>Criaturas<\/em> era unha comedia, pero xa non era sarc\u00e1stica, hab\u00eda unha gradaci\u00f3n porque RVB sab\u00eda que o humor \u00e9 unha ferramenta de co\u00f1ecemento. Pero na estad\u00eda do monstro entre galegos, a tenrura p\u00faxoa o monstro.<\/p><p>Na literatura galega, na narrativa, tam\u00e9n hai unha certa afecci\u00f3n ao lumpen. Comedida. Algo estereotipante. Por veces romantizadora. Comezarei a dar t\u00edtulos cando todo o mundo se te\u00f1a subscrito a Piso Franco. A pesar de todo isto, creo que ningu\u00e9n foi capaz de mesturar na mesma historia o lumpen proletario con John Coltrane. Nin sequera nos Estados Unidos. A&nbsp;<em>Saxo Tenor<\/em>&nbsp;quizais lle pesaron moito as circunstancias. Pero o cambio de foco que ofreceu para a literatura daquela \u00e9poca (que pairaba entre narcos ou guerra civil) era realmente digno de ser tido en conta.<\/p><p>Pero, pero, pero\u2026 como vas falar de narrativa se non falas de novelas hist\u00f3ricas, de \u00e9poca ou desas nas que os decorados vintage son un personaxe m\u00e1is da historia. Perd\u00f3n, perd\u00f3n, perd\u00f3n. Como se me \u00eda pasar un elemento tan importante na literatura de evasi\u00f3n. Non sei por onde comezar. Polo que est\u00e1 m\u00e1is cerca, porque estou vendo narradores volcados coa vizosa oferta do Cami\u00f1o de Santiago, buscando fen\u00f3menos paranormais, conspiraci\u00f3ns rusas e todo tipo de manganchas argumentais que estreman co rid\u00edculo. E al\u00e1 foi RVB con&nbsp;<em>As actas escuras<\/em>, propo\u00f1endo o m\u00e9todo dunha investigaci\u00f3n al\u00e9n do policial contra o mito da fantas\u00eda. A raz\u00f3n contra a lenda.<\/p><p>E no mesmo ramo poder\u00eda entrar&nbsp;<em>D\u00edas sen gloria<\/em>, que non deixa de ser a batalla dos descridos cando a necesidade apreta. Unha batalla longa como un cami\u00f1o, sen confesar o desexo de crer. \u00c9 outra visi\u00f3n da fe, de cando parece tan \u00fatil como as pel\u00edculas.<\/p><p>E claro, tam\u00e9n hab\u00eda que matar a Franco. S\u00f3 por iso,&nbsp;<em>Doentes<\/em>&nbsp;poder\u00eda ter sido un novel\u00f3n. As v\u00edtimas da historia tentando matar a Franco por entre a caspa e a supervivencia de Compostela. \u00c9 un argumento. E ten pel\u00edcula.<\/p><p>A\u00ednda poder\u00eda dicir algo de&nbsp;<em>Agasallo de Sombras<\/em>&nbsp;e a biograf\u00eda rosaliana. Se RVB non deu un salto adiante na reinterpretaci\u00f3n da figura e tam\u00e9n en facer sobre ela unha literatura que revelase antes de mitificar, non poderemos saber quen deu ese salto.<\/p><p>Se estes argumentos non xustifican a obra literaria con m\u00e1is intenci\u00f3n de retratar Galicia, a Galicia contempor\u00e1nea, sen filtros, ao vivo, sen concesi\u00f3ns, que argumentos hai que ter? Son todos os que est\u00e1n, pero non est\u00e1n todos. Faltan os presos.<\/p><p>Hai tardes nas que penso que s\u00f3&nbsp;<em>Rastros<\/em>&nbsp;xa xustificar\u00eda a clasificaci\u00f3n. E po\u00f1amos que a obra poder\u00eda ter sido unha novela sobre como unha xeraci\u00f3n inxenua se esnafra contra a realidade. E tenta vivir ignorando e sen ter en conta o vitimario. Unha historia na que os c\u00ednicos cambian de piso e pagan os inocentes. E as mulleres. Unha novela con loita armada e callos. Unha obra que ti\u00f1a un presente clar\u00edsimo e un grand\u00edsimo xogo de correspondencias coa realidade. Unha novela como unha sentenza. Afortunadamente, Vidal Bola\u00f1o dixo nunha entrevista que el non ti\u00f1a a graza da narrativa.<\/p><p>Se a arte literaria de Roberto Vidal Bola\u00f1o foi o retrato social sabemos que Galicia leva 20 anos sen retrato fiable, se facemos as preguntas correctas sobre que fixemos n\u00f3s nestas d\u00faas d\u00e9cadas co que RVB nos explicou, teremos que adiantar que a s\u00faa pr\u00f3xima obra ser\u00e1 inc\u00f3moda. Bola\u00f1o sab\u00eda que o teatro \u00e9 unha lupa que aumenta os nosos xestos, que nos somete \u00e1 amplificaci\u00f3n dos actos. Ao pensar no que far\u00eda RVB deberiamos sentir o peso desa lente de aumento sobre n\u00f3s, o esc\u00e1ner po\u00f1endo en evidencia os nosos trucos.&nbsp;&nbsp;Roberto Vidal Bola\u00f1o enfrontouse a unha Galicia que cambiaba de rumbo en direcci\u00f3n \u00e1s tormentas. As tormentas que el anunciaba son estas, est\u00e1n aqu\u00ed. Se RBV estivese agora para estrear teriamos que enfrontarnos a n\u00f3s mesmos con algo da contorna de Santiago como fondo, co desencanto confirmado de ter deixado pasar a oportunidade, co cansazo de volver ver como cambiamos os dereitos por abelorios. Poder\u00eda volver sinalar ese territorio entre o cinismo e a hipocris\u00eda que tinxe case toda relaci\u00f3n social. Que cambia todas as decisi\u00f3ns. Ilustrar\u00eda ese rol de quen foi protagonizando o personaxe de soldadito boliviano.&nbsp;<\/p><p>Poder\u00eda facer unha comedia que aparentase despiste. O mesmo despiste que pode permitir que un escritor con catro novelas poida ser considerado como tal e representativo da s\u00faa \u00e9poca e un dramaturgo con 50 argumentos non. Isto non \u00e9 bo nin malo, s\u00f3 explica como somos. Como somos aqu\u00ed.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A estas alturas do s\u00e9culo XXI non sei se o que procede \u00e9 preguntarnos como \u00e9 a obra de Roberto Vidal Bola\u00f1o, como foi a s\u00faa evoluci\u00f3n, cales foron os rastros que deixou, canto de art\u00edstico ou canto de pr\u00e1ctico houbo nas s\u00faas decisi\u00f3ns ou cantas das s\u00faas circunstancias vitais foron determinantes en facer unhas escollas ou outras. Quizais o procedente en setembro de 2022 sexa facernos a mesma pregunta que nos far\u00eda el: que fixemos n\u00f3s. Que fixemos n\u00f3s nos \u00faltimos vinte anos en xeral e que fixemos n\u00f3s nestes vinte anos coa obra de Roberto Vidal Bola\u00f1o en particular. Estou seguro de que hai un verbo que resumir\u00eda unha gran parte das respostas e, a\u00ednda sendo verdade, non deixar\u00eda de ser escapista: resistir. Resistir, resistimos todos e estamos aqu\u00ed, a\u00ednda que este aqu\u00ed non ter\u00eda nada conforme a RBV.<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":273795,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[174],"tags":[],"class_list":["post-273597","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-fatiga-ocular"],"acf":[],"post_template":"reportaxe","post_subscription":"no","pretitle":"","content_extract":"A pesar de co\u00f1ecer os sinais, RVB estaba ben a desgusto nas cerimonias e poderiamos dicir que, no que ten de cerimonia a lembranza dun cabodano, remexer\u00edase intranquilo, a\u00ednda contando que nos \u00faltimos anos ga\u00f1ara algo de paciencia p\u00fablica para estas cousas. Porque motivos para a intranquilidade hai tantos que non nos centramos nos correctos....","reading_data":{"word_count":"1962","reading_seconds":"470","reading_time":{"minutes":7,"hours":0,"seconds":50},"reading_string":"7'50''","reading_human":"8 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":{"action":"default","action_data":""},"categories_list":[{"name":"Fatiga Ocular","id":174,"slug":"fatiga-ocular","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/273597"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=273597"}],"version-history":[{"count":7,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/273597\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":274086,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/273597\/revisions\/274086"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/273795"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=273597"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=273597"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=273597"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}