{"id":294793,"date":"2022-11-04T11:58:56","date_gmt":"2022-11-04T10:58:56","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=294793"},"modified":"2023-02-14T01:11:26","modified_gmt":"2023-02-14T00:11:26","slug":"a-3","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2022\/11\/04\/a-3-294793\/","title":{"rendered":"As\u00ed que pasaron trinta anos"},"content":{"rendered":"<p>Creo que era unha discoteca o primeiro local no que vin a Ch\u00e9vere. Cantaban vestidos de vaqueiros deste oeste e creo que hab\u00eda un l\u00e1tego como cando os Blues Brothers.<\/p><p>A\u00ednda hoxe hai quen utiliza o adxectivo&nbsp;<em>alternativo<\/em>&nbsp;para referirse a Ch\u00e9vere, pero non \u00e9 moi \u00fatil esa descrici\u00f3n porque a estas alturas \u00e9 xa a compa\u00f1\u00eda m\u00e1is co\u00f1ecida e reco\u00f1ecida de Galicia e, ademais, das m\u00e1is, m\u00e1is veteranas. Eles danse a novos e isto pode falsear algo o retrato, e danse a trastes e tam\u00e9n a non deixarse aplaudir moito cando as obras acaban. Ch\u00e9vere hoxe \u00e9&nbsp;<em>mainstream<\/em>&nbsp;en Galicia e isto \u00e9 outro deses sorprendentes paradoxos que ofrece este pa\u00eds do que se di que \u00e9 bonito, cat\u00f3lico e sentimental. Ch\u00e9vere non \u00e9 ningunha desas tres cousas e a\u00ed est\u00e1: levando a contraria para fixar discurso. Facendo biograf\u00edas de Amancio Ortega para que non se diga que non temos cousas que dicir.<br><br>Como pasaron trinta anos haber\u00e1 que lembrar que houbo un tempo en que a compa\u00f1\u00eda era unha manda de xente nova con m\u00e1is ganas de provocar que de estudar. Era aquela historia entre divertida de bar e desganada da universidade. Era un grupo de teatro que quer\u00eda parecer unha banda de rock, que met\u00eda ata dentro do escenario unha cultura pop que non casaba moito coa certamente institucional de Galicia. Era un grupo que se tomaba moi en serio as convenci\u00f3ns: non respectaba ningunha. Esa fenda contra o convencional mant\u00edvose cos anos. Ese esp\u00edrito segue aqu\u00ed. Pero como dir\u00eda o Che \u2014Guevara, non o do Irixo\u2014 &#8220;hoxe todo ten un ton menos dram\u00e1tico porque somos m\u00e1is maduros, pero o feito rep\u00edtese&#8221;. O gamberrismo \u2014que \u00e9 outro adxectivo que, como alternativo, non define algo por si mesmo, sen\u00f3n polo que son o resto das cousas\u2014 pasou da primeira li\u00f1a ao fondo, pero segue movendo a intenci\u00f3n da compa\u00f1\u00eda.<br><br>A pesar de que Ch\u00e9vere montou <em>R\u00edo Bravo<\/em>&nbsp;por terceira vez non \u00e9 unha compa\u00f1\u00eda nost\u00e1lxica. Creo que volven montar os seus grandes \u00e9xitos porque est\u00e1n sorprendidos de estar aqu\u00ed e seguir xuntos e que, m\u00e1is ou menos, as intenci\u00f3ns sigan sendo as mesmas. Est\u00e1n sorprendidos porque hai trinta anos faltaban tres ou catro crises por vivir, varias escisi\u00f3ns da esquerda nacionalista, faltaba Fraga enteiro e o posfraguismo. Faltaba Feij\u00f3o, faltaba o segundo Feij\u00f3o e a\u00ednda falta o terceiro. Faltaba o audiovisual galego e Agadic. E nunca estabamos todos, sempre faltaban os presos. Daquela os espectadores sorprend\u00edanse con Ch\u00e9vere e unha parte da profesi\u00f3n tam\u00e9n. Por iso a sorpresa, e por iso seguir reclamando a realidade do presente. Porque Ch\u00e9vere segue aqu\u00ed con m\u00e1is diversi\u00f3n e m\u00e1is lucidez que todos os consellos da Xunta que caen en xoves. Porque, a pesar de todo, non se lles quitou o humor e tampouco se lles foi o absurdo. Tam\u00e9n porque levan vantaxe: estando Patricia de Lorenzo en escena todo \u00e9 m\u00e1is divertido. M\u00e1is teatro. M\u00e1is mellor.<\/p><div class=\"contentlink  operational-element\" rel=\"{&quot;action&quot;:&quot;opennew&quot;,&quot;payload&quot;:66700}\">\n\n\t\t\t\t\t<div class=\"contentlink__label\">M\u00e1is Ch\u00e9vere<\/div>\n\t\t\n\t\t\t\t\t<div class=\"contentlink__thumbnail\">\n\t\t\t\t<img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/pisofranco.gal\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/pat-lorenzo-1-800x600.jpg\" class=\"contentlink__thumbnail__image\" alt=\"\">\n\t\t\t<\/div>\n\t\t\n\t\t<div class=\"contentlink__body\">\n\t\t\t\t\t\t\t<div class=\"article-locator\">\n\t\t\t\t\t<span class=\"article-locator__first\">Fatiga Ocular<\/span>\n\t\t\t\t\t\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\n\t\t\t<h3 class=\"contentlink__title\">Unha historia de Galicia<\/h3>\n\n\t\t\t\t\t\t\t<div class=\"contentlink__content\">\n\t\t\t\t\t<p>En Muros xa non hai para\u00edso. Hai un supermercado. Pode parecer un asunto do mercado inmobiliario, pero \u00e9 un cambio radical de \u00e9poca sen transici\u00f3n. \u00c9 historia dun pa\u00eds que non quere facer historia. Ch\u00e9vere fixo historia con Eroski Para\u00edso, do teatro ao cine. <\/p>\n\t\t\t\t<\/div>\n\t\t\t\t\t<\/div>\n\n\t\t<div class=\"card-footer contentlink__footer\">\n\t\t\t<div class=\"btn contentlink__button\">Ir ao contido<\/div>\n\t\t<\/div>\n\n\t<\/div><p class=\"wp-block-verse\">Publicado en T\u00e1boa Redonda, El Progreso, 30 de maio de 2017\n\n\n\n<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai cinco anos Ch\u00e9vere cumpr\u00eda trinta. Agora van polos trinta e cinco e entre exposici\u00f3ns, desembarcos, libros, pel\u00edculas e que o mal non acouga non dan feito a documentar a realidade que tanto se disimula. Fagamos memoria da memoria.<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":294807,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[174],"tags":[],"class_list":["post-294793","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-fatiga-ocular"],"acf":[],"post_template":"reportaxe","post_subscription":"no","pretitle":"","content_extract":"Creo que era unha discoteca o primeiro local no que vin a Ch\u00e9vere. Cantaban vestidos de vaqueiros deste oeste e creo que hab\u00eda un l\u00e1tego como cando os Blues Brothers. A\u00ednda hoxe hai quen utiliza o adxectivo&nbsp;alternativo&nbsp;para referirse a Ch\u00e9vere, pero non \u00e9 moi \u00fatil esa descrici\u00f3n porque a estas alturas \u00e9 xa a compa\u00f1\u00eda...","reading_data":{"word_count":"491","reading_seconds":"117","reading_time":{"minutes":1,"hours":0,"seconds":57},"reading_string":"1'57''","reading_human":"2 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":{"action":"default","action_data":""},"categories_list":[{"name":"Fatiga Ocular","id":174,"slug":"fatiga-ocular","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/294793"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=294793"}],"version-history":[{"count":9,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/294793\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":298302,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/294793\/revisions\/298302"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/294807"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=294793"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=294793"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=294793"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}