{"id":300396,"date":"2022-11-11T14:27:32","date_gmt":"2022-11-11T13:27:32","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=300396"},"modified":"2023-02-14T01:10:22","modified_gmt":"2023-02-14T00:10:22","slug":"sen-memoria-non-nos-queda-paraiso","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2022\/11\/11\/sen-memoria-non-nos-queda-paraiso-300396\/","title":{"rendered":"Sen memoria non nos queda para\u00edso"},"content":{"rendered":"
En Muros xa non hai para\u00edso. Agora hai un supermercado. Fomos cambiando as salas de festa por tendas e o mesmo temos que entender que cambiamos un modelo de ocio de tocarse por un de gastar. Ese \u00e9 o punto de partida para a \u00faltima obra de Ch\u00e9vere, Eroski Para\u00edso<\/em>. Que, como todo nestes d\u00edas, sucede na Transici\u00f3n. Na que vai do pasado \u00e1 memoria.<\/p>
A memoria \u00e9 unha forma de ficci\u00f3n. Como o ego. Como as verdades a medias. Como o di\u00f1eiro. Prefire a coherencia \u00e1 realidade, \u00e9 m\u00e1is leal que fiel. Se apur\u00e1semos moito o argumento haber\u00eda que dicir que a memoria \u00e9 a forma m\u00e1is grande de ficci\u00f3n porque consegue levarnos aos lugares que xa non son e, unha e outra vez, facer pasar as historias por realidades. A memoria \u00e9 eficaz porque \u00e9 ficci\u00f3n. Porque todo o que se conta \u00e9 ficci\u00f3n. E a memoria conta.
Ch\u00e9vere r\u00e1scalle \u00e1 memoria en Eroski Para\u00edso<\/em>. Enc\u00f3ntrase de fronte con ela mentres busca os sinais da pertenza. A nova montaxe de Ch\u00e9vere documenta un tempo que foi. Faino por contraste porque mentres rescata as imaxes do pasado est\u00e1 obrigando os espectadores a facer comparaci\u00f3ns co presente. Non \u00e9 que haxa que sacar conclusi\u00f3ns, \u00e9 que est\u00e1n a\u00ed. Nin agora, nin ent\u00f3n. O presente \u00e9 malo e non hai pasado bo. O pasado s\u00f3 \u00e9 anterior. Pero pasado e memoria non son a mesma cousa por m\u00e1is que haxa un monte de xente confundindo, pode que intencionadamente, os dous termos.
Eroski Para\u00edso<\/em> reconstr\u00fae un pasado. \u00c9 un pasado pr\u00f3ximo. De inmediatamente antes a que houbese chal\u00e9s adosados en Galicia. Un pouco antes das ombreiras nas americanas. Un minuto antes de que o mundo deixase de ser anal\u00f3xico. Agora pode parecer outra \u00e9poca, pero \u00e9 esta mesma de agora sen Twitter. Ch\u00e9vere prop\u00f3n unha historia na que unha pel\u00edcula quere reconstru\u00edr un momento. As\u00ed \u00e9 como opera a memoria, rebuscando nos datos e organizando os sucedidos como unha imaxe en movemento. As\u00ed \u00e9 como a memoria nos conta o pasado.
Ch\u00e9vere fai reconstruci\u00f3n, pero non biograf\u00eda. Toma o punto de partida e o punto de chegada. O do medio \u00e9 sabido do espectador, a\u00ednda que non polo telexornal. O que hai no medio entre a sala de festas Para\u00edso e o supermercado que agora ocupa o seu lugar en Muros \u00e9 esa derrota anunciada como vitoria: a do engano de clases, a do para\u00edso da clase media, a da Galicia asfaltada. A compa\u00f1\u00eda explica o agora e o antes na mesma li\u00f1a, como unha consecuencia interpretada. Como un flashback ao vivo e pode que este sexa o \u00fanico xeito realista de facelo: ao pasado s\u00f3 se viaxa desde aqu\u00ed. O resto \u00e9 ciencia ficci\u00f3n e non \u00e9 o que prop\u00f3n Ch\u00e9vere. O que prop\u00f3n a compa\u00f1\u00eda \u00e9 dobrar o tempo e facer que dous momentos coincidan no mesmo espazo. Nese territorio suceden moitas historias, as m\u00e1is delas familiares, as m\u00e1is delas sentimentais, hai algunhas c\u00f3micas e algunhas outras que ameazan con drama. Pero todo est\u00e1 contido por esa distancia que a memoria imp\u00f3n aos feitos. Esa distancia que en ocasi\u00f3ns parece amabilidade e que tam\u00e9n pode facerse pasar por obxectividade hist\u00f3rica. \u2018Eroski Para\u00edso\u2019 man\u00e9xase nesa distancia. A distancia axeitada.
Esa distancia entre a recuperaci\u00f3n en serio das ra\u00edces e deixar que a memoria se apropie de certa comicidade. Na obra, Ch\u00e9vere incl\u00ednase m\u00e1is a facer comedia. Tampouco lixeira. Ten o seu de sentimental e case nada de parodia, a pesar de que vai abeirando esa linguaxe, tan usual na compa\u00f1\u00eda. En certo sentido, Eroski Para\u00edso<\/em> utiliza as armas da parodia para chegar a outro x\u00e9nero. Como se no cami\u00f1o de rebuscar o pasado sempre aparecesen unhas fotos vellas e non houbera xeito de ser duros con elas. A obra inicia unha sorte de prospecci\u00f3n sobre volver ao lugar ao que se pertenceu e encontra que a memoria \u00e9 mala de guiar. Pode ser que o material do que nace a obra, as vivencias dos veci\u00f1os de Muros, arrimen contra ese lado. Pode ser ese verniz co que a memoria amobla as historias ou pode ser que esas historias ou se miran as\u00ed ou se deixan descansar en paz. Son asuntos moi serios como para facer un drama con eles. A obra busca no detalle o refrendo dunha realidade que foi. Porque Ch\u00e9vere toma como punto de partida un espazo e unhas experiencias reco\u00f1ecibles: bailes de domingo e bocadillos de calamares. Parellas que se empre\u00f1an, pais que emigran para traballar con fillas que emigran para estudar. Ben mirado, a vida mesma de Galicia. Ou quizais non. Haber\u00e1 unha clase que non se sinta reco\u00f1ecida nesta historia m\u00e1is al\u00f3 do folclore ou do humor. Est\u00e1 todo neste relato que algu\u00e9n est\u00e1 reconstru\u00edndo para o cine e a\u00ednda as\u00ed Ch\u00e9vere non quere ir ao documento. Porque, igual que a memoria non \u00e9 o pasado, o teatro non \u00e9 a realidade.
En Muros xa non hai para\u00edso. Agora hai un supermercado. Fomos cambiando as salas de festa por tendas e o mesmo temos que entender que cambiamos un modelo de ocio de tocarse por un de gastar. Ese \u00e9 o punto de partida para a \u00faltima obra de Ch\u00e9vere, Eroski Para\u00edso. Que, como todo nestes d\u00edas, sucede …<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":300385,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":"","_members_access_role":[],"_members_access_error":""},"categories":[30],"tags":[],"class_list":["post-300396","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-critica"],"acf":[],"post_template":"narrativa","post_subscription":"no","pretitle":"","content_extract":"En Muros xa non hai para\u00edso. Agora hai un supermercado. Fomos cambiando as salas de festa por tendas e o mesmo temos que entender que cambiamos un modelo de ocio de tocarse por un de gastar. Ese \u00e9 o punto de partida para a \u00faltima obra de Ch\u00e9vere, Eroski Para\u00edso. Que, como todo nestes d\u00edas, sucede...","reading_data":{"word_count":"917","reading_seconds":"220","reading_time":{"minutes":3,"hours":0,"seconds":40},"reading_string":"3'40''","reading_human":"4 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":{"action":"default","action_data":""},"categories_list":[{"name":"Cr\u00edtica","id":30,"slug":"critica","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/300396"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=300396"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/300396\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":300772,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/300396\/revisions\/300772"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/300385"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=300396"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=300396"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=300396"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}