{"id":309611,"date":"2022-11-25T13:47:32","date_gmt":"2022-11-25T12:47:32","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=309611"},"modified":"2023-02-14T01:09:13","modified_gmt":"2023-02-14T00:09:13","slug":"a-4","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2022\/11\/25\/a-4-309611\/","title":{"rendered":"A moqueta da cultura (2018)"},"content":{"rendered":"<p>O que pasaba por riba do cemento cultural daqueles anos era, ao mesmo tempo, a conclusi\u00f3n de que o voluntarismo non pod\u00eda asumir a actividade e a identidade de toda unha cultura, e a constataci\u00f3n de fondo de que lonxe do soporte p\u00fablico non hab\u00eda case movemento para que un sector cultural ga\u00f1ase capacidade operativa, campo de manobra, ga\u00f1ase un horizonte que permitise a autodeterminaci\u00f3n. E autodeterminaci\u00f3n quere dicir: ter p\u00fablico propio e ter capacidade econ\u00f3mica. En realidade, \u00e9 unha \u00fanica circunstancia porque na sociedade contempor\u00e1nea ter p\u00fablico quere dicir ter capacidade econ\u00f3mica.<\/p><p>Culturgal leva exemplificando o sistema cultural galego da \u00faltima d\u00e9cada. Que si, que o hai, que \u00e9 frustrante porque evidencia cada vez m\u00e1is a falta de m\u00fasculo para presentarse por si mesmo. Culturgal explica en tres d\u00edas o que informes completos non queren sintetizar: a cultura galega ten oferta suficiente para asumir as necesidades dun pa\u00eds, pero a demanda non \u00e9 tan rotunda. Por explicalo sen agresi\u00f3ns: a oferta da cultura do pa\u00eds \u00e9 variada e, incluso nos momentos baixos, d\u00e1 para o entretemento e as profundidades. Ten espectro popular e alta cultura. Incluso ten postureo, que \u00e9 algo que todo sistema cultural precisa para insultarse a si mesmo. Ten de todo menos a convicci\u00f3n do p\u00fablico. Ten de todo menos a seguridade de que cando ofrece algo vai haber xente mirando. Tampouco \u00e9 casualidade.<\/p><p>Nos \u00faltimos corenta anos a preocupaci\u00f3n fundamental da cultura foi ser homologable. Homologable coa contorna. Esta foi unha angueira non moi reflexiva e algo acomplexada: quizais ter\u00eda sido m\u00e1is operativo ver cales eran as singularidades e facer delas identidade que tentar\u00e1 demostrar que somos coma o resto. A preocupaci\u00f3n, en parte, foi herdada. Pero chegados \u00e1 cultura auton\u00f3mica esa necesidade homologadora transformouse na estimulaci\u00f3n da oferta pola v\u00eda da profesionalizaci\u00f3n dos procesos anteriores, maioritariamente voluntaristas, e a posta en marcha de sectores culturais que reafirmase a existencia dunhas profesi\u00f3ns capaces de entenderse coa sociedade e de ter unha interlocuci\u00f3n que tam\u00e9n aspiraba a ser econ\u00f3mica.<\/p><p>A estratexia pode ser considerada equivocada, pero desde o punto de vista da creaci\u00f3n de sectores profesionais tivo \u00e9xito. Con ollada simplista, tivo m\u00e1is \u00e9xito no teatro e no audiovisual que na literatura. Non foi moi exitosa na arte contempor\u00e1nea. E tivo o \u00e9xito esperable na m\u00fasica porque sucede con frecuencia que en pa\u00edses con problemas de autoestima a m\u00fasica \u00e9 a \u00fanica que asume a identidade sen manchar. Deuse m\u00e1is \u00e9xito na m\u00fasica que no periodismo.<\/p><p>A estratexia puido ser a inversa: estimular o uso da cultura ata que ese uso xerase a posta en marcha dos sectores. Pero soaba a neoliberal e a presi\u00f3n dos profesionais nunha sociedade sempre \u00e9 m\u00e1is constante que a do p\u00fablico. Esa presi\u00f3n dos sectores que quer\u00edan profesionalizarse empurrou o avance da cultura galega. Con perspectiva xeral ese avance f\u00edxose m\u00e1is lento no mesmo momento en que ter\u00eda que ter comezado a segunda fase: encontrar un p\u00fablico para toda esa oferta.<br><br>Agora, como ent\u00f3n, a cultura galega ten que encontrar un p\u00fablico. Este labor quedou historicamente pendente. Cada sector tentou ama\u00f1ar as s\u00faas propias contas e a idea dunha cultura que se asumiu a si mesma como unha secci\u00f3n completa pasou a ser un horizonte sen detalles, unha realidade difusa. Nin sequera reivindicable.<\/p><p>Culturgal demostra cada ano o mesmo que demostran as librer\u00edas, o mesmo que as axendas culturais, o mesmo que os patios de butacas: que s\u00f3 arredor da cultura destinada ao p\u00fablico familiar\/infantil parece haber atracci\u00f3n no p\u00fablico para a oferta galega. E pode ser unha circunstancia con futuro de non ser porque en canto chega a adolescencia o uso cultural parece marchar noutra direcci\u00f3n. Sen regreso na maior parte dos casos.<\/p><p>Desde hai anos o Culturgal ten moqueta. Pero non \u00e9 por presumir. \u00c9 para ter os p\u00e9s quentes. Por moito que digan os rom\u00e1nticos e os seus erros vitais: unha cultura, como un pa\u00eds, debe ter os p\u00e9s quentes e a cabeza fr\u00eda. A cabeza fr\u00eda sinala que a cultura galega non librou como deb\u00eda o labor de encontrar p\u00fablicos. A idea que os p\u00fablicos aparecen \u00e9 inxenua e, quizais, est\u00e1 patrocinada por sistemas que non te\u00f1en problemas de p\u00fablicos. O p\u00fablico para a cultura galega \u00e9 unha asignatura que segue pendente. Pero \u00e9 a asignatura. Non pode haber cultura sen p\u00fablicos. E unha cultura non pode buscarse a si mesma sen buscar ao seu p\u00fablico.<\/p><p>Nun sentido xeralista, a cultura galega avanzou sector por sector; pero esqueceu os argumentos que hai en com\u00fan entre eles. Esqueceu presentarse a si mesma como unha cultura completa, mesmo como o que \u00e9: unha cultura complexa, contraditoria e con esa tensi\u00f3n constante entre ser reveladora ou ser representativa. Esa tensi\u00f3n constante e imprescindible entre ser unha cultura de autor ou unha cultura de p\u00fablicos. Coas zonas de sombra, cos espazos de cruce. <\/p><p>Os sectores culturais asumiron a batalla diaria da supervivencia, da dependencia institucional, de moverse nunha cultura \u00e1 que se limitou o seu campo operativo para convertela \u2014vou insistir nesta idea\u2014 nunha reserva india. Para convertela nunha secci\u00f3n doutra cousa superior que non precisaba ser nomeada, s\u00f3 fac\u00eda falta situala como superior. Na batalla diaria perdeuse algo da estratexia de chamar polo p\u00fablico e tam\u00e9n a imprescindible teor\u00eda de entender toda cultura como unha rede na que as vibraci\u00f3ns duns f\u00edos deben producir movemento nos outros. A idea de conxunto quedou nunha formulaci\u00f3n case pol\u00edtica e pouco pr\u00e1ctica. Perdeuse a retroalimentaci\u00f3n duns sectores con outros. Perdeuse a idea de pertencer a unha cultura m\u00e1is que a unha profesi\u00f3n.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nas primeiras edici\u00f3ns do Culturgal non hab\u00eda moqueta. Baixo os p\u00e9s dos visitantes estaba o cemento do pazo e esta perspectiva de horizontalidade e falta de postureo, esa perspectiva tan galega de que o cemento \u00e9 o arranxo de tantos problemas do pa\u00eds, ti\u00f1a consecuencias inesperadas: rebaixaba a temperatura do ambiente. O cemento \u00e9 as\u00ed: quita a auga dos cami\u00f1os, pero non \u00e9 moi confortable nos interiores.<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":309633,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[174],"tags":[],"class_list":["post-309611","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-fatiga-ocular"],"acf":[],"post_template":"reportaxe","post_subscription":"no","pretitle":"","content_extract":"O que pasaba por riba do cemento cultural daqueles anos era, ao mesmo tempo, a conclusi\u00f3n de que o voluntarismo non pod\u00eda asumir a actividade e a identidade de toda unha cultura, e a constataci\u00f3n de fondo de que lonxe do soporte p\u00fablico non hab\u00eda case movemento para que un sector cultural ga\u00f1ase capacidade operativa,...","reading_data":{"word_count":"921","reading_seconds":"221","reading_time":{"minutes":3,"hours":0,"seconds":41},"reading_string":"3'41''","reading_human":"4 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":{"action":"default","action_data":""},"categories_list":[{"name":"Fatiga Ocular","id":174,"slug":"fatiga-ocular","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/309611"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=309611"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/309611\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":309703,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/309611\/revisions\/309703"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/309633"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=309611"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=309611"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=309611"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}