{"id":347529,"date":"2023-02-17T15:41:39","date_gmt":"2023-02-17T14:41:39","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=347529"},"modified":"2026-02-18T09:49:21","modified_gmt":"2026-02-18T08:49:21","slug":"io","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2023\/02\/17\/io-347529\/","title":{"rendered":"Iso que vai con n\u00f3s"},"content":{"rendered":"<p>Se abandonamos o dramatismo veremos que somos todos m\u00e1is ou menos iguais, que somos &nbsp;m\u00e1is iguais que diferentes. A\u00ednda que alg\u00fans presuman moito sen motivo. Hai quen arrastra as &nbsp;pernas e hai quen leva \u00e1s costas as horas extras. Hai quen leva o peso da s\u00faa franqueza e hai &nbsp;quen leva a m\u00e1scara con todo o peso do autorretrato. Hai quen finxe sofrer, hai quen finxe ser sofrido. Hai quen fai que fai con todo o peso das consecuencias. Hai quen fai que est\u00e1, hai quen fai que \u00e9. Hai esa diferenza.<br><br>O entroido non existe. Non porque o rito non te\u00f1a boa sa\u00fade, sucede que o entroido foi superado pola realidade na s\u00faa operativa transformista. Tampouco \u00e9 verdade que a verdade xa s\u00f3 se conte desde o disfraz: a espiral do disimulo ten tantas capas sucesivas de ficci\u00f3n e de &nbsp;realidade que \u00e9 imposible reco\u00f1ecer cal \u00e9 a parte natural, cal \u00e9 a parte constru\u00edda. A envolvente do disimulo xa non permite as distinci\u00f3ns. Permite un fen\u00f3meno novo: a aceptaci\u00f3n de que non hai distingo entre as capas; que a suma das superposici\u00f3ns \u00e9 a que, finalmente, nos representa. Que iso que vai connosco tam\u00e9n somos n\u00f3s, como se a mochila do &nbsp;que nos disfrazamos acabase por ser unha extremidade nova que forma parte do peso diario que &nbsp;movemos e que necesitamos dopar para que se incorpore aceleradamente \u00e1 identidade. Esa parte que vai con n\u00f3s consider\u00e1mola territorio rec\u00e9n colonizado, ocup\u00e1moslle o espazo, po\u00f1\u00e9moslle idiomas novos esperando que todo se confunda o suficiente para sacar partido. Como un implante que impida distinguir que parte do ciborg es ti.<br><br>O entroido existe. Pero \u00e9 como as farmacias 24\/7. Est\u00e1 en permanente funcionamento para que non se nos caia nada e, se cae, que sexa como se tal. E seguimos. A d\u00fabida \u00e9 saber por que a m\u00e1scara nos parece m\u00e1is divertida no entroido que o resto do ano. Igual \u00e9 porque non abandonamos o dramatismo.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Se abandonamos o dramatismo veremos que somos todos m\u00e1is ou menos iguais, que somos &nbsp;m\u00e1is iguais que diferentes. A\u00ednda que alg\u00fans presuman moito sen motivo. Hai quen arrastra as &nbsp;pernas e hai quen leva \u00e1s costas as horas extras. Hai quen leva o peso da s\u00faa franqueza e hai &nbsp;quen leva a m\u00e1scara con todo &hellip;<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":347546,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[12],"tags":[],"class_list":["post-347529","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-fototexto"],"acf":[],"post_template":"fototexto","post_subscription":"no","pretitle":"","content_extract":"Se abandonamos o dramatismo veremos que somos todos m\u00e1is ou menos iguais, que somos &nbsp;m\u00e1is iguais que diferentes. A\u00ednda que alg\u00fans presuman moito sen motivo. Hai quen arrastra as &nbsp;pernas e hai quen leva \u00e1s costas as horas extras. Hai quen leva o peso da s\u00faa franqueza e hai &nbsp;quen leva a m\u00e1scara con todo...","reading_data":{"word_count":"325","reading_seconds":"78","reading_time":{"minutes":1,"hours":0,"seconds":18},"reading_string":"1'18''","reading_human":"1 minuto"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"Camilo Franco","text_photo":"Nacho G\u00f3mez"},"video":{"video_source":""},"promotion":{"action":"default","action_data":""},"categories_list":[{"name":"M\u00e1is que Palabras","id":12,"slug":"fototexto","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/347529"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=347529"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/347529\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":347792,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/347529\/revisions\/347792"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/347546"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=347529"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=347529"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=347529"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}