{"id":352430,"date":"2023-02-27T20:44:46","date_gmt":"2023-02-27T19:44:46","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=352430"},"modified":"2023-08-17T19:10:01","modified_gmt":"2023-08-17T17:10:01","slug":"cidades","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2023\/02\/27\/cidades-352430\/","title":{"rendered":"Cidade"},"content":{"rendered":"
A cidade non \u00e9 un destino, \u00e9 unha urxencia. Est\u00e1 feita dun mill\u00f3n de elementos en inestable combinaci\u00f3n. Un xogo de im\u00e1ns para as crianzas: nunha posici\u00f3n atrae; noutra rexeita. Os elementos, por veces, son abducidos polos decorados do centro ou saen disparados contra a periferia do lugar e do relato. As cidades non son espazos, nin arquitectura, nin a demograf\u00eda, nin sequera a interpretaci\u00f3n literaria da vida dos seus habitantes. As cidades son a tensi\u00f3n mesma do todo o que nos explica, das contradici\u00f3ns e dos intereses. A suma e resta da especie.

A cidade son os indicios das historias e case todos acaban nas pezas de Miguel Mosquera, recuperados, reconstitu\u00eddos, reorganizados, revolvendo a facer un retrato da cidade desde os argumentos menos presumibles. Un lugar sen escaparates. Todo ten dobre sentido e Miguel Mosquera rebusca con paciencia e iron\u00eda nas combinaci\u00f3ns multiplicadas. Recoloca a cara e a cruz da moeda, o verso e reverso dos billetes porque onde hai un horizonte hai unha paisaxe pol\u00edtica.

No verso est\u00e1n representadas as pezas de a diario que visten galas extraordinarias baixo a urna iluminada. No verso os cr\u00e9dulos poden ter a certeza de que non hai arte con malicia, sen\u00f3n ideas torpes e cada pau aguanta velas diferentes e cada vela resiste ventos contrarios. Est\u00e1n as cidades vistas desde o refugallo reconvertido en materia constru\u00edble, convertendo o azar nunha causa para reciclar cada paisaxe: ao cabo estamos nunha \u00e9poca de reinterpretaci\u00f3ns. No anverso das obras de Miguel Mosquera podemos asistir ao resultado de cada signo dentro do cadro e cada cadro dentro do mundo. Os signos son tan variados que espectador pode pensar que o bosque das mensaxes cruzadas non deixa ver as \u00e1rbores de papel. Ao artista non lle pasa inadvertida a circunstancia e por iso aproveita cada verso para probar a constancia da s\u00faa est\u00e9tica: non se forza aos obxectos a encontrar o seu lugar, cada lugar \u00e9 o lugar. Est\u00e1 reinventando o oficio das met\u00e1foras, pero esta vez non menten.

No reverso as cousas non son como parecen. Estamos n\u00f3s coas nosas mentiras en forma de desculpas, historias, discursos, fuxidas e toda a narrativa que xera a negaci\u00f3n da realidade. Facemos que a cidade se constr\u00faa desde os signos e obrigamos a Miguel Mosquera a revelar o c\u00f3digo. Desprazar as grandes palabras en favor dos pequenos xestos. E volver a contar a historia. O reverso \u00e9 a revisi\u00f3n do contado aplicando lucidez no procedemento: estamos obrigados a repensalo todo desde a desconfianza. Desde a iron\u00eda, porque podemos respectar a tradici\u00f3n, pero non a convenci\u00f3n. Estamos obrigados a retrucar non porque sexa o noso esp\u00edrito de rebeldes sen\u00f3n porque \u00e9 o esp\u00edrito mentir\u00e1n dos tempos.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"
Miguel Mosquera recapitula Ourense en Ourense. Entre 1980 e 2022, cifras pares para unha situaci\u00f3n impar. Estrea a sala Dodo Dad\u00e1 a partir do 3 de marzo 2023 co dobre sentido do arquivo e revelaci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":352448,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[174],"tags":[],"class_list":["post-352430","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-fatiga-ocular"],"acf":[],"post_template":"reportaxe","post_subscription":"no","pretitle":"","content_extract":"A cidade non \u00e9 un destino, \u00e9 unha urxencia. Est\u00e1 feita dun mill\u00f3n de elementos en inestable combinaci\u00f3n. Un xogo de im\u00e1ns para as crianzas: nunha posici\u00f3n atrae; noutra rexeita. Os elementos, por veces, son abducidos polos decorados do centro ou saen disparados contra a periferia do lugar e do relato. As cidades non son...","reading_data":{"word_count":"446","reading_seconds":"107","reading_time":{"minutes":1,"hours":0,"seconds":47},"reading_string":"1'47''","reading_human":"2 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":{"action":"default","action_data":""},"categories_list":[{"name":"Fatiga Ocular","id":174,"slug":"fatiga-ocular","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/352430"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=352430"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/352430\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":352478,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/352430\/revisions\/352478"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/352448"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=352430"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=352430"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=352430"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}