{"id":368469,"date":"2023-04-14T16:17:40","date_gmt":"2023-04-14T14:17:40","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=368469"},"modified":"2023-08-17T19:09:48","modified_gmt":"2023-08-17T17:09:48","slug":"todos-os-lumes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2023\/04\/14\/todos-os-lumes-368469\/","title":{"rendered":"Todos os lumes"},"content":{"rendered":"<p>Queremos ver, por veces, o lume como esa criatura m\u00edtica que nos relaciona coa indefensi\u00f3n orixinal da especie, pero o certo \u00e9 que sobre o lume ergu\u00e9ronse varias civilizaci\u00f3ns. Que o lume \u00e9 o gran elemento transformador da historia e que un fogar \u00e9 un lume. Quizais tam\u00e9n por iso, pola dependencia do perigo. \u00c9 imprescindible, pero \u00e9 mortal. O lume veu con n\u00f3s. Somos n\u00f3s.<\/p><p>Logo est\u00e1n os lumes dos montes e queremos padecer a maldici\u00f3n b\u00edblica de non ser capaces de distinguir uns dois outros. De non querer avanzar por riba desa met\u00e1fora de entender todos os lumes como o mesmo lume. Como se todos estivesen alimentados por unha mesma mecha invisible que o fai aparecer aqu\u00ed e acol\u00e1. Pero en todas partes aparece m\u00edtico, como unha praga, como un combate imposible que a humanidade leva librando desde o principio dos tempos. Desde antes de que houbese humanidade. Antes da civilizaci\u00f3n. Antes de antes de que houbese capitalismo.<\/p><p>D\u00e1mos por igual o lume azul das caldeiras e o dourado das chemineas. Como se a p\u00f3lvora da pirotecnia fose a mesma que a das balas. \u00c9 verdade: confundimos os s\u00edntomas coas causas e a\u00ed estamos presos como quen non quere asomar a cabeza para ver o fondo do pozo. Porque o pozo somos n\u00f3s e no fondo sempre hai restos dun lume que prendemos e a intuici\u00f3n cultural de que sen drama non hai progreso. Sen sangue non se poden defender os dereitos. Ser racionais est\u00e1 mal visto porque non conmove. Pero o lume si. O lume conmove todas as partes adormecidas e botamos a correr na direcci\u00f3n contraria ao fume, que non sempre \u00e9 a direcci\u00f3n correcta porque non sempre \u00e9 a contraria ao lume.<\/p><p>N\u00f3s necesitamos o lume para seguir coa civilizaci\u00f3n en marcha. El necesita de n\u00f3s para prender. Na estra\u00f1a complementariedade po\u00f1emos combustible e lamentos ao mesmo tempo, Jekyll e Hide sen soluci\u00f3n de continuidade na dobre cara da civilizaci\u00f3n, no c\u00edrculo vicioso de todas as contas.<\/p><p>Logo est\u00e1n os montes e preferimos os lamentos aos coidados. O mesmo \u00e9 unha actitude permanente que non ten disimulo cando&nbsp;&nbsp;observas a pel negra deitada sobre o horizonte. Est\u00e1n os montes, que certamente \u00e9 unha definici\u00f3n imprecisa porque alude en parte ao non civilizado, ao selv\u00e1tico, a ese lugar de toxos mestos e fuxidos en tempo de guerra. O monte, en Galicia, ten esa m\u00edtica do inculto, ese espazo por cultivar onde a\u00ednda quedan contos de lobos. O lugar sen estremas no que podes perderte. Ese espazo que est\u00e1 m\u00e1is al\u00e1 do lugar sen cobertura. A fronteira final. Pero todo isto \u00e9 literatura defensiva. Nada disto ten correspondencia coa realidade a\u00ednda que calquera poida vagar nun monte durante horas. O monte, como case todo, ten as s\u00faas propias normas. Se o deixas, medra. Se o deixas, pon en marcha a s\u00faa propia sociedade animal e vexetal na que pode haber unha parte non racional, pero case nunca \u00e9 casualidade.<\/p><p>O monte qu\u00e9imase e nese lume arden resumidas moitas contradici\u00f3ns da sociedade occidental. A que fai por esquecer o seu pasado rural, a que aplica criterios f\u00f3ra de contexto, que sobreact\u00faa nas disculpas antes que actuar cos remedios. Esa mesma da que colgan un mill\u00f3n de raz\u00f3ns que case nunca coinciden coas necesidades.&nbsp;&nbsp;Son raz\u00f3ns que te\u00f1en un sentido cristi\u00e1n do discurso: aliviar a culpa, encami\u00f1ala noutro sentido. Desfacerse dela con esa importancia impostada do arrepentemento. Toda a ret\u00f3rica destinada a que o retrato en cinza que queda sexa o ideal despois dun incendio.<\/p><figure class=\"wp-block-image size-full is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"https:\/\/pisofranco.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/04\/DBADF772-5902-4F01-9386-808AF5510CC0.jpeg\" alt=\"\" class=\"wp-image-368491\" width=\"930\" height=\"576\" srcset=\"https:\/\/pisofranco.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/04\/DBADF772-5902-4F01-9386-808AF5510CC0.jpeg 1240w, https:\/\/pisofranco.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/04\/DBADF772-5902-4F01-9386-808AF5510CC0-300x186.jpeg 300w, https:\/\/pisofranco.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/04\/DBADF772-5902-4F01-9386-808AF5510CC0-1024x634.jpeg 1024w, https:\/\/pisofranco.gal\/wp-content\/uploads\/2023\/04\/DBADF772-5902-4F01-9386-808AF5510CC0-768x476.jpeg 768w\" sizes=\"(max-width: 930px) 100vw, 930px\" \/><figcaption class=\"wp-element-caption\">O proxecto Incendios de Miguel Mosquera permanecer\u00e1 na Fundaci\u00f3n Laxeiro ata xullo 2023<\/figcaption><\/figure><p>O retrato faino Miguel Mosquera pola v\u00eda de revisar racionalmente os elementos que contornan ao lume. \u00c9 importante este matiz. Como nos dramas mellor escritos \u00e9 importante revisar o que pasa despois do lume. Pero \u00e9 fundamental ver que sucedeu antes. Cando hai lume encontramos os titulares, as medici\u00f3ns, as marcas, os danos. O lume \u00e9 coma guerra. A alteraci\u00f3n do presente que non nos deixa pensar. Miguel Mosquera fai un mapa novo desas relaci\u00f3ns entre o antes e o despois. Nun sentido racional, o artista \u201cesquece\u201d o lume para facer ver o resto das cousas. Entre ese resto est\u00e1 o territorio e o xeito no que nos relacionamos con el. Est\u00e1 a xente e a maneira en que habita o territorio. Est\u00e1, con especial atenci\u00f3n, a relaci\u00f3n simb\u00f3lica entre n\u00f3s como sociedade e o monte como espazo. Esa relaci\u00f3n e as palabras que arden no lume e as que quedan como cinza. Palabras dun discurso que, a lume pasado, parece prendido polo \u00e1nimo corrector. Son as palabras que decaen en canto chega outubro ou as primeiras chuvias, o que apareza primeiro no horizonte. Son as palabras da industria do lume e do xogo de se hai que informar ou desinformar sobre o lume. Son as palabras dos espectadores que, unha vez metidos na secci\u00f3n de deportes do telediario, esquecen o sentido estrat\u00e9xico da vida planetaria. Miguel Mosquera non explica por que arde, Mosquera explica o significado do queimado.<\/p><p>Entre n\u00f3s e os lumes hai unha relaci\u00f3n \u00edntima. Peri\u00f3dica. Revenida. Nas tardes de sol do inverno poder\u00edamos sa\u00edr ao territorio e quizais vexamos as cicactrices nas extensi\u00f3ns de monte a\u00ednda renegrido e no verdor que asoma con timidez ao que non sei se poderemos cualificar de cinguido. Poderemos botarnos ao monte en calquera das mil primaveras m\u00e1is e asistir a teimos\u00eda da natureza rexeneradora e ser optimistas e despreocuparnos, ou ser realistas e calcular que sen n\u00f3s nada disto ter\u00eda pasado.<\/p><p>Cando ve\u00f1a o calor que quere ser de ver\u00e1n pode volvernos o medo a non ter feito os deberes e a esperar que chova ou calquera desas outras esperanzas desmobilizadoras. Podemos ver a paisaxe e darlle todas as explicaci\u00f3ns literarias en funci\u00f3n da fantas\u00eda ou do escapismo. O que non teremos tan f\u00e1cil \u00e9 ver as causas do lume. Non ser\u00e1 tan f\u00e1cil ver as consecuencias \u00faltimas de cada unha desas cicatrices. Porque as consecuencia podedes velas aqu\u00ed.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>No principio \u00e9 o lume. A relaci\u00f3n antiga, primitiva, urxente, como animais que se te\u00f1en moito medo a pesar de necesit\u00e1rense. No principio sempre est\u00e1 a intensa sensaci\u00f3n de perigo de calquera mam\u00edfero asustado polas lapas que removen a materia nerviosa ata o \u00faltimo dos cerebros. Como o coello diante da donicela. Como se o lume fose anterior a n\u00f3s. Pero este \u00e9 s\u00f3 o primeiro dos erros.<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":368487,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":"","_members_access_role":[],"_members_access_error":""},"categories":[174],"tags":[],"class_list":["post-368469","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-fatiga-ocular"],"acf":[],"post_template":"reportaxe","post_subscription":"no","pretitle":"","content_extract":"Queremos ver, por veces, o lume como esa criatura m\u00edtica que nos relaciona coa indefensi\u00f3n orixinal da especie, pero o certo \u00e9 que sobre o lume ergu\u00e9ronse varias civilizaci\u00f3ns. Que o lume \u00e9 o gran elemento transformador da historia e que un fogar \u00e9 un lume. Quizais tam\u00e9n por iso, pola dependencia do perigo. \u00c9...","reading_data":{"word_count":"998","reading_seconds":"239","reading_time":{"minutes":3,"hours":0,"seconds":59},"reading_string":"3'59''","reading_human":"4 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":{"action":"default","action_data":""},"categories_list":[{"name":"Fatiga Ocular","id":174,"slug":"fatiga-ocular","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/368469"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=368469"}],"version-history":[{"count":11,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/368469\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":368898,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/368469\/revisions\/368898"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/368487"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=368469"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=368469"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=368469"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}