{"id":378169,"date":"2023-05-26T19:33:50","date_gmt":"2023-05-26T17:33:50","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=378169"},"modified":"2023-08-17T19:04:24","modified_gmt":"2023-08-17T17:04:24","slug":"es","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2023\/05\/26\/es-378169\/","title":{"rendered":"Escribir necesita preparaci\u00f3n e adestramento"},"content":{"rendered":"
Haruki  Murakaki encheu o Casino de Santiago na noite de onte para presentar \u201cDe que estou a falar cando falo de correr\u201d , publicada por Galaxia. Foi o seu segundo acto do d\u00eda porque o primeiro, unha hora antes, ofreceuse no Instituto Rosal\u00eda de Castro, no que o escritor xapon\u00e9s tivo o primeiro contacto cos alumnos que lle concederon o premio San Clemente pola s\u00faa novela \u201cTras do solpor\u201d, publicada tam\u00e9n por Galaxia.
-O libro que acaba de publicar Galaxia, \u00abDe que estou a falar cando falo de correr\u00bb, insiste na idea de que escribir novelas \u00e9 como correr unha marat\u00f3n. Son tan paralelas unha cousa e a outra?<\/strong>
-Escribir unha novela \u00e9 algo que necesita de preparaci\u00f3n e adestramento. Non se pode facer sen un traballo previo. Nese sentido, eu digo que son actividades paralelas que necesitan dunha preparaci\u00f3n parecida: necesitan concentraci\u00f3n e esforzo continuado. Levo dous anos levant\u00e1ndome \u00e1s catro da ma\u00f1\u00e1 e escribindo cinco horas seguidas, sete d\u00edas \u00e1 semana e catro semanas ao mes. Isto non se pode facer dunha maneira espont\u00e1nea e correr unha marat\u00f3n ou correr unha serie de quil\u00f3metros diariamente, tampouco. Para unha novela \u00e9 necesaria unha preparaci\u00f3n previa, un adestramento, e manter a concentraci\u00f3n porque sen concentraci\u00f3n non \u00e9 posible escribir. Doutra banda, na pr\u00e1ctica comecei a escribir novelas case ao mesmo tempo que comecei a correr o marat\u00f3n. Para min van moi ligadas.<\/p>
-Se un novelista \u00e9 un corredor de marat\u00f3n, un escritor de relatos ser\u00eda como un corredor dos cen metros lisos?<\/strong>
-No meu caso non. Os libros de relatos escr\u00edbense m\u00e1is r\u00e1pido, pero mante\u00f1o m\u00e1is ou menos os mesmos h\u00e1bitos nun caso ou noutro. Nese sentido, a relaci\u00f3n coa literatura non cambia sexa cal for o x\u00e9nero.
-En este mesmo libro explica que no comportamento humano pesa m\u00e1is o f\u00edsico que o intelectual, que \u00e9 necesario adaptar o corpo para calquera actividade.<\/strong>
-Non son moito desa idea. Como escritor o que eu fago, en realidade, \u00e9 profundar en min mesmo. En certo xeito util\u00edzome a min mesmo porque tampouco te\u00f1o moitas m\u00e1is opci\u00f3ns se quero falar de cousas das que co\u00f1ezo. Profundizo en min e de a\u00ed saen conclusi\u00f3ns que se transforman ata chegar \u00e1s historias que conto. No caso deste libro hai conclusi\u00f3ns m\u00e1is directas porque falo sobre cousas, como correr, que \u00e9 unha actividade que realicei moitos anos, que me deu bos resultados en m\u00e1is dun sentido e desde a que aprend\u00edn a co\u00f1ecer mellor ou a entender mellor algunhas cousas.
-Pero cre que pesa m\u00e1is o emocional que o intelectual?<\/strong>
-Creo que pesan ambas. Depende das persoas e creo que, ademais, unha cousa e a outra van xuntas e que interact\u00faan de maneira que non sempre \u00e9 f\u00e1cil separar unha doutra. Para min e, no que ten que ver coa literatura, son circunstancias parellas porque \u00e9 moi dif\u00edcil manexarse s\u00f3 nunha das d\u00faas. Non creo que sexa posible que a vida e a literatura poidan ser posibles se falta unha das cousas.
-Con todo asegura no libro que mentres corre non pensa en algo concreto.<\/strong>
-Digo que non penso en nada en concreto, que se me preguntan non poder\u00eda dicir con exactitude en que penso cando corro. Pero correr ten un efecto que axuda a esclarecer o que un pensa. \u00c9 unha maneira de afacer ao corpo \u00e1 concentraci\u00f3n que se precisa para escribir.
-Cre que en Europa s\u00e9guese lendo a literatura xaponesa coma se trat\u00e1sese de algo ex\u00f3tico?<\/strong>
\u00abTokio \u00e9 un lugar moi distinto a este, a\u00ednda que al\u00ed tam\u00e9n hai luras e polbo\u00bb. As\u00ed explicou Haruki Murakami as s\u00faas sensaci\u00f3ns ao chegar a Compostela. \u00abEn Tokio, ademais, hai moito m\u00e1is ru\u00eddo\u00bb. O escritor explicou no Casino que a s\u00faa historia era sinxela: \u00abTiven un club de jazz en Tokio e era feliz porque pod\u00eda escoitar m\u00fasica todos os d\u00edas e acot\u00edo\u00bb. Cando o escritor cumpriu 33 anos houbo un cambio: \u00abNunca escribira antes, pero entr\u00e1ronme ganas e public\u00e1ronmo. Foi as\u00ed de f\u00e1cil\u00bb. Coa mesma sinxeleza p\u00faxose a correr marat\u00f3n: \u00ab\u00c9 un deporte que hai que afrontar s\u00f3, a min gustarme estar s\u00f3 e por iso p\u00faxenme a correr, con naturalidade, da mesma maneira que me puxen a escribir, a\u00ednda que non sei se te\u00f1o un don para facelo\u00bb. Para o autor de \u201cTras do solpor\u201d, estes son d\u00edas tranquilos porque acaba de entregar ao seu editor xapon\u00e9s un novo libro. Non explica o seu contido, pero asegura que \u00ab\u00e9 unha obra longa, escrita ao longo dos \u00faltimos dous anos\u00bb. Ser\u00e1 publicada en Xap\u00f3n en maio e, segundo o escritor, a\u00ednda non hai data para a traduci\u00f3n ao galego, \u00abporque \u00e9 unha obra moi extensa e non sei canto tardar\u00e1n en traducila\u00bb. O escritor asegurou que se atopaba feliz porque acabara o seu traballo de dous anos e explicou que, doutro xeito, \u00abnon poder\u00eda estar aqu\u00ed, perder\u00eda a concentraci\u00f3n precisa, pero agora [a obra] est\u00e1 acabada e entregada\u00bb, e Murakami pode gozar \u00abde estar en Santiago\u00bb. O escritor xapon\u00e9s, xunto con Lu\u00eds Landero, Molina Foix e Anxos Sumai, participar\u00e1 ao longo do d\u00eda nas actividades que o Rosal\u00eda de Castro desenvolve ao redor do San Clemente.<\/p>
F\u00f3ra do jazz e de The Beatles hai poucas coincidencias entre Murakami e o autor da entrevista. Murakami pasou por Santiago en 2009  e esta foi a conversa na que, se non lembro mal, non chegamos a sentarnos. Tampouco fomos correr.<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":378253,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":"","_members_access_role":[],"_members_access_error":""},"categories":[15],"tags":[],"class_list":["post-378169","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-entrevista"],"acf":[],"post_template":"entrevista","post_subscription":"no","pretitle":"","content_extract":"Haruki  Murakaki encheu o Casino de Santiago na noite de onte para presentar \u201cDe que estou a falar cando falo de correr\u201d , publicada por Galaxia. Foi o seu segundo acto do d\u00eda porque o primeiro, unha hora antes, ofreceuse no Instituto Rosal\u00eda de Castro, no que o escritor xapon\u00e9s tivo o primeiro contacto cos...","reading_data":{"word_count":"999","reading_seconds":"239","reading_time":{"minutes":3,"hours":0,"seconds":59},"reading_string":"3'59''","reading_human":"4 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":"Haruki Murakami"},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":{"action":"default","action_data":""},"categories_list":[{"name":"Entrevista","id":15,"slug":"entrevista","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/378169"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=378169"}],"version-history":[{"count":10,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/378169\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":378732,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/378169\/revisions\/378732"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/378253"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=378169"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=378169"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=378169"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}