{"id":386341,"date":"2023-07-01T16:24:03","date_gmt":"2023-07-01T14:24:03","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=386341"},"modified":"2023-08-17T18:52:58","modified_gmt":"2023-08-17T16:52:58","slug":"turbocomedia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2023\/07\/01\/turbocomedia-386341\/","title":{"rendered":"Turbocomedia"},"content":{"rendered":"<p class=\"wp-block-verse\">El avaro de Moli\u00e8re. Compa\u00f1\u00eda: Atalaya. Direcci\u00f3n, adaptaci\u00f3n: Ricardo Iniesta. Reparto: Carmen Gallardo, Selu Fern\u00e1ndez, Mar\u00eda Sanz, Enmanuel Garc\u00eda, Garazi Aldasoro, Silvia Garz\u00f3n, Ra\u00fal Vera, Lidia Mauduit. Mostra Internacional de Teatro C\u00f3mico e Festivo de Cangas\n\n<\/p><p>Da recente contemporaneidade narrativa hai d\u00faas cousas que est\u00e1n parecendo imposibles: que unha serie non conte\u00f1a imaxes de dron e que unha comedia non tire ao musical. Son d\u00faas cousas que funcionan ben, distraen os sentidos, pero est\u00e1n padecendo unha certa acumulaci\u00f3n \u00e1 que \u00e9 dif\u00edcil non rebelarse. Planos panor\u00e1micos por unha banda, humor e canci\u00f3ns pola outra. A seduci\u00f3n dos p\u00fablicos amplos e, en sentido m\u00e1is xeral, alixeirar o textual pola v\u00eda de refrescar a pantalla.<\/p><p>Para Atalaya a combinaci\u00f3n funciona nun&nbsp;<em>Avaro<\/em>&nbsp;que non ten tanta necesidade de ser o de Moli\u00e8re como ser unha comedia co turbo posto. A receita da comedia can\u00f3nica non leva cambiado tanto desde Moli\u00e8re a Wilder: un personaxe odiable, un enredo no que se van entrampando bos e malos como se o destino tivese certo sentido da xustiza e un final no que todo quede m\u00e1is ou menos ben organizado segundo os criterios da felicidade universal. A compa\u00f1\u00eda Atalaya cumpre con todos para manter o gui\u00f3n do cl\u00e1sico e logo engade unhas velocidades propias de coches conducidos por presidentes dunha deputaci\u00f3n calquera.<\/p><p>\u00c9 causa com\u00fan entre espectador@s que as proezas esc\u00e9nicas acaban identificadas coas profundidades dos dramas. Ese requirimento que, en aparencia, obriga a quen interpreta a rebuscar no interior argumentos da condici\u00f3n humana dif\u00edciles de utilizar. A minusvaloraci\u00f3n case permanente do nivel interpretativo que require a comedia demostra o mesmo que demostra o presente electoral: que parece m\u00e1is f\u00e1cil decidir desde a tripa que desde o cerebro. Mellor as hormonas que as neuronas. Estar\u00eda ben darlle volta ou equiparar ou reivindicar que a comedia ten que ser un acto de intelixencia e o drama, simplificando, pode resultar de certa falta de identificaci\u00f3n correcta das emoci\u00f3ns.<\/p><p>Atalaya corre moito detr\u00e1s da comedia. Corre detr\u00e1s do argumento e das situaci\u00f3ns dos seus personaxes. Corre facendo sucesivas carreiras de cen metros, como quen vai sprintando de cadro en cadro para non lle dar ao p\u00fablico a oportunidade de botar p\u00e9 a terra. Empata as metas coas sa\u00eddas e volve botar outra carreira. En m\u00e1is dun sentido \u00e9 unha comedia atl\u00e9tica porque un f\u00edsico preparado si que necesita. Non \u00e9 seguro que na pr\u00e1ctica das compa\u00f1\u00edas coet\u00e1neas ao autor franc\u00e9s a velocidade fose un recurso utilizado, pero \u00e9 verdade que o teatro faise para os espectador@s de cada tempo e agora a velocidade televisiva forma parte da sintaxe esc\u00e9nica.&nbsp;<\/p><p>A virtude de este&nbsp;<em>Avaro<\/em>&nbsp;\u00e9 manter a claridade do enredo e usar o turbo. A m\u00fasica axuda para ir pasando pantallas e dar un respiro ao p\u00fablico a\u00ednda que non aos int\u00e9rpretes. Unha demostraci\u00f3n das esixencias do x\u00e9nero e de como o p\u00fablico da Mostra pode sentirse reconciliado co xeito de facer comedia despois da err\u00e1tica representaci\u00f3n de&nbsp;<em>El libro del buen amor<\/em>, de Guirigay teatro.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>El avaro de Moli\u00e8re. Compa\u00f1\u00eda: Atalaya. Direcci\u00f3n, adaptaci\u00f3n: Ricardo Iniesta. Reparto: Carmen Gallardo, Selu Fern\u00e1ndez, Mar\u00eda Sanz, Enmanuel Garc\u00eda, Garazi Aldasoro, Silvia Garz\u00f3n, Ra\u00fal Vera, Lidia Mauduit. Mostra Internacional de Teatro C\u00f3mico e Festivo de Cangas Da recente contemporaneidade narrativa hai d\u00faas cousas que est\u00e1n parecendo imposibles: que unha serie non conte\u00f1a imaxes de dron &hellip;<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":386357,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[30],"tags":[],"class_list":["post-386341","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-critica"],"acf":[],"post_template":"default","post_subscription":"no","pretitle":"","content_extract":"El avaro de Moli\u00e8re. Compa\u00f1\u00eda: Atalaya. Direcci\u00f3n, adaptaci\u00f3n: Ricardo Iniesta. Reparto: Carmen Gallardo, Selu Fern\u00e1ndez, Mar\u00eda Sanz, Enmanuel Garc\u00eda, Garazi Aldasoro, Silvia Garz\u00f3n, Ra\u00fal Vera, Lidia Mauduit. Mostra Internacional de Teatro C\u00f3mico e Festivo de Cangas Da recente contemporaneidade narrativa hai d\u00faas cousas que est\u00e1n parecendo imposibles: que unha serie non conte\u00f1a imaxes de dron...","reading_data":{"word_count":"494","reading_seconds":"118","reading_time":{"minutes":1,"hours":0,"seconds":58},"reading_string":"1'58''","reading_human":"2 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":{"action":"default","action_data":""},"categories_list":[{"name":"Cr\u00edtica","id":30,"slug":"critica","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/386341"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=386341"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/386341\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":386382,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/386341\/revisions\/386382"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/386357"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=386341"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=386341"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=386341"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}