{"id":387004,"date":"2023-07-02T18:31:06","date_gmt":"2023-07-02T16:31:06","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=387004"},"modified":"2023-08-17T18:52:48","modified_gmt":"2023-08-17T16:52:48","slug":"movemen","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2023\/07\/02\/movemen-387004\/","title":{"rendered":"Movemento de humor"},"content":{"rendered":"<p class=\"wp-block-verse\">Malditas plumas. Compa\u00f1\u00eda: Sol Pic\u00f3. Autor\u00eda, direcci\u00f3n e interpretaci\u00f3n: Sol Pic\u00f3. Textos: Cristina Morales, Francisco Casavella, Heirinch B\u00f6ll. Interpretaci\u00f3n musical: Miquel Malirach. Mostra Internacional de Teatro C\u00f3mico Festivo de Cangas<\/p><p>Hai veces que as contas cadran. Vai calor no ver\u00e1n, Indiana Jones volve enfrontarse aos nazis e a danza contempor\u00e1nea busca no humor un material combustible que mova os p\u00fablicos. Que na Mostra de Cangas haxa humor xa deber\u00eda estar descontado, que un espect\u00e1culo de danza acabe por ser unha combinaci\u00f3n de comedia case monologal, homenaxe a disciplinas perdidas na xenealox\u00eda do movemento e un repaso a como se relaciona a contempor\u00e1nea co resto do mundo \u00e9 un sinal de que os tempos andan revoltos e hai d\u00edas que \u00e9 para ben.<\/p><p><em>Malditas plumas<\/em>&nbsp;non \u00e9 un espect\u00e1culo de humor. E Sol Pic\u00f3 non \u00e9 unha artista da comedia. O humor \u00e9 unha ferramenta de relaci\u00f3n masiva e quizais por iso aparece en espect\u00e1culos dispares pero coa mesma finalidade: permitir que @s espectador@s encontren unha v\u00eda de comunicaci\u00f3n coas historias sen o peso da transcendencia, sen a obriga moral da identificaci\u00f3n, coa fant\u00e1stica circunstancia de que o humor \u00e9 capaz de alixeirar a comunicaci\u00f3n sen restar datos, sen coutar a historia.&nbsp;<br><br>A revisi\u00f3n de Sol Pic\u00f3 da vida das vedettes sen \u00e9xito utiliza o humor para poder navegar entre os dous puntos de interpretaci\u00f3n posible: a revisi\u00f3n nost\u00e1lxica dunha persoa coas s\u00faas aspiraci\u00f3ns e a descrici\u00f3n dun mundo que, en realidade, ten o seu de miserable, de escravo ou de ter asumido moitas das etiquetas da caspa cultural. A bailarina busca un espazo nese percorrido no que queden a distancia as sentenzas morais, as opini\u00f3ns inmediatas, os prexu\u00edzos culturetas. Ao mesmo tempo, quere reservar un lugar no que a aproximaci\u00f3n non resulte inxenua e quede claro que desde a danza contempor\u00e1nea pode conectarse coas vedettes sen minusvalorar e sen mitificar. Por iso o humor, porque \u00e9 o \u00fanico c\u00f3digo no que \u00e9 posible combinalo todo e que o p\u00fablico permaneza enganchado.<\/p><p>Sol Pic\u00f3 danza. Porque a iso \u00e9 ao que veu. Igual que fai co humor, vai relacionando os movementos das artistas das variedades e a danza contempor\u00e1nea. Hai doses de tenrura e todos os apuntes dunha actividade tir\u00e1nica para quen a practica. Sin esquivar que hai unha proximidade f\u00edsica entre as d\u00faas actividades. Unha conexi\u00f3n de padecemento laboral. Pic\u00f3 disolve as posibles melancol\u00edas co humor, pero hai unha relaci\u00f3n que quere evidenciar: utilizamos demasiado frivolamente a valoraci\u00f3n xerarquica das cousas. As relaci\u00f3ns entre a revista e a contempor\u00e1nea que vai mobilizando durante a peza, e mesmo co ballet cl\u00e1sico, devolven o p\u00fablico a un lugar no que a atenci\u00f3n vai sobre o feito, non sobre as valoraci\u00f3ns culturais.<\/p><p>O humor est\u00e1 utilizado para non facer discurso emocional. Para distanciar a reacci\u00f3n emotiva. Igual que para Indiana Jones o humor vale para rebaixar a condici\u00f3n violenta de cada escena de acci\u00f3n. E a\u00ednda que despois de xogar cos t\u00f3picos do seu propio traballo e decidir po\u00f1erse lixeiramente seria na coda poida parecer que a confianza no humor non \u00e9 infinita, a realidade do asunto \u00e9 que a obra cadra e deixa o espectador no espazo de entender que calquera pode querer ser algo para o que non est\u00e1 dotado, que fracaso e \u00e9xito son conceptos morais e que nunca \u00e9 intelixente votar en contra dos teus propios intereses.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Malditas plumas. Compa\u00f1\u00eda: Sol Pic\u00f3. Autor\u00eda, direcci\u00f3n e interpretaci\u00f3n: Sol Pic\u00f3. Textos: Cristina Morales, Francisco Casavella, Heirinch B\u00f6ll. Interpretaci\u00f3n musical: Miquel Malirach. Mostra Internacional de Teatro C\u00f3mico Festivo de Cangas Hai veces que as contas cadran. Vai calor no ver\u00e1n, Indiana Jones volve enfrontarse aos nazis e a danza contempor\u00e1nea busca no humor un material &hellip;<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":387023,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[30],"tags":[],"class_list":["post-387004","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-critica"],"acf":[],"post_template":"default","post_subscription":"no","pretitle":"","content_extract":"Malditas plumas. Compa\u00f1\u00eda: Sol Pic\u00f3. Autor\u00eda, direcci\u00f3n e interpretaci\u00f3n: Sol Pic\u00f3. Textos: Cristina Morales, Francisco Casavella, Heirinch B\u00f6ll. Interpretaci\u00f3n musical: Miquel Malirach. Mostra Internacional de Teatro C\u00f3mico Festivo de Cangas Hai veces que as contas cadran. Vai calor no ver\u00e1n, Indiana Jones volve enfrontarse aos nazis e a danza contempor\u00e1nea busca no humor un material...","reading_data":{"word_count":"558","reading_seconds":"133","reading_time":{"minutes":2,"hours":0,"seconds":13},"reading_string":"2'13''","reading_human":"2 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":{"action":"default","action_data":""},"categories_list":[{"name":"Cr\u00edtica","id":30,"slug":"critica","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/387004"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=387004"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/387004\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":387133,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/387004\/revisions\/387133"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/387023"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=387004"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=387004"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=387004"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}