{"id":398394,"date":"2023-09-01T16:35:20","date_gmt":"2023-09-01T14:35:20","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=398394"},"modified":"2025-01-08T18:26:10","modified_gmt":"2025-01-08T17:26:10","slug":"city-of-westminster","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2023\/09\/01\/city-of-westminster-398394\/","title":{"rendered":"City of Westminster"},"content":{"rendered":"
Tres meses despois de comezar a traballar\u00a0a s\u00faa nai apareceulle na casa cun xiradiscos. Nin sequera escoitaba moito a radio. A nai entrou no cuarto no que viv\u00eda como adulto en pr\u00e1cticas e pousou o aparello, unhas salchichas e unhas latas de xud\u00edas para compo\u00f1er, xunto a coqueta e o fog\u00f3n, un pequeno bodeg\u00f3n de vida enlatada. El sorr\u00edu entre obrigado e conmovido e preguntou: vasme regalar tam\u00e9n os discos? <\/p>
Pasou un mes. Acabaron as salchichas, acabaron as xud\u00edas. O tocadiscos segu\u00eda sen estrear. Desde o cuarto ata o traballo hab\u00eda milla e media de distancia sen demasiado interese comercial. Aliment\u00e1base no pub e non gastaba en case nada m\u00e1is. A nai mandou aviso de que pasar\u00eda catro d\u00edas despois a facer visita e repo\u00f1er algo para vitaminar e mineralizar. Mirou a despensa baleira, mirou o tocadiscos e deulle vergo\u00f1a. Hab\u00eda que remediar tanta falta.<\/p>
Traballar toda a semana e na tarde do s\u00e1bado viaxar ata o centro. Era un plan de vida seguro pero limitado. Grove End Gardens era un condominio exclusivo. En St John\u2019s Wood, no noroeste de Londres, un barrio rico, respectable, coas s\u00faas persoas importantes, os xard\u00edns coidadosamente traballados, unha sinagoga e unha igrexa baptista marcando as horas con moita disciplina. Sen tabernas nin comercios. O edificio fac\u00eda forma de cruz estragada polos golpes, torcida na base e amputada unha das alas. No interior viv\u00edan alg\u00fans m\u00e9dicos con certo prestixio, directivos da City, algunha nobreza intermedia e un deputado conservador. El non viv\u00eda al\u00ed. Hab\u00eda tempo que se transformaran as vivendas da servidume por residencias para alugar. Quizais os propietarios pensasen que non era o m\u00e1is do que Londres pod\u00eda ofrecer, pero para el hab\u00eda algo indecente en que a xente  puidese pagar esas facturas. Non o ti\u00f1a argumentado politicamente, era intuici\u00f3n. A s\u00faa ocupaci\u00f3n \u00eda desde a caldeira ao c\u00e9spede, mover lixo, recompo\u00f1er portas, ama\u00f1ar cables. Levaba pouco tempo, non co\u00f1ec\u00eda ben o edificio, nin aos residentes, nin a vida nunha cidade inmensa. Tampouco se co\u00f1ec\u00eda ben a si mesmo.\u00a0<\/p>
A un dia da visita da s\u00faa proxenitora comezou a cami\u00f1ar cara ao centro da cidade buscando unha tenda de discos. Se \u00e1s limitaci\u00f3ns econ\u00f3micas se engade o desco\u00f1ecemento nos desprazamentos o resultado \u00e9 andar. Cami\u00f1ar \u00e9 a suma de non desesperarse cos tempos e colocar un p\u00e9 despois do outro. Nunha cidade sucede o esperado, conforme o centro est\u00e1 m\u00e1is pr\u00f3ximo hai m\u00e1is xente e a vida \u00e9 m\u00e1is cara. Segundo as persoas \u00edan mellor vestidas e parec\u00edan m\u00e1is despreocupadas veulle a idea de que non co\u00f1ec\u00eda os gustos musicais da s\u00faa nai. Vergo\u00f1a maior. Non sab\u00eda nada dela. Ag\u00e1s que sempre estaba a\u00ed. Era tranquila e pr\u00e1ctica. A s\u00faa nai aseguraba que aquel era un bo traballo para el. Ao quente e ao colleito. Nin mal pagado de pasar fame nin ben pagado que lle escapase a cabeza.<\/p>
Oxford Street non gardaba relaci\u00f3n co seu traballo: a xente coa que se cruzaba parec\u00eda mellor. El era do norte e todo lle resultaba escollido e caro, incluso a querenza dos monumentos polo dourado. Quizais estaba perdido. En Bond Street xirou \u00e1 dereita e deu coa tenda do can e o gram\u00f3fono. Hab\u00eda unha certa axitaci\u00f3n no interior, a que precede a felicidade como desculpa para gastar cartos. <\/p>
O obxectivo era escoller un disco que po\u00f1er cando a s\u00faa nai entrase pola porta. Descartou un pequeno porque a visita non ser\u00eda de chegar e marchar. Un disco grande. Que pareza que todo vai ben, que hai disposici\u00f3n a gastar, que o mundo xira a ese tama\u00f1o. Mirou para os carteis estrados polo espazo: Sinatra, Brenda Lee, Four Seasons. Cliff Richard aparec\u00eda na televisi\u00f3n do bar e pode que Helen Shapiro cantase algunha vez na s\u00faa cidade. A s\u00faa nai non \u00eda a concertos. A tenda era verdadeiramente xigantesca para o tama\u00f1o dos seus co\u00f1ecementos musicais. Descartou a impostura de po\u00f1er m\u00fasica cl\u00e1sica porque a nai entender\u00eda con desconfianza que era disimulo. Entrar nunha cabina a probar discos d\u00e1balle preguiza porque non se lle ocorreu ata ese mesmo intre que tivese que ter gustos musicais ou unha idea de m\u00fasica. Que a m\u00fasica fose algo. A m\u00fasica quer\u00eda dicir, neste caso, estoume facendo da cidade, estou progresando. Grandes males, grandes remedios. Preguntou ao dependente:
-Que disco deber\u00eda estar mercando agora?
-Terceiro estante, o dos catro rapaces asomados a unha varanda.
-Este? Un nome sen sentido.
-Divertido.<\/p>
Sa\u00edu sen saber se o divertido era o nome ou o grupo. Ou as d\u00faas cousas. Ou que a xente mercase. Volveu da feira como foi a ela, cami\u00f1ando. Era noite de s\u00e1bado. En Londres uns \u00edan e outros vi\u00f1an do teatro. Conforme se achegaba a casa, a xente deixaba os restaurantes polos pubs. <\/p>
Domingo. 10:30 AM. Timbre, porta, a nai entra con paquetes nas mans. Sorr\u00ed algo menos do que el esperaba. Non peches que est\u00e1 subindo teu pai\u2026 Non hai domingo bo. A nai colocou as salchichas no oco das salchichas, o touci\u00f1o no lugar onde debera haber touci\u00f1o, os ovos no lugar previsto para a forma dos ovos e unhas cantas latas que subiu a parte alta da alacena para que o fillo non fose ao f\u00e1cil sen esforzo. O pai pechou a porta con br\u00edo para ver en que condici\u00f3ns viv\u00eda algu\u00e9n que non fixo por ser avogado. A pesar da nube negra paterna seguiu co plan. Colleu o disco co nome raro, chantouno sobre o prato, desprazou o brazo, pousou a agulla no primeiro suco para que fose indo ao rego. <\/p>
One, two, three, four…<\/p>
A nai volveuse a escoitar e d\u00edxolle ao pai, que entraba no cuarto, son os mozos de negro eses que sa\u00edron onte na televisi\u00f3n, que casualidade! Non rosmes outra vez. O fillo non deu feito a cadrar a conversa coa fervenza de entusiasmo que chegaba dos altofalantes mentres a nai sorr\u00eda polo bo xeito que \u00eda tendo o seu descendente. Na actitude do pai quedaba inm\u00f3bil un pasado con cara de decepci\u00f3n permanente.
<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"
Tres meses despois de comezar a traballar\u00a0a s\u00faa nai apareceulle na casa cun xiradiscos. Nin sequera escoitaba moito a radio. A nai entrou no cuarto no que viv\u00eda como adulto en pr\u00e1cticas e pousou o aparello, unhas salchichas e unhas latas de xud\u00edas para compo\u00f1er, xunto a coqueta e o fog\u00f3n, un pequeno bodeg\u00f3n de …<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":398409,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[393],"tags":[],"class_list":["post-398394","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-sesenta"],"acf":[],"post_template":"narrativa","post_subscription":"no","pretitle":"","content_extract":"Tres meses despois de comezar a traballar\u00a0a s\u00faa nai apareceulle na casa cun xiradiscos. Nin sequera escoitaba moito a radio. A nai entrou no cuarto no que viv\u00eda como adulto en pr\u00e1cticas e pousou o aparello, unhas salchichas e unhas latas de xud\u00edas para compo\u00f1er, xunto a coqueta e o fog\u00f3n, un pequeno bodeg\u00f3n de...","reading_data":{"word_count":"991","reading_seconds":"237","reading_time":{"minutes":3,"hours":0,"seconds":57},"reading_string":"3'57''","reading_human":"4 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":{"action":"default","action_data":""},"categories_list":[{"name":"Sesenta","id":393,"slug":"sesenta","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/398394"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=398394"}],"version-history":[{"count":17,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/398394\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":473538,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/398394\/revisions\/473538"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/398409"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=398394"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=398394"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=398394"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}