{"id":41795,"date":"2021-03-09T18:26:57","date_gmt":"2021-03-09T17:26:57","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=41795"},"modified":"2021-12-03T19:00:19","modified_gmt":"2021-12-03T18:00:19","slug":"a-critica-non-foi-o-peor-do-teatro-galego","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2021\/03\/09\/a-critica-non-foi-o-peor-do-teatro-galego-41795\/","title":{"rendered":"A cr\u00edtica non foi o peor do teatro galego"},"content":{"rendered":"<p>\u201cA cr\u00edtica non \u00e9 o peor do teatro galego\u201d. A frase \u00e9 dun cr\u00edtico de teatro, pronunciada contra finais da d\u00e9cada do 2000 e, ao tempo de ter un car\u00e1cter preventivo, encobre unha falsidade despachada como inxenua. Nesa altura, como agora, hai que entender que se algo non \u00e9 o peor de algo \u00e9 que os dous elementos forman parte dun mesmo conxunto. Pero non. A cr\u00edtica nunca formou parte do conxunto teatral. Nos \u00faltimos corenta anos a cr\u00edtica foi moitas cousas, pero nunca estivo integrada como parte dun sistema esc\u00e9nico demasiado centrado no inmediato. A cr\u00edtica foi unha sospeitosa habitual, unha reclamaci\u00f3n permanente, un argumento complementario para congresos, semanas, festivais, mostras e debates esc\u00e9nicos. Foi moitas cousas, pero nunca acabou de formar parte dun conxunto que a precisaba como altofalante pero non como unha xeradora de argumentario.<\/p><p>Nestes anos falamos demasiado da cr\u00edtica. Entramos no paradoxo de que mentres a cr\u00edtica tentaba falar de teatro, o teatro quer\u00eda falar da cr\u00edtica coma quen pretende saldar contas pendentes coa familia. Falamos demasiado de cr\u00edtica porque \u00e9 co\u00f1ecido que unha vez que o teatro abandona o escenario, o primeiro do que se preocupa \u00e9 dos espellos. E ao mirarse no espello da cr\u00edtica, o esc\u00e9nico&nbsp;&nbsp;entrou no bucle de reclamar unha cr\u00edtica, outra cr\u00edtica, sen aceptar a que hab\u00eda. Unha cr\u00edtica cunhas habilidades que o propio teatro non manexaba. Ped\u00edan, sen acabar de explicalo, unha cr\u00edtica feita \u00e1 medida das compa\u00f1\u00edas, das obras, das s\u00faas circunstancias, das s\u00faas limitaci\u00f3ns, que aceptase un sistema m\u00e9trico particular: medir todo coa suposta escusa de que en Galicia todo \u00e9 m\u00e1is dif\u00edcil, pasar todo por un filtro resumido nunha frase escoitada noutro debate do Diario Cultural moitos anos atr\u00e1s: \u201cpara ser galego est\u00e1 bastante ben\u201d. Non o citou algu\u00e9n desprevido. Foi algu\u00e9n con interlocuci\u00f3n, co\u00f1ecemento e ata dir\u00eda con certo mando en praza. Todo o mundo quer\u00eda unha ou outra actitude da cr\u00edtica. Uns quer\u00edan m\u00e1is dureza coas compa\u00f1\u00edas grandes para que non se despistasen, outras quer\u00edan m\u00e1is cr\u00edtica coas compa\u00f1\u00edas novas para que non se desviasen. Houbo quen quer\u00eda que se falase m\u00e1is dos int\u00e9rpretes e hab\u00eda quen propu\u00f1a un sistema num\u00e9rico que, finalmente, resumise a cr\u00edtica do 1 a 5, sendo cinco a m\u00e1is alta. Todos quer\u00edan unha cousa ou outra, pero case ningu\u00e9n quer\u00eda o que hab\u00eda. A outra coincidencia era que \u2018a profesi\u00f3n\u2019 quer\u00eda cr\u00edticas formalmente boas e, sobre todo, que se entendesen ben: o texto ben, o elenco ben, os decorados ben, a obra ben. Se o cometido da cr\u00edtica \u00e9 non deixar a ningu\u00e9n contento, a cr\u00edtica esc\u00e9nica galega cumpriu. Case toda.<\/p><p>Quizais todo isto sucedeu as\u00ed porque a relaci\u00f3n entre teatro e cr\u00edtica nunca deixou de ser biol\u00f3xica e o teatro galego, tan necesitado de normalizaci\u00f3n, pretend\u00eda como estrat\u00e9xica unha cr\u00edtica sat\u00e9lite, formulada da maneira m\u00e1is convencional posible e que, en certo sentido, fose unha muleta para salvar alg\u00fans problemas que o propio \u2018sector\u2019 non consegu\u00eda solventar con facilidade. Non se pode dicir que o teatro galego mante\u00f1a unha relaci\u00f3n regular co p\u00fablico. Non como conxunto. \u00c9 unha relaci\u00f3n insegura, baseada no desco\u00f1ecemento mutuo. E, ag\u00e1s que o arranxe Meetic, con certa desgana por co\u00f1ecerse.&nbsp;<\/p><p>En recapitulaci\u00f3n hist\u00f3rica, o teatro galego priorizou organizar a profesi\u00f3n antes que calquera outra cousa. Organizar quere dicir darlle estabilidade, reco\u00f1ecemento e, como en calquera outra profesi\u00f3n, salarios. Non foi primeiro o p\u00fablico, primeiro foi a profesi\u00f3n. Hab\u00eda motivos para actuar as\u00ed. Estou seguro de que estaban seguros de que tendo unha profesi\u00f3n os espectadores aparecer\u00edan. Cantos m\u00e1is anos pasan m\u00e1is se demostra de que non funcionou. Non para o conxunto.&nbsp;&nbsp;Na historia do teatro galego hai unha certa incomodidade co p\u00fablico. Como se no fondo, pero non moi no fondo, ese fose un asunto doutro negociado. Unha incomodidade rondada pola idea de que con facer teatro \u00e9 suficiente. Que todos os traballos que unha obra require non poden asumir tam\u00e9n manter unha relaci\u00f3n co p\u00fablico e coas s\u00faas azarosas e, por veces, simples querenzas. Unha actitude que, de cando en vez,&nbsp;&nbsp;quer\u00eda resumirse nunha frase sectorial: \u201cn\u00f3s facemos teatro, o resto non \u00e9 cousa nosa\u201d. Como se verdadeiramente o p\u00fablico non fose un asunto teatral. Poder\u00eda ter sido escapismo, imposibilidade, acomodamento e alg\u00fan caso de desaforada soberbia art\u00edstica. En conxunto, foi un fracaso manobrar coa idea de que o p\u00fablico non ten nada que dicir e que a s\u00faa pasividade na butaca responde a unha actitude pasiva culturalmente.&nbsp;<\/p><p>Nun sentido non demasiado metaf\u00f3rico, a relaci\u00f3n co p\u00fablico foi subcontratada polo teatro galego. Mand\u00e1rona a outras instituci\u00f3ns: conseller\u00edas, axencias, institutos, e tam\u00e9n, como era procedente, aos medios de comunicaci\u00f3n. Mand\u00e1rona ao deber c\u00edvico da cidadan\u00eda e tam\u00e9n \u00e1 cr\u00edtica, como unha aparente autoridade que deb\u00eda prescribir a asistencia ao teatro no sentido m\u00e1is positivo dos posibles. Unha autoridade que a cidadan\u00eda deber\u00eda reco\u00f1ecer pero que, de feito, o mesmo sector esc\u00e9nico non quer\u00eda entender como tal.<\/p><p>Nun sentido moi amplo p\u00f3dese entender que a irregular relaci\u00f3n do sector esc\u00e9nico galego cos espectadores foi tam\u00e9n a irregular relaci\u00f3n do sector coa cr\u00edtica. Coa singularidade de que \u00e9 moito m\u00e1is f\u00e1cil levarse mal cuns poucos que cun colectivo ao que deber\u00edas estar seducindo para que pague por verte. O paralelismo revela un dos malos entendidos xeralizados do que \u00e9 a cr\u00edtica e onde est\u00e1 encadrada. Para unha parte considerable do sector esc\u00e9nico, a cr\u00edtica \u00e9 un ap\u00e9ndice que \u2018debe\u2019 estar a\u00ed. Que \u2018debe entender\u2019 as estratexias propias do sector e orientarse a elas. Pero a cr\u00edtica non forma parte do teatro. A cr\u00edtica forma parte do p\u00fablico. Se \u2018debe\u2019 entender algo, deben ser as estratexias do p\u00fablico. Se debe entender de algo \u00e9 da recepci\u00f3n, non da produci\u00f3n. Forma parte do colectivo espectador e quizais por iso a cr\u00edtica se fai en medios de comunicaci\u00f3n e non en escenarios. \u00c9 un erro que unhas veces \u00e9 moi interesado e outras moi molesto.<\/p><p>Situados no medio do erro e envolvidos polas estratexias das necesidades do sector, a cr\u00edtica ti\u00f1a que ser a soluci\u00f3n a unha eiva. Deb\u00eda ser parte dunha soluci\u00f3n que nalgunhas mesas redondas asomaba baixo a palabra complicidade, que en hip\u00f3tese reduc\u00edase a distancia que se abr\u00eda entre os p\u00fablicos e as ofertas das compa\u00f1\u00edas. Non hab\u00eda pregunta previa, non hab\u00eda ning\u00fan apuntamento sobre se aquel era o teatro que correspond\u00eda na altura, se entregar a escena galega ao teatro isabelino ti\u00f1a sentido, se proced\u00edan as alianzas con compa\u00f1\u00edas portuguesas, se o teatro galego estaba acertando no seu repertorio. Non hab\u00eda preguntas, pero hab\u00eda un ditame: a cr\u00edtica deb\u00eda ser parte da soluci\u00f3n. En ning\u00fan caso formar parte do diagn\u00f3stico.<\/p><p>A cr\u00edtica foi entendida como unha actividade subalterna ao teatro ou \u00e1 calquera actividade sobre a que fale. Hai unha relaci\u00f3n xer\u00e1rquica, a dicir de quen asume o cualificativo de creador para si propio, na que en m\u00e1is dun sentido a cr\u00edtica debe asumir os obxectivos estrat\u00e9xicos e por veces tam\u00e9n os t\u00e1cticos dese x\u00e9nero ao que, en calquera caso, non pertence. O \u2018sector\u2019 considerou que a cr\u00edtica era unha actividade que depend\u00eda da s\u00faa existencia e que deb\u00eda entender esta relaci\u00f3n subordinada. Nun sentido algo prosaico, a misi\u00f3n da cr\u00edtica era acompa\u00f1ar o cami\u00f1o do teatro para ben. Nun sentido algo m\u00e1is sarc\u00e1stico, a cr\u00edtica ti\u00f1a que dedicarse \u00e1 cultura dos coidados.<\/p><p>\u00c9 verdade que nos anos noventa e dous mil a cr\u00edtica de teatro en Galicia manti\u00f1a unha actitude moi diferente da cr\u00edtica de calquera x\u00e9nero e da de literatura en particular. Roberto Vidal Bola\u00f1o explicou nun debate sobre a cr\u00edtica no Diario Cultural, que daquela exist\u00eda, que pod\u00eda resultar \u201cinxusto para o teatro que mentres calquera libro recib\u00eda unhas cr\u00edticas laudatorias ou cando menos amables, no teatro a cr\u00edtica era moit\u00edsimo m\u00e1is inc\u00f3moda. Parec\u00eda que na literatura galega non houbese libros malos, pero si hab\u00eda obras de teatro malas\u201d. Bola\u00f1o sab\u00eda, tam\u00e9n, que esa culpa non era da cr\u00edtica de teatro.<\/p><p><strong>Apuntalar e non apuntar<\/strong><\/p><p>No per\u00edodo que durou a cultura auton\u00f3mica, imos po\u00f1er que entre 1984 e 2014 por escoller cifras redondas, a cr\u00edtica esc\u00e9nica veu sendo un exercicio voluntario. Isto supu\u00f1a que ou ben a exerc\u00edan profesionais dos medios que utilizaban o seu tempo ou o tempo extra en cumprir coas s\u00faas autoimpostas obrigas na cr\u00edtica, ou ben persoas que proced\u00edan da contorna do mundo esc\u00e9nico e que, como mellor opci\u00f3n, pod\u00edan considerar a p\u00fablicaci\u00f3n da cr\u00edtica como outro medio de facer curr\u00edculo. Entre estes dous puntos, hab\u00eda poucas excepci\u00f3ns. Non como sistema. Nestas tres d\u00e9cadas, que poder\u00edan ser catro se estiramos un pouco as datas, non houbo grandes cambios na cr\u00edtica en Galicia porque era escasa, a\u00ednda que persistente, e non ti\u00f1a moitas facilidades operativas. Para publicar unha cr\u00edtica hai que insistirlle ao medio de comunicaci\u00f3n. O medio nunca as reclama. Este era m\u00e1is ou menos o sistema. Non houbo moitas incorporaci\u00f3ns porque, como dic\u00eda un director e actor galego,&nbsp;&nbsp;ning\u00fan neno esperta unha ma\u00f1\u00e1 e lles di aos pais: quero ser cr\u00edtico de teatro.<\/p><p>Todas esta dificultades e algunhas outras m\u00e1is pr\u00f3ximas \u00e1 barra dun bar te\u00f1en un punto folcl\u00f3rico. Pero conforman unha paisaxe na que se move a cr\u00edtica cunha certa incomodidade de paso. A incomodidade de que finalmente a cr\u00edtica non pod\u00eda ser considerada como un x\u00e9nero e que, polo tanto, puidese establecer as s\u00faas propias condici\u00f3ns de funcionamento, que puidese madurar no sentido que mellor decidise e tivese como opci\u00f3n escoller os seus propios significantes. Isto non se acabou de entender no sector a pesar de que a profesi\u00f3n estaba afeita a traballar con interpretaci\u00f3ns, a traballar coa sem\u00e1ntica das palabras e con ese arco tenso de saber que as cousas se fan para seren interpretadas. Os espectadores pareceron entendelo mellor que o sector esc\u00e9nico.<\/p><p>No mundo teatral hai unha admiraci\u00f3n inxenua polas \u2018boas cr\u00edticas\u2019 que adoitan ser as que est\u00e1n peor escritas. Hai m\u00e1is partidarios da simpleza que da sinxeleza. Como dic\u00eda o director dun xornal: \u201csuxeito, verbo e predicado\u201d. Se a cr\u00edtica tenta reco\u00f1ecerse a si mesma como linguaxe non gusta na profesi\u00f3n, porque hai medo de que en lugar de levar espectadores \u00e1 funci\u00f3n sexan enviados a unha biblioteca. Ou a Twitter. A cr\u00edtica non pode ter o nivel dial\u00e9ctico do teatro. Hai un disgusto cando a cr\u00edtica utiliza para explicarse o mesmo aparello literario que utilizou o teatro para contar a obra. E isto ten que levantar sospeitas sobre como o teatro entende o traballo da cr\u00edtica.<\/p><p><strong>Dependencias<\/strong><\/p><p>Os espectadores adoitan entender mellor a cr\u00edtica que os profesionais porque dependen moito menos dela. A dependencia \u00e9 un f\u00edo que altera todas as percepci\u00f3ns. En moit\u00edsimos sentidos, a cr\u00edtica non dependeu nunca de como lle fose ao teatro. Depende moito m\u00e1is de como lle vaia aos medios de comunicaci\u00f3n, de como lles vaia aos lectores, aos espectadores. Depende de como lle vaia a unha sociedade na que est\u00e1 encadrada nun punto moi residual. E moi precario.<\/p><p>Hai moitos xeitos de entender a cr\u00edtica. Pero quizais o debate \u00e9 como se concibe a si propia. A cr\u00edtica non acad\u00e9mica, quero dicir. A esta haber\u00eda que buscarlle outro nome para que os estudosos non se po\u00f1an en p\u00e9 nas mesas redondas a reclamar. Nun sentido moi xeral, a cr\u00edtica, toda ela, tam\u00e9n a de teatro, \u00e9 unha continuaci\u00f3n do periodismo por outros medios. Desde o seu nacemento ata agora non se alterou tanto o seu car\u00e1cter. Hai que contar algo que sucede e hai que contar algo de como sucede e do significado que ten. Neste m\u00e9todo aparentemente simple hai outro elemento que a cr\u00edtica literaria esqueceu e co que nin sequera contan a cr\u00edtica de arte ou a musical: a idea de que todo feito cultural debe ser relacionado coa sociedade na que se produce e co momento en que sucede. A cr\u00edtica teatral parece manter mellor a referencia de que o teatro, m\u00e1is que ningunha outra cousa, ten intenci\u00f3n de explicar que nos pasa e como nos pasa como colectivo. A cr\u00edtica de teatro deber\u00eda non perder esa referencia. Se o teatro non nos explica, para que serve o teatro? Se a cr\u00edtica non explica para que serve o teatro, para que serve a cr\u00edtica?<\/p><p>A cr\u00edtica \u00e9 unha continuaci\u00f3n do periodismo por outros medios. Pero hai algo no seu funcionamento que a converte nunha ferramenta cultural que a\u00ednda est\u00e1 operativa: a cr\u00edtica \u00e9 \u00e1 cultura o que a cultura \u00e9 \u00e1 sociedade. A cultura \u00e9 a memoria da sociedade, a cr\u00edtica \u00e9 a memoria da cultura.&nbsp;&nbsp;Quizais non estea aqu\u00ed para resolver preguntas en branco e negro sobre si as obras son boas ou malas. Nin para decidir se un int\u00e9rprete estivo con m\u00e1is ou menos enerx\u00edas no seu papel. As pequenas angustias profesionais non entran no labor da cr\u00edtica, do mesmo xeito que a incomodidade propia de facer cr\u00edtica hai que asumila como unha parte do traballo. \u00c9 un espazo de conflito e hai que entendelo as\u00ed. Hai que entendelo como haber\u00eda que ter entendido que o traballo da cr\u00edtica \u00e9 conseguir unha relaci\u00f3n propia cos seus p\u00fablicos.<\/p><hr class=\"wp-block-separator\"\/><p class=\"wp-block-verse\">Este texto foi p\u00fablicado no n\u00famero 100 da revista esc\u00e9nica Erreguet\u00e9. Inverno 2020<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>\u201cA cr\u00edtica non \u00e9 o peor do teatro galego\u201d. A frase \u00e9 dun cr\u00edtico de teatro, pronunciada contra finais da d\u00e9cada do 2000 e, ao tempo de ter un car\u00e1cter preventivo, encobre unha falsidade despachada como inxenua. Nesa altura, como agora, hai que entender que se algo non \u00e9 o peor de algo \u00e9 que os dous elementos forman parte dun mesmo conxunto. Pero non. A cr\u00edtica nunca formou parte do conxunto teatral. Nos \u00faltimos corenta anos a cr\u00edtica foi moitas cousas, pero nunca estivo integrada como parte dun sistema esc\u00e9nico demasiado centrado no inmediato. A cr\u00edtica foi unha sospeitosa habitual, unha reclamaci\u00f3n permanente, un argumento complementario para congresos, semanas, festivais, mostras e debates esc\u00e9nicos. Foi moitas cousas, pero nunca acabou de formar parte dun conxunto que a precisaba como altofalante pero non como unha xeradora de argumentario. <\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":41816,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[30],"tags":[35,175,176,177],"class_list":["post-41795","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-critica","tag-teatro","tag-critica-teatral","tag-teatro-galego","tag-critica-cultural"],"acf":[],"post_template":"narrativa","post_subscription":"no","pretitle":"teatro","content_extract":"\u201cA cr\u00edtica non \u00e9 o peor do teatro galego\u201d. A frase \u00e9 dun cr\u00edtico de teatro, pronunciada contra finais da d\u00e9cada do 2000 e, ao tempo de ter un car\u00e1cter preventivo, encobre unha falsidade despachada como inxenua. Nesa altura, como agora, hai que entender que se algo non \u00e9 o peor de algo \u00e9 que...","reading_data":{"word_count":"2169","reading_seconds":"520","reading_time":{"minutes":8,"hours":0,"seconds":40},"reading_string":"8'40''","reading_human":"9 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":{"action":"default","action_data":""},"categories_list":[{"name":"Cr\u00edtica","id":30,"slug":"critica","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/41795"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=41795"}],"version-history":[{"count":12,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/41795\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":133170,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/41795\/revisions\/133170"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/41816"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=41795"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=41795"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=41795"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}