{"id":43675,"date":"2021-03-12T21:26:03","date_gmt":"2021-03-12T20:26:03","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=43675"},"modified":"2021-03-23T10:55:11","modified_gmt":"2021-03-23T09:55:11","slug":"semana-inglesa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2021\/03\/12\/semana-inglesa-43675\/","title":{"rendered":"Semana Inglesa"},"content":{"rendered":"<p>A comer! A comer!&nbsp;<br>Unha voz infantil resoando por todo o patio de vivendas.&nbsp;<br>A comer! A comer!&nbsp;<\/p><p>De lonxe semellaba unha invitaci\u00f3n. Unha ma\u00f1\u00e1 de s\u00e1bado, a voz escapando entre o cemento das r\u00faas, alcanzando aos paseantes. A ma\u00f1\u00e1 dos s\u00e1bados,&nbsp;ese concepto de descanso que pronto desaparecer\u00e1. Ese d\u00eda de ir mercar, de rebuscar pola cidade&#8230; O d\u00eda dos pementos fritidos e das viaxes curtas. Como a historia dom\u00e9stica \u00e9 circular (a xeral \u00e9 el\u00edptica)&nbsp;houbo e haber\u00e1 uns s\u00e1bados de friameira&nbsp;nos que asomarse a un mar nos \u00faltimos d\u00edas de marzo. Como a historia dom\u00e9stica nunca marcha de todo, quedan s\u00e1bados de probarse pantal\u00f3ns en espazos estreitos e de comprobar que nunca estamos feitos como o resto do mundo, que falta perna e sobra cintura. Que hai que arremangarse para facer cadrar as cousas. As\u00ed no probador como na r\u00faa.&nbsp;&nbsp;<\/p><p>\u00c1s veces volve o arrecendo a tr\u00f3pico. Ou o cheiro, segundo os d\u00edas. Chega alg\u00fans mediod\u00edas de calor, sube polas paredes, agatu\u00f1a polo peito e, como a coca\u00edna, chega ata o cerebro en forma de estimulante. Pode ser&nbsp;Java&nbsp;ou&nbsp;Cartagena. Volve sen ter estado nunca aqu\u00ed. Ten que haber motivos qu\u00edmicos porque a memoria non \u00e9 unha excepci\u00f3n no comportamento humano. Pero atravesando un s\u00e1bado de agosto unha explanada entre d\u00faas sombras lev\u00e1ntase un vento de seda quente que parece vir doutro lugar.&nbsp;E a\u00ed o s\u00e1bado v\u00f3lvese vacaci\u00f3ns&nbsp;e a memoria obra polo nariz sen necesidade de utilizar eufemismos.&nbsp;&nbsp;<\/p><p>Houbo un tempo en que os s\u00e1bados libres foron unha conquista do proletariado, como unha medalla conseguida xeraci\u00f3n tras xeraci\u00f3n. Un pacto de non agresi\u00f3n entre a oferta e a demanda de descanso. Agora son un retorno. Pero todo isto haber\u00eda que dicilo sen poes\u00eda. Porque a poes\u00eda transforma as cousas, pero non \u00e9 sempre para ben. A poes\u00eda transforma a explicaci\u00f3n das cousas e n\u00f3s, que andamos sempre curtos de met\u00e1lico, pensamos que o cambia todo. Se a poes\u00eda cambiase todo, o mellor do mundo ser\u00eda ser poeta. O&nbsp;presidente da patronal de patronais non estar\u00eda para nada de acordo e tentar\u00eda baixar o salario dos poetas para deixalos en nada. En pasar fame, que \u00e9 o bonito do proletariado entregado \u00e1 l\u00edrica. Pero a poes\u00eda non&nbsp;\u00e9 todo iso que lle apo\u00f1en porque nada que sexa disimulo pode ser para ben: nin a boa educaci\u00f3n nin as promesas dun mundo mellor que obrigan a traballar os s\u00e1bados.&nbsp;&nbsp;<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A comer! A comer!&nbsp;Unha voz infantil resoando por todo o patio de vivendas.&nbsp;A comer! A comer!&nbsp; De lonxe semellaba unha invitaci\u00f3n. Unha ma\u00f1\u00e1 de s\u00e1bado, a voz escapando entre o cemento das r\u00faas, alcanzando aos paseantes. A ma\u00f1\u00e1 dos s\u00e1bados,&nbsp;ese concepto de descanso que pronto desaparecer\u00e1. Ese d\u00eda de ir mercar, de rebuscar pola cidade&#8230; &hellip;<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":43700,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":"","_members_access_role":[],"_members_access_error":""},"categories":[45],"tags":[101],"class_list":["post-43675","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-narrativa","tag-narrativa"],"acf":[],"post_template":"narrativa","post_subscription":"no","pretitle":"","content_extract":"A comer! A comer!&nbsp;Unha voz infantil resoando por todo o patio de vivendas.&nbsp;A comer! A comer!&nbsp; De lonxe semellaba unha invitaci\u00f3n. Unha ma\u00f1\u00e1 de s\u00e1bado, a voz escapando entre o cemento das r\u00faas, alcanzando aos paseantes. A ma\u00f1\u00e1 dos s\u00e1bados,&nbsp;ese concepto de descanso que pronto desaparecer\u00e1. Ese d\u00eda de ir mercar, de rebuscar pola cidade......","reading_data":{"word_count":"394","reading_seconds":"94","reading_time":{"minutes":2,"hours":0,"seconds":34},"reading_string":"1'34''","reading_human":"2 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":null,"categories_list":[{"name":"Narrativa","id":45,"slug":"narrativa","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/43675"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=43675"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/43675\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":50887,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/43675\/revisions\/50887"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/43700"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=43675"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=43675"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=43675"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}