{"id":457067,"date":"2024-09-14T13:47:45","date_gmt":"2024-09-14T11:47:45","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=457067"},"modified":"2024-09-14T13:47:46","modified_gmt":"2024-09-14T11:47:46","slug":"resiste-mama","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2024\/09\/14\/resiste-mama-457067\/","title":{"rendered":"Resiste mam\u00e1"},"content":{"rendered":"<p>Desde o principio foi o verbo: Resistir. Toda a vida. 95. Resistir sobre os tempos e as circunstancias. Contra guerras verdadeiras e falsas paces. Con todos os argumentos que os melodramas desvalorizan: nacer na emigraci\u00f3n, volver cr\u00eda a un lugar que tampouco era teu. Un internado relixioso, unha madrastra e unha media irm\u00e1. Medrar na esquina familiar das cousas que son prestadas. Chega a xuventude con tantas normas e tan poucos vestidos. Con ela chega esa curiosa forma de supervivencia: algunhas risas entre a resignaci\u00f3n de non querer ser considerada a primeira en nada. Acomodarse a unha forma de invisibilidade que\u00a0 traslada as persoas ao fondo do escenario vital. Resistir nesa forma de transparencia como se a vida fose a simplificaci\u00f3n dunha novela sentimental. Pero o recanto tam\u00e9n se encheu e para facer sitio nesa casa que non era propia apareceu un matrimonio. Un matrimonio cun marido que ti\u00f1a como divisa unha frase repetida polos s\u00e9culos dos s\u00e9culos: o home que se equivoca ao casarse permanece equivocado para sempre. Logo das palabras ve\u00f1en os feitos e os feitos deixan sen palabras. Resistir ata que sobrevivir sexa a \u00fanica forma reco\u00f1ecible de respirar. Porque o matrimonio era unha inmensa sombra de negr\u00f3ns, un contrato indefinido de violencia no que o milagroso era encontrar momentos de respiro. Chegaron fillos e, en lugar de pan, tra\u00edan hostias baixo os brazos. Ampliouse a resistencia porque xa non hab\u00eda outra estratexia posible: unha vida golpe a golpe sen acabar de saber a quen protexer primeiro. Unha interminable espiral de medo, disimulo, aguante, sacrificio, mentiras piadosas para contigo, sabendo que para mentir mellor hai que dicir o menos posible. Soportar, soportar, soportar. A diario un mill\u00f3n de frases subordinadas que conte\u00f1en cada cinco palabras un insulto. Respirar cando marcha traballar. Recoller a respiraci\u00f3n cando as chaves soan por f\u00f3ra da porta. Fritir unha costeleta cada d\u00eda e todas as demais tarefas dom\u00e9sticas convertindo a repetici\u00f3n das obrigas nunha forma de refuxio.\u00a0 Resistir trinta anos a un matrimonio mortal, a tres fillos t\u00fazaros, a un aborto, \u00e1s cualificaci\u00f3ns morais das cidades pequenas, os campos minados, as propias faltas, a xustiza imposible. Sobrevivir a unha filla suicida e ao asedio permanente de que empurren a culpa contra ti. \u00a0Resistir a non saber que \u00e9 o que ter\u00eda que ter sido. Resistir sen ter claro os l\u00edmites propios, sen horizonte, sen saber por que. Como un \u00fanico mandamento. E, por fin, cando todo pasa pero todo queda e a vida deixou de apertar, non poder explicar o antes nin o despois e inventar outra forma de resistencia: non pensar no perdido. Non pensar no vivido. E resistir a\u00ed: no que queda. <\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Desde o principio foi o verbo: Resistir. Toda a vida. 95. Resistir sobre os tempos e as circunstancias. Contra guerras verdadeiras e falsas paces. Con todos os argumentos que os melodramas desvalorizan: nacer na emigraci\u00f3n, volver cr\u00eda a un lugar que tampouco era teu. Un internado relixioso, unha madrastra e unha media irm\u00e1. Medrar na &hellip;<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":457086,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":"","_members_access_role":[],"_members_access_error":""},"categories":[203,398],"tags":[],"class_list":["post-457067","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-portada","category-mecanografia"],"acf":[],"post_template":"narrativa","post_subscription":"no","pretitle":"","content_extract":"Desde o principio foi o verbo: Resistir. Toda a vida. 95. Resistir sobre os tempos e as circunstancias. Contra guerras verdadeiras e falsas paces. Con todos os argumentos que os melodramas desvalorizan: nacer na emigraci\u00f3n, volver cr\u00eda a un lugar que tampouco era teu. Un internado relixioso, unha madrastra e unha media irm\u00e1. Medrar na...","reading_data":{"word_count":"444","reading_seconds":"106","reading_time":{"minutes":1,"hours":0,"seconds":46},"reading_string":"1'46''","reading_human":"2 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":{"action":"default","action_data":""},"categories_list":[{"name":"Mecanograf\u00eda","id":398,"slug":"mecanografia","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/457067"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=457067"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/457067\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":457376,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/457067\/revisions\/457376"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/457086"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=457067"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=457067"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=457067"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}