{"id":47176,"date":"2021-07-01T13:51:00","date_gmt":"2021-07-01T11:51:00","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=47176"},"modified":"2022-06-24T17:37:20","modified_gmt":"2022-06-24T15:37:20","slug":"ou-te-pos-a-sumar-ou-xa-estas-restando","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2021\/07\/01\/ou-te-pos-a-sumar-ou-xa-estas-restando-47176\/","title":{"rendered":"1 | Ou te pos a sumar ou xa est\u00e1s restando"},"content":{"rendered":"
Arrimou o coche por baixo do dep\u00f3sito da auga das Cancelas. Sempre acababa parando un cacho al\u00ed. Baixou do coche, do seu coche, e mirou como Santiago descende cara \u00e1 catedral.. En todos os relatos hai algunhas nubes e as\u00ed estaba a cidade, un pouco tornasolada aos seus ollos. Por efecto dos movementos do aire pareceulle que o sol distingu\u00eda con m\u00e1is brillo San Caetano e Monte P\u00edo. Esa \u00e9 a pol\u00edtica que me gusta a min. O territorio da moqueta. Deixouse levar por esa certa enso\u00f1aci\u00f3n que pos\u00fae \u00e1 especie humana cando supera o mediod\u00eda e a\u00ednda falta para xantar. Comezou a calcular orzamentos con ringleiras de ceros e secretarias con axenda, unha blackberry corporativa, e un coche no que ocupar permanentemente o asento traseiro. E dicir si e non con rigor mortis, como se en cada decisi\u00f3n estivese a punto de declarar unha guerra… E dar orde de matar a Bin Laden. Esas son decisi\u00f3ns.<\/p>
Soa o tel\u00e9fono m\u00f3bil.
-Dime, Lita
-Chamou o se\u00f1or das orquestras, que seica hai jaleo.
-Pero concretou?
-Non. Que o chames.
-Ve\u00f1a, chamo.
-Tam\u00e9n chamou o rapaz ese, o periodista
-Cal? O tranquilo ou o chispas?
-Polo que falaba, debe ser o intranquilo.
-E?
-Que se lle podemos dicir cal \u00e9 o cabeza de cartel das festas…
-Se preguntara por outra parte de corpo…
-E tam\u00e9n non sei que do programa das letras… e non sei qu\u00e9 do facebook.
-Non te preocupes m\u00e1is por iso, se \u00e9 o intranquilo non ha tardar en chamarme.<\/p>
Agora San Caetano parece moito m\u00e1is lonxe e Monte P\u00edo esva\u00eduse na distancia.  Volve mirar por se o tempo aclara.<\/p>
Soa o tel\u00e9fono m\u00f3bil.
-Alcalde, como imos?
-Falaches co conselleiro?
-Vou para al\u00e1 agora mesmo, estou a cinco minutos.
-M\u00e9telle pr\u00e9sa, que o que pedimos non \u00e9 cousa menor.
-Xa, xa, pero anda todo cristo a pedir.
-Ponlle cara de urxencia e dille que a oposici\u00f3n apupa moito por aqu\u00ed. Dille que se nos deixan s\u00f3s, isto acaba en bipartito.
-Temos tantos problemas?
-\u00c9 o gui\u00f3n a seguir…
-Pero ent\u00f3n seguro que xa o sabe e non vai valer de nada a desculpa…
-V\u00e9n de f\u00f3ra, non hai caso.
-Tentarei impresionalo…
-Non lle pidas para as festas, p\u00eddelle para o programa das letras. Dille que este ano imos ter todos os escritores acabados en eiro que fagan falta. Que non vai faltar ning\u00fan. Logo xa pasaremos os cartos para as festas e damos un campanazo traendo a algu\u00e9n grande.
-A\u00ednda estou niso, sen saber canto temos non me arrisco a contratar…
-Pois que non pase desta semana que logo os bos est\u00e1n collidos ou van morrendo. A mi\u00f1a filla non cala con Nena Daponte, desde que vai ao instituto g\u00fastalle moito m\u00e1is o rollo galego. A\u00ednda que \u00e1 mi\u00f1a paisana quen lle gusta de verdade \u00e9 Albert Hammond. \u00c9 como unha espi\u00f1a, cona, sempre bot\u00e1ndome a culpa. D\u00e1lle ca\u00f1a e chama logo para ver como foi. Non te l\u00edes en Santiago, que tes que estar de volta para a pegada. E non te achiques, que xa ves como lle foi ao Madrid. Ti representas a un concello con solera.<\/p>
O se\u00f1or\u00edo do concello viuno reflectido nos ollos do garda xurado de San Caetano. D\u00edxolle quen era, de onde vi\u00f1a, a onde \u00eda. Pero nin traza. Deulle a pegatina como a calquera outro, deulla na man e \u201cxa a pega vostede onde mellor lle vaia\u201d, pero ben \u00e1 vista. A fachada de San Caetano est\u00e1 chea de desconchados, os corredores cheos de caixas. Pensou na crise, pensou na hora que era, pensou en se non ser\u00eda todo moi pequeno e canto m\u00e1is se aproximaba ao despacho do conselleiro m\u00e1is se decataba de canto mellorar\u00edan as cousas se aquela porta tivese o seu nome inscrito.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"
Arrimou o coche por baixo do dep\u00f3sito da auga das Cancelas. Sempre acababa parando un cacho al\u00ed. Baixou do coche, do seu coche, e mirou como Santiago descende cara \u00e1 catedral.. En todos os relatos hai algunhas nubes e as\u00ed estaba a cidade, un pouco tornasolada aos seus ollos. Por efecto dos movementos do aire …<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":47271,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[173,231],"tags":[],"class_list":["post-47176","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-balada-triste-de-moqueta","category-libros"],"acf":[],"post_template":"narrativa","post_subscription":"no","pretitle":"Cap\u00edtulo 1","content_extract":"Arrimou o coche por baixo do dep\u00f3sito da auga das Cancelas. Sempre acababa parando un cacho al\u00ed. Baixou do coche, do seu coche, e mirou como Santiago descende cara \u00e1 catedral.. En todos os relatos hai algunhas nubes e as\u00ed estaba a cidade, un pouco tornasolada aos seus ollos. Por efecto dos movementos do aire...","reading_data":{"word_count":"599","reading_seconds":"143","reading_time":{"minutes":2,"hours":0,"seconds":23},"reading_string":"2'23''","reading_human":"2 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":{"action":"default","action_data":""},"categories_list":[{"name":"Libros","id":231,"slug":"libros","parent":0,"template":"books"},{"name":"Balada triste de moqueta","id":173,"slug":"balada-triste-de-moqueta","parent":231,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/47176"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=47176"}],"version-history":[{"count":14,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/47176\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":110736,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/47176\/revisions\/110736"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/47271"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=47176"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=47176"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=47176"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}