{"id":47474,"date":"2021-03-19T20:52:32","date_gmt":"2021-03-19T19:52:32","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=47474"},"modified":"2021-05-28T11:07:36","modified_gmt":"2021-05-28T09:07:36","slug":"todo-e-teatro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2021\/03\/19\/todo-e-teatro-47474\/","title":{"rendered":"Todo \u00e9 Teatro"},"content":{"rendered":"<p>Agora que o mundo \u00e9 tan teatral, o teatro deber\u00eda ser obrigatorio. Ter\u00eda que ser o lugar com\u00fan no que coinciden teor\u00eda e pr\u00e1ctica, sabedor\u00eda e diversi\u00f3n, a raz\u00f3n e a emoci\u00f3n. Agora que todo o mundo, desde a polic\u00eda aos xu\u00edces, desde os banqueiros aos presidentes de goberno, est\u00e1n decididos a dar espect\u00e1culo en lugar de facer o traballo polo que cobran, \u00e9 o momento de reivindicar o teatro como escola, como praza, como medida, como referencia. \u00c9 o tempo de explicar que o teatro foi inventado para o ben, para desfrutar, para divertirse. Para ser o espello imprescindible no que comprobar como somos do \u00fanico xeito posible: mirando como nos comportamos.&nbsp;<\/p><p>O teatro di que somos malos. Capaces de querernos moi mal e de matarnos moi ben. M\u00e1is dispostos \u00e1 crueldade que a razoar. Dispostos \u00e1 violencia, incluso \u00e1 dos sacrificios heroicos. O teatro leva explicado con insistencia que somos como chimpanc\u00e9s cunha metralladora. Sabemos usala pero non queremos asumir o mal que causar\u00e1. O teatro explica, unha e outra vez, a nosa febleza e a nosa furia. E a s\u00faa sentenza coincide coa da estat\u00edstica.&nbsp;<\/p><p>Agora todo \u00e9 teatro, pero non todo \u00e9 bo. Todo o mundo \u00e9 un escenario no que os conflitos se van volvendo dramas e os dramas se van volvendo traxedias e a fame v\u00f3lvese morte mentres moitos miran con impasible adem\u00e1n. O teatro leva s\u00e9culos aprend\u00e9ndonos a condici\u00f3n humana, pero somos tan malos estudantes que os ricos seguen fuxindo silenciosamente sobre a moqueta e os demais seguen condenados a remexer entre os restos. Os restos somos n\u00f3s.<\/p><p>Pero estamos aqu\u00ed\u0301. E estamos armados. Temos entre as mans unha arma de organizaci\u00f3n masiva e podemos buscar con ela un final feliz no que os bos e xenerosos cobren e os malos paguen tentando cambiar os seus reinos por calquera cabalo.&nbsp;<\/p><p>Agora que todo \u00e9 teatro os tempos son chegados. Chegou a hora de que o teatro po\u00f1a o mundo a andar na direcci\u00f3n correcta. \u00c9 tempo de mirar o espello coa definitiva decisi\u00f3n de transformar a imaxe que entrega. \u00c9 tempo de mirar o teatro e aprender. Porque o teatro non \u00e9 un rito, \u00e9 unha celebraci\u00f3n. Unhas veces desfr\u00fatase, outras s\u00f3frese, pero sempre se aprende. S\u00f3 a vida pode ser m\u00e1is humana que o teatro, pero os dous comp\u00f3rtanse igual. Non \u00e9 posible levarlle a contraria a Roberto Vidal Bola\u00f1o: morre un de tantas cousas que \u00e9 vivir o que estremece.&nbsp;<\/p><p>Por moi mala que sexa a vida non \u00e9 in\u00fatil. Por moi malo que sexa o seu espello non \u00e9 in\u00fatil. Non \u00e9 imaxinable nada m\u00e1is \u00fatil que o teatro, nin nada m\u00e1is pr\u00e1ctico para este ou para calquera tempo que precisen do combate a favor da raz\u00f3n ou favor da xustiza que son, como ensina o teatro, a mesma cousa. O teatro \u00e9 \u00fatil porque non \u00e9 manso. N\u00f3s non somos mansos. Esa \u00e9 a nosa utilidade.&nbsp;<\/p><p>Agora que todo \u00e9 teatro, o teatro \u00e9 m\u00e1is importante que nunca. Agora que todo imita aos escenarios tentando facer pasar por comedia os padecementos, que pode haber m\u00e1is importante que o teatro? O teatro segue aqu\u00ed\u0301, campando na resistencia. Interpret\u00e1ndonos. Advertindo que por moito que nos mintan non conseguiran enganarnos.&nbsp;<\/p><p>Porque todo \u00e9 teatro, pero o teatro moito m\u00e1is.\u00a0<\/p><p class=\"wp-block-verse\">Manifesto do Teatro Galego para \nos premios Mar\u00eda Casares de 2014<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Agora que o mundo \u00e9 tan teatral, o teatro deber\u00eda ser obrigatorio. Ter\u00eda que ser o lugar com\u00fan no que coinciden teor\u00eda e pr\u00e1ctica, sabedor\u00eda e diversi\u00f3n, a raz\u00f3n e a emoci\u00f3n. Agora que todo o mundo, desde a polic\u00eda aos xu\u00edces, desde os banqueiros aos presidentes de goberno, est\u00e1n decididos a dar espect\u00e1culo en &hellip;<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":47506,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":"","_members_access_role":[],"_members_access_error":""},"categories":[174],"tags":[35,176,178,179],"class_list":["post-47474","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-fatiga-ocular","tag-teatro","tag-teatro-galego","tag-premios-maria-casares","tag-manifesto-teatro"],"acf":[],"post_template":"narrativa","post_subscription":"no","pretitle":"","content_extract":"Agora que o mundo \u00e9 tan teatral, o teatro deber\u00eda ser obrigatorio. Ter\u00eda que ser o lugar com\u00fan no que coinciden teor\u00eda e pr\u00e1ctica, sabedor\u00eda e diversi\u00f3n, a raz\u00f3n e a emoci\u00f3n. Agora que todo o mundo, desde a polic\u00eda aos xu\u00edces, desde os banqueiros aos presidentes de goberno, est\u00e1n decididos a dar espect\u00e1culo en...","reading_data":{"word_count":"560","reading_seconds":"134","reading_time":{"minutes":2,"hours":0,"seconds":14},"reading_string":"2'14''","reading_human":"2 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":"https:\/\/www.crtvg.es\/tvg\/a-carta\/xviii-premios-de-teatro-maria-casares-2014"},"promotion":null,"categories_list":[{"name":"Fatiga Ocular","id":174,"slug":"fatiga-ocular","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/47474"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=47474"}],"version-history":[{"count":17,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/47474\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":84314,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/47474\/revisions\/84314"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/47506"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=47474"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=47474"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=47474"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}