{"id":477879,"date":"2025-01-19T15:20:50","date_gmt":"2025-01-19T14:20:50","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=477879"},"modified":"2025-09-13T02:35:49","modified_gmt":"2025-09-13T00:35:49","slug":"tenome-por-un-apaixonado-da-vida","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2025\/01\/19\/tenome-por-un-apaixonado-da-vida-477879\/","title":{"rendered":"T\u00e9\u00f1ome por un apaixonado da vida"},"content":{"rendered":"
Para Bernardino Gra\u00f1a non queda tempo para aburrirse. Cando toca escribir, escribe. Cando toca baixar a cami\u00f1ar entre as \u00e1rbores, cami\u00f1a. \u00c9 unha actitude vital, asegura, que ten que ver coas ga\u00f1as de facer cousas, co apaixonamento e cun xeito de ser.<\/p>
-Desde cando se considera escritor?<\/strong>
-Mira, cando xogaba a escribir. Parafraseaba versos e alg\u00fans contos. Levo escribindo uns cincuenta anos e creo que comecei a tomarmo en serio cando fixemos Brais Pinto como editorial. Ferr\u00edn tomaba moi en serio o asunto da literatura, moito m\u00e1is ca min. Cando puxemos en marcha a editorial d\u00edxome, xa que sempre falas de escribir, ponte dunha vez e deixa de anuncialo. Era o ano 58, as\u00ed que me puxen co primeiro libro. Antes ti\u00f1a escrito alg\u00fans contos e cousas soltas, en peri\u00f3dicos e revistas.<\/p>
-Pero unha vez que empezou xa non parou. Poes\u00eda, narrativa, teatro e o que queda polo medio de todas. En perspectiva, en cal se sente mellor?<\/strong>
-Ultimamente estou moi c\u00f3modo coa narrativa e mesmo co teatro. Pero se queres que che diga a verdade non entendo moi ben as clasificaci\u00f3ns editoriais, nin os x\u00e9neros. En realidade, sempre pensei que hai que escribir o que un sente e, m\u00e1is ou menos, eso \u00e9 o que tento facer sexa no x\u00e9nero que sexa. Cada vez me sorprendo m\u00e1is das clasificaci\u00f3ns e cada me importan menos.<\/p>
-A narrativa teno bastante ocupado nos \u00faltimos tempos.
<\/strong>-Te\u00f1o a intenci\u00f3n de facer unha trilox\u00eda co Protoevanxeo<\/em> (novela ga\u00f1adora de Eixo Atl\u00e1ntico), isto contando a vida do Xes\u00fas neno, sen entrar na vida de Xes\u00fas  adulto.<\/p>
-A relixi\u00f3n \u00e9 un argumento que ten gravitado sobre a s\u00faa obra.
<\/strong>-Pois mira, o meu pai estivo a un metro de ser cura. S\u00f3 lle faltou tomar a sotana. Estudiou para sacerdote e non o foi por amor, por amor a mi\u00f1a nai. Deixou todo para terme a min. Foi un acto de amor e unha das cousas que nunca entend\u00edn da Igrexa Cat\u00f3lica \u00e9 que poida sobrevivir sen crer nese amor.<\/p>
-Igual cren pero disimulan…
<\/strong>-Igual \u00e9 disimulo. Pero se a Igrexa quere sobrevivir no futuro e non afastarse da xente ter\u00eda que apartar da s\u00faa doutrina esa historia do celibato, que \u00e9 tan pouco humano.<\/p>
-Fala do amor como un motor vital, pesa as\u00ed na s\u00faa obra?
<\/strong>-Creo que si. T\u00e9\u00f1ome por un apaixonado da vida e o amor \u00e9 o argumento fundamental.<\/p>
-Pero para combater o celibato haber\u00e1 que contar algo coa outra parte…
<\/strong>-Est\u00e1 claro que na mi\u00f1a obra asoman as pegadas das mulleres. Sempre sent\u00edn unha atracci\u00f3n moi grande por elas. Agora mesmo estou agardado polo d\u00eda en que chegue a mi\u00f1a muller.
O mar est\u00e1 menos na mi\u00f1a obra do que se di. O que fixen foi facer o que dic\u00eda o meu t\u00edo Milucho: falar dos mari\u00f1eiros e da xente humilde
<\/p><\/blockquote>
-Outro dos argumentos da s\u00faa obra \u00e9 o mar.
<\/strong>-Eu creo que menos do que se di. Non sei se o terei tratado tanto como se escribe, a\u00ednda que \u00e9 certo que est\u00e1. En realidade, cando era novo e viv\u00eda en Darbo (parroquia de Cangas) \u00eda a pescar en gamela co meu t\u00edo Milucho. El sempre me dec\u00eda que ti\u00f1a que falar dos pescadores humildes e das cousas que lles pasaban, de como viv\u00edan e iso foi o que tentei, facerlle caso ao meu t\u00edo.<\/p>
-Quere dicir que case lle fixo un programa como escritor.
<\/strong>-En certo modo si. Saiamos a pescar e me contaba unhas cousas e me dic\u00eda que hab\u00eda que contalas que ti\u00f1an que saberse.<\/p>
-Isto ten que ver coa poes\u00eda social, por m\u00e1is que sexa un termo difuso.
<\/strong>-Nunca entend\u00edn o da poes\u00eda social aplicado \u00e1 mi\u00f1a obra. Eu escrib\u00edn o que quer\u00eda: si se interpretou nun sentido ou noutro \u00e9 algo a maiores, pero non o fixen coa intenci\u00f3n de formar parte de nada ou de ser consciente de traballar nese sentido. Para min as cousas son m\u00e1is sinxelas: era o que quer\u00eda escribir. Logo apareceu Celso Emilio falando desas cousas e me pareceu ben e mesmo que eran necesarias.<\/p>
-Pero, pasando o tempo, hai d\u00faas interpretaci\u00f3ns para o papel do escritor: a de implicarse na sociedade ou a de concentrarse na s\u00faa obra.
<\/strong>-Esta claro que escribir precisa de concentraci\u00f3n, pero tam\u00e9n \u00e9 verdade que hai que contar as cousas que son necesarias, non s\u00f3 para un sen\u00f3n para a sociedade. Creo que non est\u00e1n enfrontadas unhas cousas con outras. No caso de Galicia, a tradici\u00f3n de implicaci\u00f3n e participaci\u00f3n social dos escritores \u00e9 moi gande, con moita conciencia e con moita identidade de pa\u00eds. A min par\u00e9ceme que \u00e9 boa esta implicaci\u00f3n e os seus resultados. Logo os escritores tam\u00e9n te\u00f1en que estar presentes en algunhas festi\u00f1as, respaldando aos colegas, participando en cousas.<\/p>
-E o tempo para escribir?
<\/strong>-Iso \u00e9 o fundamental. Mentres escrib\u00eda a novela, sent\u00e1bame \u00e1s catro da tarde e escrib\u00eda ata que chegaba a noite. Esa \u00e9 unha disciplina necesaria. Maioritariamente dedico as tardes a escribir.<\/p>
-Ser ou non ser profesional?
<\/strong>-Escribir porque tes que cumprir un contrato ou despois de cobrar un anticipo. Escribir presionado polo sistema editorial, par\u00e9ceme mal. Eu prefiro o sistema anterior.<\/p>
-Que \u00e9?
Non entendo ese af\u00e1n por escribir un ou dous libros por ano. Un escritor s\u00f3 \u00e9 co\u00f1ecido, como moito, por tres obras<\/p><\/blockquote>
-Pois este \u00e9 outro debate: os escritores deben ler m\u00e1is que escribir ou viceversa.
<\/strong>-No meu caso vai como por \u00e9pocas. Hai tempos nos que comezas a ler algo e xa non o podes deixar e hai outros nos que est\u00e1s m\u00e1is concentrado en escribir. Paramin que son compatibles. Logo est\u00e1n as relecturas, que algo que fago moito, que me gusta moito. Reler os libros que me parecen fundamentais.<\/p>
-Cales son?
<\/strong>-Aprecio bastante a obra de Ram\u00f3n J. Sender. Gustoume cando a lin e sigo nesa li\u00f1a. Tam\u00e9n fun lector da Biblia, mesmo involuntario. Meu pai, pola s\u00faa formaci\u00f3n, ensinoume a ler na Biblia, pero ademais cando me falaba utilizaba moitas frases dela, en moitos sentidos estou educado na tradici\u00f3n cristi\u00e1n. Outra cousa \u00e9 a crenza no aparato eclesial.<\/p>
-Hai quen pensa que a vida dos escritores \u00e9 aburrida. A s\u00faa non parece.
<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"
Bernardino Gra\u00f1a decidiu marchar a escribir. Ou a vivir outra vida con mar, lecturas e cos humildes da Terra. En setembro de 2005, La Voz de Galicia publicou esta entrevista co escritor na que fala de literatura, das s\u00faas motivaci\u00f3ns, dos seus argumentos e de que, quizais, o mar era menos protagonista que a xente que viv\u00eda del.<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":477874,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[15],"tags":[],"class_list":["post-477879","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-entrevista"],"acf":[],"post_template":"entrevista","post_subscription":"no","pretitle":"Bernardino Gra\u00f1a","content_extract":"Para Bernardino Gra\u00f1a non queda tempo para aburrirse. Cando toca escribir, escribe. Cando toca baixar a cami\u00f1ar entre as \u00e1rbores, cami\u00f1a. \u00c9 unha actitude vital, asegura, que ten que ver coas ga\u00f1as de facer cousas, co apaixonamento e cun xeito de ser. -Desde cando se considera escritor?-Mira, cando xogaba a escribir. Parafraseaba versos e alg\u00fans...","reading_data":{"word_count":"1146","reading_seconds":"275","reading_time":{"minutes":4,"hours":0,"seconds":35},"reading_string":"4'35''","reading_human":"5 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":"Bernardino Gra\u00f1a"},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":{"action":"default","action_data":""},"categories_list":[{"name":"Entrevista","id":15,"slug":"entrevista","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/477879"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=477879"}],"version-history":[{"count":7,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/477879\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":478517,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/477879\/revisions\/478517"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/477874"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=477879"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=477879"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=477879"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}