{"id":47971,"date":"2021-03-20T13:35:03","date_gmt":"2021-03-20T12:35:03","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=47971"},"modified":"2021-06-25T19:33:25","modified_gmt":"2021-06-25T17:33:25","slug":"coa-morte-nos-collons-cultura-espanola","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2021\/03\/20\/coa-morte-nos-collons-cultura-espanola-47971\/","title":{"rendered":"Coa morte nos coll\u00f3ns (cultura espa\u00f1ola)"},"content":{"rendered":"<p>Hai un d\u00eda de 1992 que xa ningu\u00e9n recorda. \u00c9 estra\u00f1o que sexa as\u00ed. Que ningu\u00e9n recorde porque ten moito que ver con todo. O d\u00eda existiu a\u00ednda que non se sabe cal foi. Os tres primeiros trimestres do ano estivo ao que ca\u00eda. \u00c1 verbena diaria ou ao asalto dun futuro de relucinte inutilidade. As tres primeiras partes do ano, con paradas nas estaci\u00f3ns de primavera, ver\u00e1n e outono, dedicouse \u00e1s lecturas triunfalistas da prensa sen r\u00e9xime, \u00e1s viaxes nos trens m\u00e1is r\u00e1pidos de Europa ou a comprobar como cada semana que pasaba era m\u00e1is dif\u00edcil distinguir entre ficci\u00f3n e realidade.<\/p><p>Cos anos descubrir\u00eda que este defecto, que cr\u00eda conxuntural, era sist\u00e9mico e xa non se fiaba da letra impresa nin do pan de molde. Desconfiaba dos sorrisos ata o punto de que os seus amigos foron progresivamente retir\u00e1ndolle o sa\u00fado e el entrou en barrena (ou quizais fora unha espiral se fora para ben) cunha conspiraci\u00f3n sobre como a lucidez distancia aos amigos. Pero todo isto ocorrer\u00eda alg\u00fans anos despois dese d\u00eda que ningu\u00e9n cita de 1992.<\/p><p>\u00c9 perigoso saltares a li\u00f1a temporal dos feitos. Alg\u00fans literatos fixeron deste salto unha marca de identidade e cando len coa mesma cronolox\u00eda do tempo s\u00e9ntense defraudados. Pero a historia non. A historia prefire unha li\u00f1a temporal continuada porque o oficio co\u00f1ece as s\u00faas mentiras e non quere liarse, f\u00edxao todo como unha gran raia continua de causas e efectos que evaden a responsabilidade as unhas nos outros. A historia demostra que unha mentira sinxela \u00e9 m\u00e1is crible que unha verdade complicada. Pero isto non \u00e9 culpa da historia, \u00e9 culpa nosa que sabemos que somos limitados pero non queremos reco\u00f1ecer canto. Queremos ignoralo como ignoramos os danos que causa o amor, como ignoramos os danos que causa a ignorancia.<\/p><p>Pero en 1992 todo isto semellaba afastado. Os americanos \u00edan de azul e os alem\u00e1ns de verdegr\u00eds, a\u00ednda que en guerras diferentes. A poes\u00eda todo o confunde porque case nunca \u00e9 deste mundo. Os andaluces seseaban, os catal\u00e1ns dese\u00f1aban e os galegos sempre quedan sen nada. Ou con case nada, que non \u00e9 o mesmo pero \u00e9 igual dende o punto de vista da historia.<\/p><p>A historia cambiou un d\u00eda de 1992. Pero ese ano estivo cheo de d\u00edas hist\u00f3ricos. \u00c9 dif\u00edcil dicir cal responde mellor ao adxectivo. Se sumas nun pa\u00eds olimp\u00edadas, exposici\u00f3n universal e trens de alta velocidade o que obt\u00e9s \u00e9 unha circulaci\u00f3n descontrolada de di\u00f1eiro, unha ambici\u00f3n desmedida dos construtores e un indisimulado e inxustificable optimismo da clase pol\u00edtica gobernante. Na cr\u00f3nica do ano de todos os d\u00edas hist\u00f3ricos, o d\u00eda m\u00e1is importante quedou sen titular.<\/p><p>Hai unha l\u00f3xica en todas as cousas, a\u00ednda que non sempre sexa razoable. Os amigos buscan amigos da s\u00faa mesma condici\u00f3n. Coma os ricos buscan ricos do seu mesmo nivel para relacionarse. A lucidez tam\u00e9n ten a s\u00faa. Incluso ligada \u00e1 amizade. Cando algu\u00e9n comeza a facer exercicios de lucidez, o c\u00edrculo de amigos com\u00e9zase a facer cruces \u00e1s s\u00faas costas. Pero este movemento acent\u00faase moito cando as demostraci\u00f3ns de lucidez est\u00e1n encami\u00f1adas a demostrar que os amigos non son tanto coma se deduce do escaso prezo dos obxectos regalados ou do pouco que insisten no valor da t\u00faa amizade. A l\u00f3xica da amizade di que non debe mesturarse co interese, pero p\u00f3dese ser amigo de algu\u00e9n que non devolve por ti o interese que ti pos nel? En xeral, non sabe, non contesta. Pero en 1992 si sab\u00eda. A\u00ednda que a contabilidade non ti\u00f1a ent\u00f3n as ferramentas con que hoxe conta, ao home non lle sa\u00edan as contas e sempre calculaba que el pu\u00f1a m\u00e1is nos seus amigos que os seus amigos nel. Por iso comezaron a fuxir. Por iso tampouco ti\u00f1a moza. En 1992 e sen moza. Quizais foi un adiantado, pero tampouco o sab\u00eda.<\/p><p>En 1992 estaban de moda as hipotecas. Coma as chaquetas masculinas con ombreiras ou os retos das enrugas belas. En 1992 a elegancia non era o que se levaba. Lev\u00e1banse as hipotecas. Lev\u00e1banse postas baixo a caspa das americanas de cores tirando a pastel. Coa vantaxe que d\u00e1 o tempo, esa cor gardaba a s\u00faa l\u00f3xica con respecto ao mundo que se coci\u00f1aba ao seu arredor.<\/p><p>A historia tam\u00e9n se puxo pasteleira en 1992 e por iso esqueceu rese\u00f1ar o d\u00eda m\u00e1is importante dese ano no que pese a todos os actos conmemorativos, o imperio non se volveu po\u00f1er de actualidade. Foi substitu\u00eddo por unha especie de marca Espa\u00f1a que xa indicaba que todos viaxariamos na mesma direcci\u00f3n: atravesando o t\u00fanel do tempo cara o estado rancio da historia. Pero se a historia se repite, cando viaxas polo t\u00fanel do tempo non pasas a vida dando voltas?<\/p><p>Quizais por iso, porque a\u00ednda que non esteas sempre no mesmo lugar exactamente, viaxas sempre na mesma direcci\u00f3n sen direcci\u00f3n, o d\u00eda m\u00e1is importante do ano 1992 quedou sen titular. Foi ese d\u00eda orfo de celebraci\u00f3ns. Ese d\u00eda ao d\u00eda seguinte de todos os fastos no que un presidente do goberno sa\u00edu dicir con toda a frescura que o seu sentido do humor lle permit\u00eda que o bo ti\u00f1a acabado e que estabamos en crise. Ese d\u00eda no que a velocidade da historia se acelerou ata tal punto que en menos dunha hora ese pa\u00eds que presume de \u00d1 pasou de ser o primeiro de Europa a ser o segundo ou terceiro de \u00c1frica. Outra lecci\u00f3n da importancia xeopol\u00edtica da Pen\u00ednsula. Foi coma esas novelas de 950 p\u00e1xinas que cando chegan \u00e1 375 est\u00e1n sen alento e precisan un cambio e pasan de ser unha novela de costumes a unha de ciencia ficci\u00f3n sen xustificaci\u00f3n argumental. Te\u00f1en raz\u00f3n, os alien\u00edxenas non te\u00f1en por que xustificar as s\u00faas abduci\u00f3ns. Pero cando chegan \u00e1 p\u00e1xina 750 est\u00e1n nas mesmas e a\u00ednda faltan 6 cent\u00edmetros para que o tama\u00f1o encha a balda da librer\u00eda do aeroporto.\u00a0\u00a0Ent\u00f3n volve cambiar e pasa dos habitantes da V\u00eda L\u00e1ctea ao guerracivilismo coa mesma frescura da falta de coherencia.<\/p><p>O presidente fixo o mesmo. Estivo aguantando as buler\u00edas ata que, cando se apagou o primeiro eco, quixo descubrir que xa non. Que nin sequera quedaba resaca. S\u00f3 o baleiro. Pero os palmeiros cumpriron co seu oficio e os aplausos calaron o curso da historia.<\/p><p>A historia non se para nos detalles. O seu son as li\u00f1as xerais. Pero iso nin \u00e1 prensa, nin aos especialistas en tauromaquia, nin aos videntes mellor valorados do panorama internacional lles importou que o coeficiente de suicidios se incrementase por unha cabeza m\u00e1is metida nun forno de gas (que si, que \u00e9 aconsellable que sexan el\u00e9ctricos para evitar tentaci\u00f3ns). Aos amigos tampouco lles importa tanto. Hai meses que lles retirara o sa\u00fado e nos \u00faltimos anos mostr\u00e1rase raro, esc\u00e9ptico, solitario. Insultante, incluso. Ti\u00f1a que acabar as\u00ed. E nada sorprende menos que as mortes correctamente anunciadas.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Hai un d\u00eda de 1992 que xa ningu\u00e9n recorda. \u00c9 estra\u00f1o que sexa as\u00ed. Que ningu\u00e9n recorde porque ten moito que ver con todo. O d\u00eda existiu a\u00ednda que non se sabe cal foi. Os tres primeiros trimestres do ano estivo ao que ca\u00eda. \u00c1 verbena diaria ou ao asalto dun futuro de relucinte inutilidade. &hellip;<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":48011,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[174],"tags":[188,189,190],"class_list":["post-47971","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-fatiga-ocular","tag-expo-sevilla","tag-189","tag-exposicion-universal-de-sevilla"],"acf":[],"post_template":"narrativa","post_subscription":"no","pretitle":"","content_extract":"Hai un d\u00eda de 1992 que xa ningu\u00e9n recorda. \u00c9 estra\u00f1o que sexa as\u00ed. Que ningu\u00e9n recorde porque ten moito que ver con todo. O d\u00eda existiu a\u00ednda que non se sabe cal foi. Os tres primeiros trimestres do ano estivo ao que ca\u00eda. \u00c1 verbena diaria ou ao asalto dun futuro de relucinte inutilidade....","reading_data":{"word_count":"1137","reading_seconds":"272","reading_time":{"minutes":4,"hours":0,"seconds":32},"reading_string":"4'32''","reading_human":"5 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":null,"categories_list":[{"name":"Fatiga Ocular","id":174,"slug":"fatiga-ocular","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/47971"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=47971"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/47971\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":91337,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/47971\/revisions\/91337"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/48011"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=47971"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=47971"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=47971"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}