{"id":5043,"date":"2021-01-29T18:49:59","date_gmt":"2021-01-29T17:49:59","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=5043"},"modified":"2022-03-29T16:52:27","modified_gmt":"2022-03-29T14:52:27","slug":"mccartney-componse-so","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2021\/01\/29\/mccartney-componse-so-5043\/","title":{"rendered":"McCartney componse s\u00f3"},"content":{"rendered":"<p class=\"has-drop-cap has-medium-font-size\">Pode ser que&nbsp;Paul&nbsp;McCartney&nbsp;se sinta perseguido por aquela fama que lle apuxeron nos setenta que o cualificaba como comercial, f\u00e1cil, cando non directamente banal.&nbsp;McCartney&nbsp;leva feito moit\u00edsimas cousas para demostrar que as s\u00faas capacidades non te\u00f1en l\u00edmites. Publica un disco absolutamente en solitario para demostrar, unha vez m\u00e1is, que \u00e9 o m\u00fasico m\u00e1is influente do s\u00e9culo XX.&nbsp;<\/p><p>Esa fama de pouco art\u00edstico que tivo&nbsp;McCartney&nbsp;(Liverpool, 1942) p\u00faxolla, fundamentalmente, John&nbsp;Lennon. Ti\u00f1a motivos, pero non eran musicais. Quer\u00eda para si a fama art\u00edstica de&nbsp;The&nbsp;Beatles&nbsp;e quer\u00eda enviarlle ao seu socio un golpe que, como case todos os seus, eran golpes baixos.&nbsp;McCartney&nbsp;\u00e9 un grand\u00edsimo relaci\u00f3ns p\u00fablicas, pero&nbsp;Lennon&nbsp;sempre tivo m\u00e1is dominio da historia. Ata o punto de que \u00e9 moi posible que a quen estea tentando convencer o compositor de&nbsp;<em>Blackbird<\/em>&nbsp;sexa a si mesmo. Que si, que foi el, o rapaz pouco dado \u00e1 rebeld\u00eda, o das melod\u00edas suaves, o das canci\u00f3ns infant\u00eds, este mesmo a quen&nbsp;Lennon&nbsp;lle dic\u00eda que compu\u00f1a \u201cmuzak\u201d, o responsable dalg\u00fans dos mecanismos que fixeron avanzar&nbsp;estelarmente&nbsp;a banda m\u00e1is importante de todos os tempos. Non ten queixa, pero nalg\u00fan sentido tocoulle cardar l\u00e1.&nbsp;<\/p><p><em>McCartney<\/em><em>&nbsp;III<\/em>&nbsp;non \u00e9 un disco in\u00e9dito na carreira de&nbsp;Paul&nbsp;McCartney&nbsp;porque&nbsp;cas\u00e9&nbsp;\u00e9 unha tradici\u00f3n. \u00c9 o terceiro desa sucesi\u00f3n de discos nos que, de principio a fin, todo \u00e9 asunto seu. Comp\u00f3n todo, produce todo, toca todos os instrumentos e asume todos os acertos e todos os erros. Todas as voces e todos os coros. \u00c9 un m\u00fasico facendo exactamente o que quere. Reclamando o respecto de que todo o tocado e todo o cantado sexa propio. Nin sequera se pode dicir que sexa un disco con catro instrumentos e pistas. Se o m\u00fasico non presumise de tanta colleita propia, ningu\u00e9n pensar\u00eda que non ten unha banda.&nbsp;<\/p><p>Ao baixista de&nbsp;The&nbsp;Beatles&nbsp;(e pese \u00e1s s\u00faas demostraci\u00f3ns seguimos dicindo que \u00e9 baixista: as\u00ed de longas son as famas) s\u00e9gueo acompa\u00f1ando todo, menos a voz. Segue ofrecendo rexistros distintos, pero non \u00e9 a gama asombrosa \u00e1 que nos afixemos ao longo da s\u00faa carreira. Esta \u00e9 a principal diferenza deste&nbsp;McCartney&nbsp;III con outros discos seus. O cantante segue xogando, pero o campo \u00e9 m\u00e1is pequeno. Vi\u00f1a dun campo de terratenente.&nbsp;<\/p><p>Musicalmente, o \u00e1lbum ten todas as caracter\u00edsticas do compositor: utilizar os x\u00e9neros como se nacese neles, xogar con algunhas fronteiras da m\u00fasica pop e non desperdiciar as oportunidades de sorprender. Quizais lle falte un&nbsp;reggaet\u00f3n, favor polo que anticipamos as grazas.&nbsp;&nbsp;McCartney&nbsp;sempre tivo facilidade para moverse entre x\u00e9neros, para facelos seus. Nesta ocasi\u00f3n debuxa unhas marxes nas que quedan reco\u00f1ecibles alg\u00fans elementos de toda a vida: algunha balada&nbsp;xoguetona&nbsp;(<em>Winter<\/em><em>&nbsp;<\/em><em>bird<\/em><em>\/<\/em><em>When<\/em><em>&nbsp;<\/em><em>winter<\/em><em>&nbsp;comes<\/em>) que quizais \u00e9 a canci\u00f3n que m\u00e1is lembra ao propio; un pouco desa dureza r\u00edtmica que alg\u00fan d\u00eda ter\u00e1 que denominarse&nbsp;<em>rock<\/em><em>&nbsp;<\/em><em>McCartney<\/em><em>&nbsp;(<\/em><em>Slidin<\/em><em>\u2019);&nbsp;<\/em>unha canci\u00f3n de pop serio, (<em>Women<\/em><em>&nbsp;<\/em><em>and<\/em><em>&nbsp;<\/em><em>wives<\/em>); o rexistro ac\u00fastico que tantas boas canci\u00f3ns leva sumado na discograf\u00eda do m\u00fasico por xunto ou por separado (<em>The<\/em><em>&nbsp;<\/em><em>kiss<\/em><em>&nbsp;<\/em><em>of<\/em><em>&nbsp;Venus<\/em>), un punti\u00f1o de m\u00fasica negra, (<em>Lavatory<\/em><em>&nbsp;<\/em><em>Lil<\/em>); e un monte de pequenos apuntamentos combinados en canci\u00f3ns entre a electr\u00f3nica medida e algunha melod\u00eda que ben poder\u00eda encaixar na metade da carreira de&nbsp;Wings&nbsp;(Seize&nbsp;the&nbsp;day). En xeral,&nbsp;<em>McCartney<\/em><em>&nbsp;III&nbsp;<\/em>\u00e9 un disco calmado; est\u00e1 m\u00e1is feito para demostrar que para gustar. Non hai ningunha desas canci\u00f3ns tan rapidamente tachadas como frivolidades na s\u00faa carreira,&nbsp;<em>Mary<\/em><em>&nbsp;<\/em><em>had<\/em><em>&nbsp;a&nbsp;<\/em><em>little<\/em><em>&nbsp;<\/em><em>lamb<\/em><em>,<\/em>&nbsp;pero tampouco hai no disco ning\u00fan&nbsp;<em>Maybe<\/em><em>&nbsp;<\/em><em>I&#8217;m<\/em><em>&nbsp;amazed<\/em>, que aparecera canda o primeiro&nbsp;<em>McCartney<\/em>&nbsp;postbeatle, tocando e cantando todo o que hab\u00eda que tocar e cantar. A pesar das datas de publicaci\u00f3n do disco tampouco hai panxoli\u00f1as.&nbsp;<\/p><p>En conxunto, o disco soa a unha forma contempor\u00e1nea do pop adulto, sen grandes alardes e sen ca\u00eddas. M\u00fasica seria sen ser solemne, que utiliza os recursos de moitos x\u00e9neros. Esa maneira de facer m\u00fasica que, con ou sen banda,\u00a0McCartney\u00a0sempre quixo para si. Postos a facer comparaci\u00f3ns e po\u00f1er en marcha os odios correspondentes, desta terceira entrega de\u00a0McCartney\u00a0absolutamente en solitario poder\u00edase dicir que o terceiro \u00e9 m\u00e1is serio que o segundo e m\u00e1is concentrado que o primeiro. M\u00e1is sereno que os dous anteriores. No primeiro,\u00a0Paul\u00a0McCartney\u00a0acababa de deixar\u00a0The\u00a0Beatles, no segundo pechaba a etapa con\u00a0Wings. Non parece que agora o m\u00fasico m\u00e1is influente do s\u00e9culo XX queira acabar con nada nin recuperar a autoestima de compositor. Quizais s\u00f3 quere lembrar que segue aqu\u00ed, que segue sendo un talento musical con poucas semellanzas na historia, e que algunhas das cousas que se din (ou dixeron) sobre a s\u00faa m\u00fasica non resisten o paso do tempo. Tam\u00e9n pode querer contradicir a s\u00faa xuventude mentres vai cara aos oitenta anos: o\u00a0rock\u00a0non era m\u00fasica s\u00f3 para rapaces.\u00a0<em>McCartney\u00a0III<\/em>\u00a0est\u00e1 aqu\u00ed para lembrarnos que por riba de\u00a0flequillos\u00a0axitados, dalgunhas canci\u00f3ns parvas e de\u00a0videoclips\u00a0\u00f1o\u00f1os\u00a0tam\u00e9n est\u00e1 o m\u00fasico m\u00e1is vers\u00e1til da m\u00fasica popular e un dos m\u00e1is afortunados compositores de melod\u00edas da historia. E tam\u00e9n, tam\u00e9n est\u00e1 o m\u00fasico m\u00e1is influente de todo o s\u00e9culo XX.\u00a0\u00a0<\/p><p><\/p><p class=\"wp-block-verse\">Este texto foi p\u00fablico no suplemento\nT\u00e1boa Redonda de El Progreso. 8\/01\/2021<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pode ser que&nbsp;Paul&nbsp;McCartney&nbsp;se sinta perseguido por aquela fama que lle apuxeron nos setenta que o cualificaba como comercial, f\u00e1cil, cando non directamente banal.&nbsp;McCartney&nbsp;leva feito moit\u00edsimas cousas para demostrar que as s\u00faas capacidades non te\u00f1en l\u00edmites. Publica un disco absolutamente en solitario para demostrar, unha vez m\u00e1is, que \u00e9 o m\u00fasico m\u00e1is influente do s\u00e9culo XX.&nbsp; &hellip;<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":5061,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[309],"tags":[],"class_list":["post-5043","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-the-beatles"],"acf":[],"post_template":"opinion","post_subscription":"no","pretitle":"M\u00fasica","content_extract":"Pode ser que&nbsp;Paul&nbsp;McCartney&nbsp;se sinta perseguido por aquela fama que lle apuxeron nos setenta que o cualificaba como comercial, f\u00e1cil, cando non directamente banal.&nbsp;McCartney&nbsp;leva feito moit\u00edsimas cousas para demostrar que as s\u00faas capacidades non te\u00f1en l\u00edmites. Publica un disco absolutamente en solitario para demostrar, unha vez m\u00e1is, que \u00e9 o m\u00fasico m\u00e1is influente do s\u00e9culo XX.&nbsp;...","reading_data":{"word_count":"810","reading_seconds":"194","reading_time":{"minutes":3,"hours":0,"seconds":14},"reading_string":"3'14''","reading_human":"3 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"Novo disco de McCartney","subject_info":[{"title":"Disco","description":"McCartney III"},{"title":"Ano","description":"2020"},{"title":"X\u00e9nero","description":"M\u00fasica pop"},{"title":"Prezo","description":"38 euros (en vinilo)"},{"title":"","description":""}]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":""},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":{"action":"default","action_data":""},"categories_list":[{"name":"The Beatles","id":309,"slug":"the-beatles","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/5043"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=5043"}],"version-history":[{"count":26,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/5043\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":207695,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/5043\/revisions\/207695"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/5061"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=5043"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=5043"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=5043"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}