{"id":544185,"date":"2026-06-26T21:38:34","date_gmt":"2026-06-26T19:38:34","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=544185"},"modified":"2026-06-27T18:21:15","modified_gmt":"2026-06-27T16:21:15","slug":"a-arruga-e-vella","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2026\/06\/26\/a-arruga-e-vella-544185\/","title":{"rendered":"A arruga \u00e9 vella"},"content":{"rendered":"<p>Somos un pa\u00eds castrapista. Pero non sabemos o que o castrapismo \u00e9. Aceptamos as bandeiras como aceptamos aos for\u00e1neos: amigablemente. Aceptamos as bandeiras e convertemos os nosos problemas en sinais de identidade. E por suposto non queremos renunciar a eles. De cando en vez, en festas de gardar sobre todo, os galegos po\u00f1emos bandeiras nas fiestras como quen pon a roupa a tender. Tentamos po\u00f1elas co ferro ben pasado, para que non se diga. Porque seremos feos, pero somos limpos. As bandeiras son coma n\u00f3s, castrapistas, e persisten en facer arrugas porque as bandeiras queren representar de xeito simple cousas que son complicadas.<\/p><p>Colocamos a roupa a tender con moito xeito porque primeiro pasa a procesi\u00f3n e logo pasa o tempo e a xente ten tendencia a mirar pra n\u00f3s s\u00f3 se nos reco\u00f1ece. Non hai nada que nos preste m\u00e1is que esa sensaci\u00f3n de que digan que nos campa a roupa limpa.<\/p><p>Galicia ten pulsado o bot\u00f3n de autodestruci\u00f3n desde moito hai tempo. Pero \u00e9 un bot\u00f3n galego. As\u00ed que chuvia e calma. Como chuvia hai cada vez menos, estamos colgando as bandeiras da autodestrucci\u00f3n con tanta calma como \u00e9 posible: lento pero seguro. Coa mesma tranquilidade que atrib\u00faen aos pobos buc\u00f3licos, coa mesma lentitude coa que desaparecen no ver\u00e1n as tardes m\u00e1is longas de Europa. Estamos a\u00ed, apa\u00f1ando as <em>arrugas<\/em> das bandeiras para que non se diga que somos antip\u00e1ticos ou rebeldes ou repunantes ou para que se diga de maneira amable. Que \u00e9 outra forma de non dicir.<\/p><p>Estamos apa\u00f1ando as bandeiras porque a vida \u00e9 un asunto moi sucio, pero ao noso enterro non queda outra que ir ben aseado.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Somos un pa\u00eds castrapista. Pero non sabemos o que o castrapismo \u00e9. Aceptamos as bandeiras como aceptamos aos for\u00e1neos: amigablemente. Aceptamos as bandeiras e convertemos os nosos problemas en sinais de identidade. E por suposto non queremos renunciar a eles. De cando en vez, en festas de gardar sobre todo, os galegos po\u00f1emos bandeiras nas &hellip;<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":544200,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":"","_members_access_role":[],"_members_access_error":""},"categories":[203,12],"tags":[],"class_list":["post-544185","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-portada","category-fototexto"],"acf":[],"post_template":"fototexto","post_subscription":"no","pretitle":"","content_extract":"Somos un pa\u00eds castrapista. Pero non sabemos o que o castrapismo \u00e9. Aceptamos as bandeiras como aceptamos aos for\u00e1neos: amigablemente. Aceptamos as bandeiras e convertemos os nosos problemas en sinais de identidade. E por suposto non queremos renunciar a eles. De cando en vez, en festas de gardar sobre todo, os galegos po\u00f1emos bandeiras nas...","reading_data":{"word_count":"276","reading_seconds":"66","reading_time":{"minutes":1,"hours":0,"seconds":6},"reading_string":"1'6''","reading_human":"1 minuto"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"Camilo Franco","text_photo":"Nacho G\u00f3mez"},"video":{"video_source":""},"promotion":{"action":"default","action_data":""},"categories_list":[{"name":"M\u00e1is que Palabras","id":12,"slug":"fototexto","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/544185"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=544185"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/544185\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":544204,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/544185\/revisions\/544204"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/544200"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=544185"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=544185"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=544185"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}