{"id":62998,"date":"2021-04-19T21:46:02","date_gmt":"2021-04-19T19:46:02","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=62998"},"modified":"2021-08-17T21:33:51","modified_gmt":"2021-08-17T19:33:51","slug":"step-inside","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2021\/04\/19\/step-inside-62998\/","title":{"rendered":"Step inside"},"content":{"rendered":"<p>Para entrar no bosque hai que aceptar tres condici\u00f3ns. As \u00e1rbores son met\u00f3dicas, resisten en p\u00e9, sen ali\u00f1ar, ao mellor sol do d\u00eda. Moven suavemente os rumores como os corredores despois dunha dimisi\u00f3n. <\/p><p>Hai un monte sen adornos, algunhas mostras de abandono, un cami\u00f1o sen alternativas e unha cancela que civiliza o conxunto. \u00c9 unha tarde de ver\u00e1n lenta e pesada. Todo dorme menos os grilos. Cantan desde dentro desco\u00f1ecendo os chamados de serea pero mantendo o seu poder hipn\u00f3tico. Intentan recolocar ritmicamente un mundo en axitaci\u00f3n. Para diante da cancela. Leva pantal\u00f3ns curtos e botas vellas. Chega rodeando o peche da finca e atravesando un cami\u00f1o de mimosas revellas. Para, pero a cancela non ten candado nin pasador. Detense por pura educaci\u00f3n disciplinaria, cuesti\u00f3n simb\u00f3lica. A porta sup\u00e9rao de alto. Foi constru\u00edda sen habilidade dez anos atr\u00e1s e a ferruxe xa atacou con paciencia as bisagras que descansan contra un uso esaxerado dos perpia\u00f1os. O rapaz aguanta na porta para intu\u00edr. Asexa mentres xoga sobre as rodeiras que deixou hai moito tempo un tractor grande. Pesan sobre el algunhas prohibici\u00f3ns indiscriminadas, a timidez natural dos calados e o empuxe da fuxida. Pesa a conciencia de que todo o mundo dorme pero el escolleu a rebeld\u00eda da vixilia. Nos pase\u00ed\u00f1os polo umbral pesan as advertencias, os castigos chegados e os por chegar, a voz da motoserra que se fai notar ao lonxe na sentenciada carballeira e esa ameaza constante con estar preparado para o d\u00eda que o porvir \u2013que palabra- estea de corpo presente.<\/p><p>Pero os grilos cantan. Para entrar no bosque hai que aceptar tres condici\u00f3ns. A indiferenza \u00e9 unha das virtudes das \u00e1rbores. Non lamentan a mala fama que lle apuxo o medo infantil, nin a ambici\u00f3n transformadora da industria cultural. Son indiferentes e quizais por iso caen. Son indiferentes e por iso resisten.<br><br>Tras a cancela parece outro mundo. A harmon\u00eda que promete non lle vale ao rapaz para casar a monodia dos grilos cunha canci\u00f3n que escoitou. D\u00e1lle voltas \u00e1 melod\u00eda pero desborda ao ritmo. Asub\u00eda, mira dentro e vai distraendo o tempo da s\u00faa indecisi\u00f3n contando os ferros da cancela. Oito en cada folla. Oito ovellas mortas por dentes de lobos ou cans silvestres que lembra dunha ma\u00f1\u00e1 de inverno cando o seu pai explicou os perigos das noites pechas. Mira dentro. Os carballos repousan sobre as curvas do terreo.<\/p><p>Para entrar ao bosque hai que aceptar tres condici\u00f3ns. As \u00e1rbores non saben que fan bosque. Por iso non se queixan da responsabilidade de cargar coas lendas, nin co imaxinario colectivo, nin coa memoria persoal. Toda esa carga esv\u00e1relles de arriba a abaixo como calquera outra cousa natural. Sen embargo, a cultura di que cando un bosque se transforma en xente e avanza os ditadores caen envoltos no seu propio lume.<\/p><p>Cando empurra a cancela un ru\u00eddo espanta aos paxaros da s\u00faa sesta. Pouco uso. O bater de \u00e1s calma, os grilos calan e remite a intranquilidade de tanto rebumbio. A porta desaparece como quen levanta as fronteiras pero o rapaz permanece da banda de f\u00f3ra. Ignora os engados da promesa mentres comproba como cada parte do bosque est\u00e1 no seu lugar. Res\u00edstese a abandonar a terra de ningu\u00e9n, parado onde ningu\u00e9n se parar\u00eda. Resiste como os teixos porque a primeira condici\u00f3n para entrar no bosque \u00e9 someterse.&nbsp;&nbsp;<\/p><p class=\"wp-block-verse\">Este texto foi publicado en \nVieiros.com no ver\u00e1n de 1998\u00a0\u00a0\u00a0\u00a0<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Para entrar no bosque hai que aceptar tres condici\u00f3ns. As \u00e1rbores son met\u00f3dicas, resisten en p\u00e9, sen ali\u00f1ar, ao mellor sol do d\u00eda. Moven suavemente os rumores como os corredores despois dunha dimisi\u00f3n. Hai un monte sen adornos, algunhas mostras de abandono, un cami\u00f1o sen alternativas e unha cancela que civiliza o conxunto. \u00c9 unha &hellip;<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":63010,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[203,45],"tags":[],"class_list":["post-62998","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-portada","category-narrativa"],"acf":[],"post_template":"default","post_subscription":"no","pretitle":"","content_extract":"Para entrar no bosque hai que aceptar tres condici\u00f3ns. As \u00e1rbores son met\u00f3dicas, resisten en p\u00e9, sen ali\u00f1ar, ao mellor sol do d\u00eda. Moven suavemente os rumores como os corredores despois dunha dimisi\u00f3n. Hai un monte sen adornos, algunhas mostras de abandono, un cami\u00f1o sen alternativas e unha cancela que civiliza o conxunto. \u00c9 unha...","reading_data":{"word_count":"564","reading_seconds":"135","reading_time":{"minutes":2,"hours":0,"seconds":15},"reading_string":"2'15''","reading_human":"2 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":null,"categories_list":[{"name":"Narrativa","id":45,"slug":"narrativa","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/62998"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=62998"}],"version-history":[{"count":14,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/62998\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":112768,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/62998\/revisions\/112768"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/63010"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=62998"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=62998"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=62998"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}