{"id":66700,"date":"2021-04-27T17:39:23","date_gmt":"2021-04-27T15:39:23","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=66700"},"modified":"2021-12-03T18:22:57","modified_gmt":"2021-12-03T17:22:57","slug":"66700","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2021\/04\/27\/66700-66700\/","title":{"rendered":"Unha historia de Galicia"},"content":{"rendered":"<p>Temos instituci\u00f3ns e asociaci\u00f3ns. Temos Academia e Consello da Cultura, temos facultades de historia, temos xornais que a pesar da uniformidade aparente son de variada orientaci\u00f3n co mesmo centro. Temos polit\u00f3logos sen profesi\u00f3n co\u00f1ecida, soci\u00f3logos, economistas. Temos un goberno auton\u00f3mico ao que non lle gusta a autonom\u00eda, unha televisi\u00f3n propia que case nunca o parece. Temos unha longa n\u00f3mina de narradores que mesmo te\u00f1en tempo de rivalizar nas redes sociais. Temos un pouco de todo, incluso un sistema cultural ferido de morte desde hai dez anos. Temos o que hai que ter e, sen embargo, a historia recente de Galicia tivo que ser contada no teatro. Sucedeu en tres ou catro ocasi\u00f3ns cando menos e sen facer un reconto moi cient\u00edfico. Falamos da historia contempor\u00e1nea de Galicia: a que vai desde as croquetas cos restos de Castelao a, m\u00e1is ou menos, agora mesmo. Falamos da historia pola que pasamos todas.<\/p><p>O primeiro caso evidente foi Roberto Vidal Bola\u00f1o, quen recapitulou as decepci\u00f3ns recentes de Galicia desde a traxedia da renuncia en&nbsp;<em>Rastros<\/em>&nbsp;ata o humor ofensor de&nbsp;<em>Criaturas<\/em>. Ningu\u00e9n quixo entender en serio aqueles retratos porque para que verse mal nun espello podendo mirar a televisi\u00f3n. Ningu\u00e9n quixo nin na novela, nin no cine, nin sequera no xornalismo, tomarse tan a peito a realidade de Galicia como para convertela nesa desafiante testemu\u00f1a de que ser somos as\u00ed, pero estar non estamos aqu\u00ed.<\/p><p>O outro caso recente de como a historia recente v\u00f3lvese ficci\u00f3n con case todas as consecuencias son os asaltos \u00e1 realidade de Ch\u00e9vere que, aproveitando a heterodoxia do humor e a cultura pop, decidiu meterse documentalista sobre este mundo en desaparici\u00f3n. A decisi\u00f3n ten un sentido notarial: eles son cronistas pero os que desaparecemos somos n\u00f3s tal como nos co\u00f1ecemos. En m\u00e1is dun sentido. A decisi\u00f3n ten unha l\u00f3xica interna para a compa\u00f1\u00eda, pero tam\u00e9n ten unha l\u00f3xica da contorna. En Galicia ent\u00e9ndese a realidade como algo intocable, irremediable e, en certo sentido manipulativo, inexplicable. \u00c1 realidade galega p\u00e1salle como a maxia: est\u00e1 prohibido explicar o truco. Nesta situaci\u00f3n, Ch\u00e9vere p\u00faxose fantasiosa para explicar algunhas realidades do pa\u00eds para ac\u00f3 da metaf\u00edsica e desde&nbsp;<em>Citizen<\/em>&nbsp;en diante comezou a rebuscar nos puntos febles da realidade para explorarlle as feridas. En perspectiva, para a compa\u00f1\u00eda a realidade \u00e9 o que sucede e toda a maquinaria para contalo. A realidade son os sucedidos e todas esas correas de transmisi\u00f3ns polas que se van perdendo os matices. Quizais non deber\u00eda ser as\u00ed, o mesmo dir\u00e1n que o teatro est\u00e1 para outras cousas. Pero o feito \u00e9 que a realidade contada da Galicia recente ten mellor relato no teatro. Ten o m\u00e1is inconformista e, quizais por isto, o m\u00e1is n\u00edtido.&nbsp;<\/p><p>A aterecida falta de ficci\u00f3n sobre o presente no pa\u00eds quizais sinale un rasgo de car\u00e1cter, quizais un peso abafante da realidade nun s\u00f3 sentido, quizais sinale a miseria do escapismo sobre todo o que nos pasa e tam\u00e9n poder\u00eda servir para ilustrar o panorama pol\u00edtico. Nos policiais galegos nunca matan un presidente da Xunta. Por veces cae un concelleiro, por veces un l\u00edder da oposici\u00f3n e tam\u00e9n son v\u00edtimas escritores. Isto ten que querer dicir algo sobre n\u00f3s e a nosa relaci\u00f3n co poder. Co real e co simb\u00f3lico.<\/p><p>Ch\u00e9vere sente atracci\u00f3n pola realidade. Incluso cando \u00e9 unha suma de ficci\u00f3ns dificilmente contrastables, como sucede en&nbsp;<em>Curva Espa\u00f1a<\/em>. Sente atracci\u00f3n pola realidade e as s\u00faas deformaci\u00f3ns, de maneira que mesmo tomando a Valle-Incl\u00e1n desamordazado en galego en&nbsp;<em>Divinas Palabras Revolution<\/em>&nbsp;(2018), a idea da compa\u00f1\u00eda \u00e9 tanguer a obra contra iso que parece entenderse como hiperrealidade para demostrar que s\u00f3 \u00e9 aparencia dunha realidade dopada con todos os recursos da ficci\u00f3n. Entre&nbsp;<em>Citizen&nbsp;<\/em>(2010) e&nbsp;<em>Curva Espa\u00f1a&nbsp;<\/em>(2019) hai un percorrido en Ch\u00e9vere que aparenta ir do particular ao xeral, que parece alimentarse de elementos que noutros casos quedan f\u00f3ra da explicaci\u00f3n. Neses nove anos o grupo afonda na idea de documentarse, de volver sobre a realidade, que non sobre o realismo. Afonda na investigaci\u00f3n, nos referentes, afonda tam\u00e9n na ruptura dos procesos que distancian as compa\u00f1\u00edas da realidade. Ter o encontro co p\u00fablico s\u00f3 despois da obra. Ch\u00e9vere rebusca antes de po\u00f1erse ao asunto sobre os escenarios nos argumentos que manexar. Poder\u00eda ser entendido como abrir un c\u00edrculo argumental que volver\u00e1 ao espectador, pero en Galicia pesan sempre as explicaci\u00f3ns simb\u00f3licas como para que todas sexan certas. Debe ser m\u00e1is a osixenaci\u00f3n na contorna, ou a demostraci\u00f3n de que por moi bos que sexan os argumentos, a realidade \u00e9 m\u00e1is capaz, ten m\u00e1is posibilidades, ten m\u00e1is mans e m\u00e1is cabezas. A realidade \u00e9 mellor autora. A realidade \u00e9 quen m\u00e1is ordena.<\/p><p>Entre&nbsp;<em>Citizen<\/em>&nbsp;e&nbsp;<em>Curva Espa\u00f1a<\/em>&nbsp;est\u00e1&nbsp;<em>Eroski Para\u00edso<\/em>&nbsp;(2016). Hai algunhas relaci\u00f3ns de procedemento entre elas, pero as maneiras son moi diferentes. O m\u00e9todo do particular ao xeral est\u00e1 aqu\u00ed plenamente aplicado porque esta historia de discotecas e supermercados, de tractores e bailes de fin de semana, de xente da monta\u00f1a e do mar, de polvos e cemiterios (poder\u00eda escribir amores e cemiterios, pero hai que ir ao importante), de emigraci\u00f3n e regreso, esta historia da memoria dilu\u00edda dunha xeraci\u00f3n \u00e9 a historia contempor\u00e1nea de Galicia que agora se repite con adxectivos dixitais pero coas mesmas miserias. \u00c9 unha historia \u00e1 que lle pasaron por riba as apisonadoras dos tempos e que precisa ser rescatada. Non \u00e9 seguro que sexa por completo a Galicia dos oitenta, esa d\u00e9cada na que pasamos de ser un pa\u00eds sen revoluci\u00f3n agr\u00edcola a ser un pa\u00eds postmoderno. Porque naci\u00f3n sen estado de \u00e1nimo fomos sempre. \u00c9 seguro que os puntos de partida e de chegada da obra son certos, a\u00ednda est\u00e1n aqu\u00ed, entre n\u00f3s, pero non para o telexornal. Ch\u00e9vere fai reconstruci\u00f3n, pero non biograf\u00eda. O que vai entre a sala de festas Para\u00edso e o supermercado que agora ocupa o seu lugar en Muros \u00e9 esa derrota anunciada como vitoria: a do engano de clases, a do para\u00edso da clase media, a da Galicia asfaltada. A compa\u00f1\u00eda explica o agora e o antes na mesma li\u00f1a, como unha consecuencia interpretada. Como un flashback ao vivo e pode que este sexa o \u00fanico xeito realista de facelo: ao pasado s\u00f3 se viaxa desde aqu\u00ed.&nbsp;<\/p><p>&nbsp;\u00c9 seguro que nunha d\u00e9cada pasamos de ser algo que non nos prestaba a ser outro algo que non sabemos exactamente o que \u00e9, pero sabemos perfectamente onde nos trouxo.&nbsp;<em>Eroski Para\u00edso<\/em>&nbsp;conta o traspaso sen transici\u00f3n dun pa\u00eds a outro desde unha memoria que pode parecer amable, pero non despreocupada. A obra de teatro e a longametraxe que a secunda reconstr\u00fae un pasado. \u00c9 un pasado pr\u00f3ximo. De inmediatamente antes a que houbese chal\u00e9s adosados en Galicia. Un pouco antes das ombreiras nas americanas. Un minuto antes de que o mundo deixase de ser anal\u00f3xico. Agora pode parecer outra \u00e9poca, pero \u00e9 esta mesma de agora sin Twitter. Ch\u00e9vere prop\u00f3n unha historia na que unha pel\u00edcula quere reconstru\u00edr un momento. As\u00ed \u00e9 como opera a memoria, rebuscando nos datos e organizando os sucedidos como unha imaxe en movemento. As\u00ed \u00e9 como a memoria nos conta o pasado. Incluso poder\u00edamos dicir que as\u00ed \u00e9 como nos engana.<\/p><p>O manexo de Ch\u00e9vere sobre a historia ten que ver co manexo que ten a compa\u00f1\u00eda con quen llela contou. Hai unha xeraci\u00f3n en Galicia que naceu nunha casa sen luz el\u00e9ctrica e auga corrente e hoxe vive na mesma casa ped\u00edndolle a Alexa que prenda a televisi\u00f3n. Ben pode ser a xeraci\u00f3n con m\u00e1is capacidade de adaptaci\u00f3n aos cambios sociais e t\u00e9cnicos da historia de Galicia. Os m\u00e1is novos desa xeraci\u00f3n asoman en Eroski Para\u00edso coa intuici\u00f3n de que son os \u00faltimos que atravesaron esa fronteira. A fronteira que os ligaba a un pasado radicalmente distinto. E non s\u00f3 pola circunstancia de vivir no anal\u00f3xico. Quizais foi esa \u00e9poca na que a\u00ednda hab\u00eda unha relaci\u00f3n directa entre o que traballabas e o que com\u00edas. Quizais a \u00faltima na que as relaci\u00f3ns sociais eran directas.<\/p><p>Ch\u00e9vere documenta ese tempo que foi e como viv\u00eda a xente que estaba na despedida da \u00e9poca. Faino por contraste porque mentres rescata as imaxes do pasado est\u00e1 obrigando os espectadores a facer comparaci\u00f3ns co presente. Non \u00e9 que haxa que sacar conclusi\u00f3ns, \u00e9 que est\u00e1n a\u00ed. Nin agora, nin ent\u00f3n. O presente \u00e9 malo e non hai pasado bo. O pasado s\u00f3 \u00e9 anterior. Pero pasado e memoria non son a mesma cousa por m\u00e1is que haxa un monte de xente confundindo, pode que intencionadamente, os dous termos.&nbsp;<em>Para\u00edso<\/em>&nbsp;opera sobre a memoria porque o pasado \u00e9 un territorio pol\u00edtico no que se buscan argumentos para a manipulaci\u00f3n do presente. A memoria \u00e9 o que temos. O resto \u00e9 ciencia ficci\u00f3n e non \u00e9 o que prop\u00f3n Ch\u00e9vere.&nbsp;<\/p><p>O que prop\u00f3n a compa\u00f1\u00eda \u00e9 dobrar o tempo e facer que dous momentos coincidan no mesmo espazo. Nese territorio suceden moitas historias, as m\u00e1is delas familiares, as m\u00e1is delas sentimentais, hai algunhas c\u00f3micas e algunhas outras que ameazan con drama. Pero todo est\u00e1 contido por esa distancia que a memoria imp\u00f3n aos feitos. Esa distancia que en ocasi\u00f3ns parece amable e pode aparentar obxectividade hist\u00f3rica.&nbsp;<em>Eroski Para\u00edso<\/em>&nbsp;man\u00e9xase nesa distancia. A distancia axeitada. A memoria ten reacci\u00f3ns qu\u00edmicas, \u00e9 moi posible que tenda a desdramatizar determinados sucedidos particulares mentres dramatiza os colectivos. \u00c9 posible que a memoria edulcore as cousas. Quizais se concentre no vivido m\u00e1is que na s\u00faa interpretaci\u00f3n. Pode suceder que a memoria tal como funciona en cada un de n\u00f3s non sexa un mecanismo de arquivo sen\u00f3n de reconstruci\u00f3n.&nbsp;&nbsp;E que a s\u00faa funci\u00f3n non sexa manternos informados sen\u00f3n enteiros. Hai unha teor\u00eda sobre o funcionamento da memoria: conc\u00e9ntrase no que considera importante e cando toca lembrar e cubrir os ocos o que fai \u00e9 incorporar datos coherentes cos que conserva, non os aut\u00e9nticos nos que non se fixou. A memoria opera como unha ficci\u00f3n, a importancia \u00e9 a coherencia do relato. Coa memoria p\u00e1sanos como con case todo: que preferimos a nosa, incluso cando s\u00f3 recordamos que hab\u00eda neve. Coa memoria p\u00e1sanos como aos Estados Unidos co xeneral Noriega. Pode ser ru\u00edn, revirada ou traidora. Pode ser a peor do mundo, pero \u00e9 a nosa.<\/p><p>Pero en&nbsp;<em>Eroski Para\u00edso<\/em>&nbsp;Ch\u00e9vere non opera como a memoria sen\u00f3n desde a memoria. A obra inicia unha sorte de prospecci\u00f3n sobre volver ao lugar ao que se pertenceu e encontra que a memoria non \u00e9 tan f\u00e1cil de guiar. Ten as s\u00faas querenzas e leva case todo ao lado invariablemente humano, conservando o sentido do humor liberador do peso. Pode ser que o material do que nace a obra, as vivencias dos veci\u00f1os de Muros, arrimen contra ese lado. Pode ser ese verniz co que a memoria amobla as historias ou pode ser que estas historias ou se miran as\u00ed ou se deixan descansar en paz. Son asuntos moi serios como para facer un drama con eles. Pode ser que a historia se viva como drama e se lembre como comedia. A obra busca no detalle o refrendo dunha realidade que foi. Porque Ch\u00e9vere toma como punto de partida un espazo e unhas experiencias reco\u00f1ecibles: bailes de domingo e bocadillos de calamares. Parellas que se empre\u00f1an, pais que emigran para traballar con fillas que emigran para estudar. Ben mirado, a vida mesma de Galicia. Pero non para todas. Haber\u00e1 unha clase que non se sinta reco\u00f1ecida na historia m\u00e1is al\u00f3 do folclore ou do humor. Est\u00e1 todo nesa historia que algu\u00e9n est\u00e1 reconstru\u00edndo para o cine e a\u00ednda as\u00ed Ch\u00e9vere non quere ir ao documento. Porque, igual que a memoria non \u00e9 o pasado, o teatro non \u00e9 a realidade. Non vai directamente ao documento, pero a suma das partes ofrece esa interpretaci\u00f3n. Hai unha xente que sobreviviu a unha \u00e9poca dese xeito. Ninguneados. Fuxitivos. Fodidos, pero contentos. Case.&nbsp;<\/p><p>Para a obra, na versi\u00f3n teatral e na cinematogr\u00e1fica, hai d\u00faas li\u00f1as que van en paralelo. A que sucedeu e a de como se recupera. En certo sentido, non hai xeito de ser coherente con unha sen explicar a outra. Os protagonistas non est\u00e1n moi seguros de que a s\u00faa memoria te\u00f1a valor, que sexa importante. Para quen recupera a historia esa memoria significa orixe. Paradoxalmente a obra pode parecer melanc\u00f3lica nesa viaxe ao pasado, en contar o mundo como un cap\u00edtulo de&nbsp;<em>Starsky &amp; Hucth<\/em>. Pero a verdadeira melancol\u00eda da obra \u00e9 explicar por pasiva que todo ese mundo desaparecido non ten interese para o futuro. Se quixera meterme nun l\u00edo acad\u00e9mico dir\u00eda que hai algo de oteriano no transfundo. Pero este ano toca Carvalho Calero e esa \u00e9 outra ortograf\u00eda.<\/p><p>Sucede que utilizamos sentido do humor e pensamos en comedia. Pero o campo sem\u00e1ntico do sintagma \u00e9 bastante m\u00e1is grande.&nbsp;<em>Para\u00edso<\/em>&nbsp;ten un sentido do humor moi agudo. Por veces c\u00f3mico e por veces doloroso. A\u00ednda que estas d\u00faas circunstancias est\u00e1 moi lonxe para os espectadores, est\u00e1n moi preto no proceso de contar historias. O sentido de humor da compa\u00f1\u00eda \u00e9 moi, moi amplo. S\u00e9guelle pesando a biograf\u00eda do c\u00f3mico. Pero temos que pensar nos tempos. Ch\u00e9vere procede da parodia. E n\u00f3s temos a parodia por un x\u00e9nero humor\u00edstico, como unha ferramenta para os gags. Pero non hai que despistarse dos tempos, e a parodia, a d\u00eda de hoxe, \u00e9 o x\u00e9nero contempor\u00e1neo por excelencia. A parodia funciona como mesmo mecanismo da realidade, pero cun fin distinto. Dir\u00edamos que a mellor parodia \u00e9 a que non se distingue da realidade e hai moitos medios de comunicaci\u00f3n traballando de maneira moi convincente nela. Ch\u00e9vere non utiliza a parodia para o humor, util\u00edzaa para contar realidade e non facer realismo. Est\u00e1 no borde e por iso na mesma obra podemos ver como unha familia come bocadillos de calamares ou remeda as febres do s\u00e1bado noite e ver case sen interrupci\u00f3n como quen atende a secci\u00f3n do peixe nun supermercado leva aos espectadores \u00e1 verdade dolorosa.<\/p><p>Na dobre li\u00f1a da obra sucede tam\u00e9n que o humor parece estar m\u00e1is no pasado que no presente. A tensi\u00f3n dram\u00e1tica da obra est\u00e1 na reconstruci\u00f3n do relato m\u00e1is que nos feitos que o protagonizan. Para quen viviu pesa moito m\u00e1is o sucedido que as consecuencias borrosas que poida ter no presente. \u00c9 unha combinaci\u00f3n e pode suceder que&nbsp;<em>Eroski Para\u00edso<\/em>&nbsp;non queira definirse pese as evidencias da comedia.<\/p><p>Catro anos despois da s\u00faa estrea en Muros,&nbsp;<em>Eroski Para\u00edso<\/em>&nbsp;\u00e9 unha investigaci\u00f3n, unha obra de teatro, un libro e unha longametraxe. Haber\u00eda que chamar a atenci\u00f3n sobre esta idea de que o importante son as historias e o resto son soportes. Chamar a atenci\u00f3n e volver ao principio sobre por que o teatro asumiu sen querer a tarefa de contar esa historia do pa\u00eds que quedou arrombada detr\u00e1s das urbanizaci\u00f3ns de adosados e por tras dos carteis da Xunta que anunciaban o asfaltado das estradas. As historias que defin\u00edan a un pa\u00eds que sempre tivo medo a definirse para non molestar.<\/p><p><\/p><p><\/p><p class=\"wp-block-verse\">Esta reportaxe foi publicada en \nLuzes 77. 02\/2020<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>En Muros xa non hai para\u00edso. Hai un supermercado. Pode parecer un asunto do mercado inmobiliario, pero \u00e9 un cambio radical de \u00e9poca sen transici\u00f3n. \u00c9 historia dun pa\u00eds que non quere facer historia. Ch\u00e9vere fixo historia con Eroski Para\u00edso, do teatro ao cine. Unha historia entre bocadillos de calamares e parellas que se empre\u00f1an no cemiterio. Memoria e humor que non sempre d\u00e1 para unhas risas.<\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":66742,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[174],"tags":[],"class_list":["post-66700","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-fatiga-ocular"],"acf":[],"post_template":"reportaxe","post_subscription":"no","pretitle":"Eroski Para\u00edso","content_extract":"Temos instituci\u00f3ns e asociaci\u00f3ns. Temos Academia e Consello da Cultura, temos facultades de historia, temos xornais que a pesar da uniformidade aparente son de variada orientaci\u00f3n co mesmo centro. Temos polit\u00f3logos sen profesi\u00f3n co\u00f1ecida, soci\u00f3logos, economistas. Temos un goberno auton\u00f3mico ao que non lle gusta a autonom\u00eda, unha televisi\u00f3n propia que case nunca o parece....","reading_data":{"word_count":"2454","reading_seconds":"588","reading_time":{"minutes":9,"hours":0,"seconds":48},"reading_string":"9'48''","reading_human":"10 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":{"action":"default","action_data":""},"categories_list":[{"name":"Fatiga Ocular","id":174,"slug":"fatiga-ocular","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/66700"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=66700"}],"version-history":[{"count":10,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/66700\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":87463,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/66700\/revisions\/87463"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/66742"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=66700"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=66700"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=66700"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}