{"id":68829,"date":"2021-04-29T12:33:57","date_gmt":"2021-04-29T10:33:57","guid":{"rendered":"https:\/\/pisofranco.gal\/?p=68829"},"modified":"2022-01-13T18:08:14","modified_gmt":"2022-01-13T17:08:14","slug":"o-paradoxo-de-bradbury","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/pisofranco.gal\/artigos\/2021\/04\/29\/o-paradoxo-de-bradbury-68829\/","title":{"rendered":"O Paradoxo de Bradbury"},"content":{"rendered":"<p>Andamos no centenario do nacemento de Ray Bradbury\u00a0(Waukegan, Illinois, 1920-Los \u00c1ngeles, California, 2012)\u00a0\u00a0e lonxe do que digan os t\u00f3picos, non foi\u00a0o\u00a0escritor que se adiantou\u00a0ao seu tempo. Foi\u00a0o\u00a0autor que soubo ver o futuro naquilo que xa estaba pasando. Foi un autor norteamericano e, quizais, para esta circunstancia tivo dous lixeiros inconveniente: non\u00a0tivo biograf\u00eda e fixo carreira moi lonxe das academias. Non se pode dicir que fracasara, pero quizais a\u00ednda hoxe, cen anos despois do nacemento,\u00a0parece que lle falta algo para situarse na mesma altura que os grandes do s\u00e9culo\u00a0do seu barrio\u00a0dist\u00f3pico: Orwell\u00a0ou Huxley, por exemplo.\u00a0<\/p><p>Bradbury tivo biograf\u00eda,&nbsp;claro, pero non tivo unha desas que contan, como Orwell, como Kerouac, como Hemingway. Bradbury non tivo unha biograf\u00eda literaria como hai escritores que hoxe non te\u00f1en Facebook&nbsp;ou Twitter. Non marchou contar guerras desde bares, pero foi un escritor con vocaci\u00f3n que fixo&nbsp;un percorrido raro para un escritor europeo, quizais raro para un escritor intelectual, pero que ten sentido&nbsp;para&nbsp;quen o entende como literatura de evasi\u00f3n. Hai un certo desenganche no termo evasi\u00f3n cando se refire a literatura. En moitos sentidos, Bradbury foi percibido as\u00ed, pero non o era. Ray Bradbury, quizais marcado por como se deu a co\u00f1ecer, foi lido como un autor de x\u00e9nero, igual que tantos que agora escriben policial, pero esa non era a s\u00faa intenci\u00f3n. O escritor, fillo de norteamericano e sueca inmigrada, rexeitou sempre o de ser&nbsp;un autor de ciencia ficci\u00f3n e, mesmo con poucas lecturas da s\u00faa obra, se percibe que non \u00e9 as\u00ed.&nbsp;Esa ficci\u00f3n que prop\u00f3n Bradbury ten un decorado de futuro, pero todo o resto \u00e9 ser humano na s\u00faa m\u00e1is ampla&nbsp;identidade atemporal. Non se pode xulgar o teatro polos decorados nin a literatura pola aparencia.&nbsp;No fondo, o autor de&nbsp;<em>Cr\u00f3nicas Marcianas<\/em>(1950)&nbsp;\u00e9 un l\u00edrico adoecido polo presente da especie humana e por esa man\u00eda de cometer os mesmos erros unha \u00e9poca tras&nbsp;outra. Pero esa parte, que \u00e9 a substancia da s\u00faa obra non foi tan tida en conta porque, as\u00ed son as academias, Bardbury vi\u00f1a doutro lado. Pero non se pode dicir que o escritor fracasase.&nbsp;<\/p><p>O outro cualificativo que adob\u00eda a s\u00faa biograf\u00eda \u00e9 prol\u00edfico.&nbsp;Un escritor sen descanso: con&nbsp;vinte sete novelas&nbsp;rexistradas, m\u00e1is de 600 relatos breves, sen contar nin gui\u00f3ns&nbsp;para televisi\u00f3ns, nin adaptaci\u00f3ns para cine, nin programas de radio, nin eses espazos nos que, como fixo&nbsp;Hitchcock,&nbsp;o autor de&nbsp;<em>O home ilustrado<\/em>&nbsp;(1951)&nbsp;falaba un tempi\u00f1o antes de introducir ao espectador en historias que Iker&nbsp;Jim\u00e9nez considerar\u00eda normais.&nbsp;Cando un escritor escribe non ten demasiado tempo para cazar elefantes en \u00c1frica.&nbsp;<\/p><p>Ray Bradbury vi\u00f1a dos quioscos, que son establecementos&nbsp;en perigo de extinci\u00f3n e&nbsp;que,&nbsp;a pesar de que te\u00f1en moitos libros para vender, non son sempre ben entendidos por xentes librescas.&nbsp;Bradbury&nbsp; afeccionouse \u00e1 lectura con revistas&nbsp;de relato breve que para a cultura europea contempor\u00e1nea son impensables.&nbsp;Eran revistas de x\u00e9nero, de quiosco. Revistas con historias de terror, ou fant\u00e1stico, ou de&nbsp;argumentos&nbsp;que en xeral non son considerados gran literatura&nbsp;e, en funci\u00f3n de quen lea, nin sequera literatura.&nbsp;Pero as\u00ed foi como o escritor chegou&nbsp;\u00e1&nbsp;escrita. Podemos dicir que chegou pola s\u00faa conta&nbsp;e sen academia. Estamos nos comezos dos anos trinta&nbsp;e os seus pais acaban de trasladarse desde&nbsp;Wuakegan, unha cidade de&nbsp;Illinois&nbsp;a 90 kil\u00f3metros ao norte de Chicago xunto ao Lago Michigan,&nbsp;a Los \u00c1ngeles. Que poder\u00eda ser un cambio de ambiente, clima e, de non ser os Estados Unidos, un cambio de naci\u00f3n.&nbsp;Bradbury, que conta doce anos cando chega ao Pac\u00edfico&nbsp;adquire como h\u00e1bitos culturais asistir a longametraxes como&nbsp;<em>O fantasma da \u00f3pera<\/em>&nbsp;e ler a autores como&nbsp;Edgar Rice Burroughs, tam\u00e9n co\u00f1ecido como o autor de&nbsp;<em>Tarz\u00e1n<\/em>.&nbsp;Hai outra lectura que neses anos poscrise do 28&nbsp;Bradbury converte en habitual:&nbsp;<em>Amazing&nbsp;Stories<\/em>, a primeira publicaci\u00f3n&nbsp;peri\u00f3dica&nbsp;adicada \u00e1 ciencia ficci\u00f3n nos USA&nbsp;e que nos seus&nbsp;primeiros&nbsp;n\u00fameros&nbsp;de 1926 publicaba textos de Verne, H.G. Wells e&nbsp;Edgar Allan Poe. Tampouco \u00e9 seguro que pagase os dereitos de autor.&nbsp;<\/p><p>Entre os trinta e os setenta, nos&nbsp;quioscos dos Estados Unidos enc\u00f3ntranse dous tipos de revistas de lectura con relatos breves como argumento fundamental.&nbsp;As \u201cslicks\u201d, mellor impresas, mellor dese\u00f1adas e destinadas a un p\u00fablico m\u00e1is literario e as \u201cpulp\u201d&nbsp;que, por dicilo dalg\u00fan xeito, ti\u00f1an menos prestixio. Os anos e os caprichos vintages da cultura, e quizais Tarantino, d\u00e9ronlle a volta a esa clasificaci\u00f3n. Bradbury, como adolescente que se iniciaba na lectura, estaba m\u00e1is pr\u00f3ximo \u00e1s segundas, entre as que&nbsp;Amazing&nbsp;acabou por ser unha destacada.&nbsp;<\/p><p>O a\u00ednda non mozo Bradbury decidiu ser escritor.&nbsp;Entre as fantas\u00edas de mundos en guerra, de&nbsp;chimpanc\u00e9s&nbsp;que te\u00f1en de xefe a un branco&nbsp;que fala&nbsp;menos que&nbsp;suxeito, verbo e predicado,&nbsp;entre submarinos el\u00e9ctricos&nbsp;e&nbsp;un mundo que dura menos de 80 d\u00edas,&nbsp;entre todas esas cousas desproporcionadas incluso para Iker Jim\u00e9nez e a&nbsp;<em>Casa Usher<\/em>,&nbsp;o Ray de doce-trece anos percibiu que hab\u00eda verdades m\u00e1is definitivas, e para manter&nbsp;a s\u00faa vocaci\u00f3n literaria p\u00faxose a vender peri\u00f3dicos como m\u00e9todo financiador do tempo de escribir.&nbsp;Quedou sempre cerca dos quioscos.&nbsp;<\/p><p>Hai outra influencia que&nbsp;o escritor&nbsp;repet\u00eda nas entrevistas&nbsp;mesmo despois de ganar o Pulitzer.&nbsp;Contaba doce anos, era o D\u00eda do Traballo, e a\u00ednda viv\u00eda en Illinois. Asistiu nunha feira&nbsp;ao n\u00famero dun mago chamado Mr. Electrico. Segundo a versi\u00f3n do escritor, o mago estaba&nbsp;cargado de electricidade est\u00e1tica, sentado sobre algo que parec\u00eda unha cadeira el\u00e9ctrica. O rapaz achegouse, o mago tocoulle o nariz e&nbsp;mandoulle: Vive para sempre! Ben pola idade, ben porque \u00e9 o tipo de orde que non se asimila nun d\u00eda, Bradbury volve ao d\u00eda seguinte \u00e1 feira&nbsp;e preguntoulle ao mago como era iso da vida eterna. Mr Electrico&nbsp;contestou que el -Bradbury- era a reencarnaci\u00f3n&nbsp;dun amigo seu que desapareceu na Primeira Guerra Mundial. O escritor repetiu&nbsp;en moitas entrevistas&nbsp;que tras esas palabras decidiu escribir cada d\u00eda da s\u00faa vida&nbsp;e cumpriu coa decisi\u00f3n.&nbsp;\u00c9 un mandato&nbsp;que non recibiu Vargas Llosa.&nbsp;<\/p><p>Segundo publicou unha vez The New York Times, o esritor de&nbsp;<em>Fahrenheit 451<\/em>&nbsp;(1953)&nbsp;\u00e9 o responsable de \u201cde levar a ciencia ficci\u00f3n ao&nbsp;<em>mainstream&nbsp;<\/em>literario\u201d.&nbsp;Conseguiu atravesar esa barreira, pero quizais o seu paradoxo \u00e9 ter sa\u00eddo desde a literatura popular,&nbsp;converter un x\u00e9nero en aceptable e mesmo&nbsp;incorporar o futuro como&nbsp;un argumento a ter en conta na literatura e, a\u00ednda as\u00ed, quedarse&nbsp;atrapado nesa definici\u00f3n de escritor popular. A evasi\u00f3n como acusaci\u00f3n.&nbsp;&nbsp;<\/p><p>O autor de&nbsp;<em>As&nbsp;douradas maz\u00e1s do sol<\/em>(1953), que pode escribir d\u00faas novelas por ano, sempre declarou o \u201cprop\u00f3sito moral\u201d da s\u00faa literatura.&nbsp;&nbsp;A conquista de Marte, a colonizaci\u00f3n&nbsp;do sistema solar por parte dos Estados Unidos&nbsp;\u00e9, de fondo, un detallado repaso da historia dos USA como pa\u00eds&nbsp;ocupante, da ambici\u00f3n, da violencia,&nbsp;da desculpa das liberdades, da destruci\u00f3n que xera non reco\u00f1ecer nada anterior como bo.&nbsp;O escritor de&nbsp;<em>Remedio para melanc\u00f3licos<\/em>&nbsp;(1959)&nbsp;ten un procedemento claro:&nbsp;&nbsp;Bradbury faille a proba do algod\u00f3n&nbsp;\u00e1 sociedade&nbsp;por ver se con outro decorado os resultados&nbsp;son&nbsp;distintos.&nbsp;Pero \u00e9 o mesmo:&nbsp;os tempos cambian, a destrucci\u00f3n permanece.&nbsp;<\/p><p>A pesar de ter cambiado un x\u00e9nero, de ter advertido sobre&nbsp;a violencia humana,&nbsp;o poder omn\u00edmodo e a supresi\u00f3n das liberdades, a Bradbury&nbsp;faltoulle reco\u00f1ecemento intelectual.&nbsp;Faltoulle&nbsp;ascender nese&nbsp;escalaf\u00f3n culto que&nbsp;\u00e9 algo&nbsp;mirado con quen&nbsp;procede da literatura popular. O Paradoxo Bradbury&nbsp;\u00e9 ese mesmo s\u00edndrome da&nbsp;cultura&nbsp;europea que&nbsp;despreza&nbsp;a&nbsp;literatura de x\u00e9nero en casa, pero&nbsp;declara&nbsp;unha admiraci\u00f3n proletaria polos escritores norteamericanos que a pr\u00e1ctican sen desculpas intelectuais, o mesmo sexa&nbsp;<em>noir<\/em>&nbsp;que ficci\u00f3n cient\u00edfica.&nbsp;\u00c9 o paradoxo de non acabar de reco\u00f1ecer a quen ten unha obra m\u00e1is importante como escritor de&nbsp;<em>short stories<\/em>&nbsp;que como novelista.&nbsp;Ese paradoxo que&nbsp;garda&nbsp;algunha relaci\u00f3n con como os cohetes de Bradbury se pousaban no chan vermello de Marte.&nbsp;<\/p><p><\/p><p><\/p><p class=\"wp-block-verse\">Este texto foi publicado no T\u00e1boa Redonda\nde El Progreso. 09\/2020<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Os aniversarios de escritores serven para matalos unha e outra vez, cada ano. Acaban como m\u00e1rtires da s\u00faa causa, mesmo aqueles que non foron grandes defensores do seu propio ego, que son os menos.  <\/p>\n","protected":false},"author":51,"featured_media":68840,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[174],"tags":[],"class_list":["post-68829","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-fatiga-ocular"],"acf":[],"post_template":"reportaxe","post_subscription":"no","pretitle":"","content_extract":"Andamos no centenario do nacemento de Ray Bradbury\u00a0(Waukegan, Illinois, 1920-Los \u00c1ngeles, California, 2012)\u00a0\u00a0e lonxe do que digan os t\u00f3picos, non foi\u00a0o\u00a0escritor que se adiantou\u00a0ao seu tempo. Foi\u00a0o\u00a0autor que soubo ver o futuro naquilo que xa estaba pasando. Foi un autor norteamericano e, quizais, para esta circunstancia tivo dous lixeiros inconveniente: non\u00a0tivo biograf\u00eda e fixo carreira...","reading_data":{"word_count":"1174","reading_seconds":"281","reading_time":{"minutes":4,"hours":0,"seconds":41},"reading_string":"4'41''","reading_human":"5 minutos"},"announcement":{"finishdate":"","finishdate_text":""},"opinion":{"subject":"","subject_info":[]},"event_info":{"startdate":"","starttime":"","enddate":"","endtime":"","entertainer":null},"interview":{"interviewed":""},"phototext":{"text_author":"","text_photo":""},"video":{"video_source":""},"promotion":{"action":"default","action_data":""},"categories_list":[{"name":"Fatiga Ocular","id":174,"slug":"fatiga-ocular","parent":0,"template":"default"}],"visible_author":"Camilo Franco","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/68829"}],"collection":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/users\/51"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/comments?post=68829"}],"version-history":[{"count":9,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/68829\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":166571,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/posts\/68829\/revisions\/166571"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media\/68840"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/media?parent=68829"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/categories?post=68829"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/pisofranco.gal\/api\/wp\/v2\/tags?post=68829"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}