O teatro galego é conservador cos dramaturgos

Para Roberto Vidal Bolaño, Saxo tenor foi un cambio de rumbo estético e argumental. Con esta peza, Vidal Bolaño entrou nos arrabaldes, no vida suburbana e o que, seguramente é máis importante, noutra forma de ver os individuos, moito máis relacionados coa súa circunstancia e moito menos capaces de se facer cargo do seu destino. A pesar de ser o dramaturgo que con máis regularidade estrea en Galicia, case sempre coa súa compañía, Bolaño considera que o teatro galego restrinxe cada ano o labor dos autores, dos novos e dos vellos, e que nesa decisión hai unha mestura de circunstancias, dende o conservadurismo á ignorancia. Saxo tenor foi un punto de inflexión no teatro galego. En moitos sentidos, foi unha inauguración que non tivo continuidade. O texto desa montaxe, sen embargo, sobreviviu como un referente dramatúrxico.

Regala Piso Franco

Non che gusta donde viven os teus amigos? Regálalles #PisoFranco. Preme aquí e envía unha subscrición coas chaves.

O teatro é a vida concentrada

Peter Brook (1925-2022) visitou Santiago de Compostela en 1998 como protagonista da primeira edición do Festival Millenium. Dúas obras súas formaron parte da programación, Je suis un phénomène e Oh les beaux jours. Brook explicou unha e outra vez o que consideraba teatro e o festival levou aos espectadores a un pechado cine Capitol que para o director parecía ter a vantaxe de estar moi próximo da ruína. A semana pasada (2 de xullo de 2022) morreu Brook e desde 1998 volveron unha entrevista, dúas críticas e unha conclusión. A entrevista e as críticas dos seus dous espectáculos en Santiago seguen aquí. A conclusión é que pese ao prestixio, o recoñecemento, a intelixencia e mesmo o éxito de Brook, o teatro non lle fixo caso.