Accidente

Tivemos un accidente coas maletas. Para mellor dicir as maletas tiveron un accidente soas e quedaron colgando en algún interregno aeroportuario. Somos europeos sen mochila. Quedamos afectados nas comodidades domésticas. Pero quen protesta no medio de tanta falta. Buscamos aprovisionarnos e aínda que soa expedicionario non é máis que buscar o mercado e repoñer o …

Chegar ata aquí

Níxer padece unha seca e moitas desigualdades. A seca non é deste ano. Desque comezou o milenio, a situación do país foi empeorando con dous momentos de inflexión. O primeiro deles foi no 2003, cunha seca acentuada que reduciu as colleitas de cereal que forman a base dunha economía sen recursos. Un ano despois, unha …

14 de febreiro

Todos os anos o mesmo. Étude Tristesse de Chopin o día enteiro para conmemorar o amor. Cada 14 como se a sala familiar fose un salón parisino de mobles sólidos pero elegantes. Padecía sen devoción a torpeza identificativa do marido. Ata o 13 último. Tomou o disco compacto do músico polaco interpretado por un mallorquino, partiuno nun …

9 | Facebook era isto

Pregunta secreta: Quién vive en la piña debajo del mar. Respuesta: Alcalde esponja.Traballo no concello, estou máis interesado nas mulleres que nos homes, estudei en Ourense. E fotos, agora debería meter fotos. Valerá a dos carteis. Que andas a pensar. Dan por feito que penso algo e quizais aquí debería poñer: busco cantante famoso ou cámbianse licencias por …

Distancia interior

Finalmente, a rúa. É ancha, desordenada de formas, dominada pola cor da arxila, con algunhas árbores, rótulos descolocados, un cruce ao fondo e alumnas en uniforme azulado. Miran con curiosidade un grupo máis ben exótico para elas e que aínda non entende a potencia do sol. O que haxa de intimidante no seu xeito de …

8 | Quen ten o micro ten o poder

O alcalde preguntou que facer agora con Lucía do Incio. O concelleiro contestou: con patacas. Pero o alcalde é un tipo documentado e xa tiña unha organización mental para o problema: a tele dixo que era o  primeiro artista galego que representaba a España en Eurovisión, pero quen lle fai caso á tele. O primeiro foi …

Desaparición nos parques

Na rotonda dos datos aparece o resultado dese cruzamento entre pobreza e nacementos: o 14% dos nenos nacidos en Níxer non verán o mundo como adultos.  As cifras porcentuais non sempre son contundentes. Cambiemos o foco polas absolutas. 14 de cada 100 nenos que nacen en Níxer morrerán de pura fame. Serán vítimas dun crime sen …

Con propiedade

Lolo apareceu un día polo barrio sinalando o ceo con xesto de elegancia esaxerada, como se tivese estudiado nun colexio de curas e se lle quedaran os aires do director. Lolo, para nós, era un pouco lelo. Como moito, parecíanos gracioso ou curioso ou raro. Ou simplemente distinto.  Despois de tres días de nos rondar …

Igualdade da infancia

Se as mulleres paren moito ten que haber nenos. Hai barullo de colexio ao outro lado do muro e o rebumbio que chega parécese a todos os rebumbios que lle chegan á xente que vive preto dun colexio. Poderiamos descargar todos os tópicos sobre os nenos, sobre o pasado e sobre o porvir –que palabra-. …

7 | Casa por casa

Cando rapaz, o seu pai moito se burlaba dos que tiñan por oficio andar casa por casa vendendo cousas. Non lle parecía un traballo respectable. Avón chama. Pero estamos en campaña e toca porta por porta. O alcalde decide o reparto de terras, escolle os que sabe que son dos del e para o resto, …

Datos de vida, datos de morte

As estatísticas son claras con Níxer: é o último país do mundo en riqueza. Expresado así é un sarcasmo. En realidade é o primeiro en pobreza. Segundo as organizacións internacionais, Níxer é o país máis pobre do planeta. Máis pobre incluso que o barrio máis deprimido de Harlem. Pero menos violento. Segundo os datos económicos …

Almorzo con manteiga

A mesa está disposta. Ten de todo, incluso manteiga. É un almorzo continental. Poderiamos entender que este é territorio diplomático, como unha excepción. Recibimos trato de turistas e a un turista non se lle perturba a ignorancia. Ese trato preferente é case inexorable. A primeira condición do viaxeiro é o seu carácter temporal. En África …

Smith & Cía (Conto inxenuo)

Antes, quen tiña cabalos era rico. Quen tiña vacas era rico. E tamén era rico quen tiña árbores ou prados ou máquinas ou casas de pedra. Pero un día os ricos, cansos de tantas trafegas coas cousas, decidiron que non querían manchar as mans nas releas de obxectos, pensaron en dar con algo para intercambiar …

Rebeca e as nubes

Rebeca pintou as nubes corre correndo porque acababa o verán e o sol aínda estaba espido. Mirounas pasar como ovellas distraídas pacendo herba aquí ou acolá. A máis cativa de todas, vermella polo esforzo de seguir o rabaño, parou a mirar para a nena e pareceulle tan pequena coma ela. Rebeca deu logo cun coro …

A morte crónica

A situación de Níxer é malísima. Dito así é inxenuo e obvio. O malo das obviedades é ter que repetilas e que o mundo as escoite como tal e ao tempo negue a maior: a situación de África é malísima, vale, xa o sabemos. Na última parte da frase péchase un dos grandes cinismos de occidente. A …

Semper fidelis

Debe ser un costume do exército ianqui facer un baile de gala antes de marchar á guerra. Xa o recordaba da época de Fort Apache. Facíao, supuña, para que recibir a nova de marchar tivese suficiente solemnidade ou, tamén, para que algún oficial puidese lucir circunstancia digna ao pronunciar que o rexemento sairía ao amencer. …

6 | Nin virtual nin dos outros

-O Facebook, que vén sendo?-Unha web para cotillas.-E por que non lle preguntas ao alcalde?-Porque vai responder o mesmo ca ti. Pero ti es o de cultura, deberías saber.-Pois claro que sei. Estamos traballando niso. Esta semana vai estar un Facebook espectacular.-Mellor que o de Rajoy?-Non fai falta que o poñas, pero por suposto que …

5 | Os anónimos son descoñecidos

Recollérono cabo da farmacia. Entrou pola porta de atrás dun Audi. Diante ía o alcalde, conducindo, e o comandante do posto da Garda Civil. O alcalde mirouno polo retrovisor. -Non mires así, ho. Se chamamos polo cura poderiamos dar un golpe de estado… Cóntalle ao cabo o asunto e a ver que di. Un cochazo. …

Madruga o sol de mediodía

Madrugas e o sol xa está como de mediodía. A contorna máis directa do hotel é case europea: céspede regado, terraza, parasol, flores. Tampouco é un luxo, pero aquí xoga a perspectiva e a circunstancia sempre é cabrona. Hai un muro, claro. Sempre hai un muro que separa as cousas boas do resto. E non …

4 | Se o teléfono repenica na noite

Volve a casa. Pon a televisión. Mallan nos Lakers de maneira inmisericorde. Mentres bota de menos a Trecet repasa a lista de tarefas. Ten que facer o plan das festas. Facer un programa de festas é como ser adestrador: todo o mundo sabe como facelo, todos teñen algo que dicir, todos encontran os defectos. Repara …

Praza Roxa 1993

As couzas nacen no esquecemento. Nacen e medran comendo o feltro dos sombreiros, a tea das bandeiras. Merendan os libros de historia e van deixando nas páxinas pequenas erupcións volcánicas como lagoas para o porvir. Agora mesmo estarán no medio dunha enchente de palabras como revolución, proletariado, camarada, e deixarán para a sobremesa unha especialmente …

Previsor inglés

Pensou no futuro e comezou a dispoñer os seus obxectos familiarmente clasificados; cubriu os andeis da memoria enfrontándose á ardua tarefa selectiva de planificar un tempo aínda por vivir. Non quixo deixar nada de man, prevendo cada un dos detalles que puideran decidir a vida. Enfrontouse a si mesmo e ó comportamento do porvir, calculando …

Dúas colonizacións

Níxer está, en moitos sentidos, no corazón de África. Da África que, por algún motivo, chamamos negra. Que padeceu dúas colonizacións moi distanciadas no tempo e que non conseguiu sobreporse a ningunha delas. A primeira das colonizacións de Níxer foi a musulmá. Economicamente adaptable aos territorios que ocupou, alterou a organización social orixinaria e acabou …

Chegar de noite

Chegar de noite a calquera lugar descoñecido é desorientador. Subir a un coche para percorrer uns quilómetros de avenidas anchas relativamente iluminadas só suma un pouco máis a ansiedade do viaxeiro por situarse. Hai longas rectas e rotondas, como a tiraliñas. A luz é fantasmal e a distancia faina intermitente. Logo desaparece a iluminación e …

3 | Empanadas e peixes

Cando chegou ao local do mitin a veteranía de fontaneiro empurrouno a desconfiar. Foi baixando as cadeiras mentres saudaba a xente que xa estaba agardando. A megafonía non chegara e tivo o impulso de telefonar. Pero como o móbil era o del pensou na economía de medios e decidiu ter paciencia. Xa estaban alí as …

Que me queres, cabrón

Que o sol levase dúas horas presidindo o horizonte matinal non era a causa da súa alegría. Saltou da cama, puxo os pantalóns curtos e correu contra a cociña. Mamá, vou buscar o pan. Mirou o reloxo e acelerou o paso. Entrou na panadería e buscou o mostrador pequeno. Detrás estaba ela: dúas coletas e …

Reconstrución da fantasía

Cambiou o conto e pediulle a Polgariña que subise. Sube aquí. Levouna de excursión a un bosque no que todos os faunos erguían glorias cos seus instrumentos de vento. Sube aquí e agárrate, díxolle, que as travesías son movidas. Foina levando por un país onde o sol parecía pequeno e as sombras eran brandas, e …

2 | De brazos cruzados

Pasar a  vasoira por diante da cara é pouco delicado. Pero é o día e a romaría. Mollas a vasoira na auga con pós, colocas o cartel no contrachapado que aínda ten restos dos carteis das eleccións anteriores, pos a vasoira polo medio do cartel e dáslle arriba e abaixo. Aí quedas, pegado como un pasmón. Logo volves coa vasoira ao caldeiro, mollas, e volves pasarlla ao cartel. Desta vez dá máis gusto, é como ir borrando un país do mapa. Aínda máis. Podes poñerlle a vasoira de barba ao alcalde para ver se lle borra a cara de ben de interese cultural que se lle puxo e …

Reparto de poderes

Avanzaba polo corredor decatándose de que a rotación da Terra non era suficientemente rápida para el. Faltáballe paciencia para esperar polos ciclos que poñen día e noite sobre as casas e con lentísima desesperación remoía as desculpas de mal pagador. Avanzaba polo corredor coas imaxes claras: haberá sorrisos de complicidade e haberá sorrisos de burla. …

Parada Nupcial

Cruzara todo o supermercado en busca dunha ofrenda. Vira na televisión como certos paxaros australianos chamaban pola parella construíndo un niño no que dun lado da entrada colocaban flores frescas e doutro unha morea de escaravellos recén capturados. Repasaba os andeis todos comprobando as etiquetas para saber se podía permitirse o prezo do amor. Abaneaba a …

Discurso da moviola

Os tempos caen, o fútbol permanece. Viu chegar a bola negra e asustouse un pouco pola responsabilidade de formar na primeira liña. O tempo pasa, pero o fútbol permanece. Fixo memoria, detendo o reloxo, e non recordou que nunca lle gustara o balompé, nin sequera de neno. Reflexionara algunhas veces sobre a distancia que separa …

Tanta Felicidade

Tanta felicidade deitaba sobre a vida pasada a mesma luz que deita sobre o mar o solpor. Non había queixa no seu silencio, mentres contemplaban o retroceso da fraga dende a solaina da casa. Non falaban a penas nas horas serodias da tarde; o necesario fora dito. No ocaso non ventilaban os problemas, calculando que …

A soidade do asasino

Sentiu o repetitivo manifestarse do timbre e cun mal disimulado desgusto ergueuse en dirección á porta. Ao entrar no estreito corredor acendeu a luz e pensou que, de volta, debería levantar as persianas para que entrase algo do sol da tarde. O timbre volveu soar con impaciencia. Contrariouse aínda máis ao decatarse de que, pola …

A mochila moral

Os europeos nunca abandonamos Europa. Vai con nós, como ás costas, en forma de pasaporte, vacinas, breviario idiomático, pomadas protectoras, calcetíns de algodón, repelente para os mosquitos, teléfono da embaixada e dunha superioridade moral que ningunha historia universal, por pouco obxectiva que sexa, consegue xustificar. Viaxamos coa historia na mochila e case nunca conseguimos baixar …

Estación de autobuses

Baixar do avión e dar cunha estación de autobuses. Serán as catro da madrugada. Todo parece baldosa abandonada, uns quioscos soltos, uns corredores curtos con limpeza quizais quincenal. Igual non. Igual é o po do deserto que se anuncia. Pasar a aduana coa súa displicencia. A curiosidade dos ollos dos viaxeiros que permanecen na terminal. …

Tamén leo a Kierkegaard

Durmía cando a presión na vexiga o espertou. Ergueuse incomodamente alterado pola necesidade. Puxo o piloto automático, disposto a navegar na escuridade do dormitorio. O sono levantaba aínda no seu entendemento ondas de néboa. Fóra, os paxaros cantaban nos sicómoros. A vexiga mandou recado de novo; dous pasos adiante. Botou man do ferrollo, pero non …

Polo recto camiño

No verán, a cidade suaba polas pedras. Entrei nos ultramarinos e don Alfonso volveuse aireando o mandilón de cadros para reprenderme pola tardanza: xa che dixen que foses polo camiño recto. Logo mandoume: colles a botella de Marie Brizard e lévaslla a don Ricardo, o da caixa de aforros, que hoxe ten convidados. Corre correndo. …

Dramas e angustias

África é unha desas partes do mundo que non son Europa. A África gustaríalle ser Europa, pero non lle deixan. Alguén decidiu hai moitos anos que África tería que ser como Europa e cambioulle os costumes, o idioma, sementoulle unhas cantas rúas con certo carácter ideal, chantoulle árbores e ditoulle as normas. Non se parou …

1 | Ou te pos a sumar ou xa estás restando

Arrimou o coche por baixo do depósito da auga das Cancelas. Sempre acababa parando un cacho alí. Baixou do coche, do seu coche, e mirou como Santiago descende cara á catedral.. En todos os relatos hai algunhas nubes e así estaba a cidade, un pouco tornasolada aos seus ollos. Por efecto dos movementos do aire …

Hamlet Acusador

Tiña o amor enfermo de párkinson. Tiña o corazón ferido, de aurícula a ventrículo, polas frechas da aldraxante fortuna e, cada vez que comezaba a declamar, un mundo de bolboretas axitáballe o corpo e traíalle o recordo da cara aboiando onda os nenúfares. Subía ás táboas seguro de si mesmo, pero en canto o príncipe …