Décimo Piso
Collía o xornal por detrás, como a traizón e, despois de revisar a última páxina, atacaba a portada por ver se aparecían Nixon ou Mao Tse Tung. Era unha táctica de cociña probe ou confiada en exceso nas virtudes da proteína: volta e volta. O contratista fiaba a súa dieta a cinco alimentos básicos: leite …