Regala Piso Franco

Non che gusta donde viven os teus amigos? Regálalles #PisoFranco. Preme aquí e envía unha subscrición coas chaves.

Mística diaria

Mentres decido en que normativa debería escribir, decátome de que o século XX deixou moitas guerras e poucas paces. Algunhas das paces que deixou teñen que ver cos Beatles e con esa inusual historia de facer o amor en contra da guerra. Se as cousas nas que cría George Harrison (Liverpool, 1943-Los  Angeles 29-11-2001) son …

Revolver en Revolver (pronunciado Revólver)

É verdade: Apple Corps espreme o catálogo de The Beatles ata un nivel que, por veces, parece excesivo. Novas mesturas cada catro anos e estas edicións obrigadas a descubrir algo novidoso na discografía máis coñecida do planeta. Pero hai unha máxima que veu funcionando até o de agora: na música popular The Beatles son o canon e quedaron sos no seu nivel. A pregunta ben pode ser cantos grupos na historia soportarían este grao de atención? Agora toca Revolver que probablemente é o disco máis sorprendente do cuarteto.

Ourense ten máis terrazas ca Liverpool

En Ourense crúzanse moitas liñas. Nunha mañá que anticipa o verao poden cruzarse o himno galego polos altofalantes da clase obreira e o terraceo de vermú con moitos cabezudos e ningún xigante. Crúzanse os ramos de flores maternais coas cruces dos maios e o seu cantiño de copla. Tamén se cruzan The Beatles. The Beatles, non. A memoria sen case banda sonora do grupo musical máis importante da historia.

Acordes e desacordos

Alguén asegurou que na música popular hai dúas categorías: The Beatles e o resto. Pasados cincuenta e dous anos da súa disolución quedaban poucas cousas novas por ver da banda máis influínte de todos os tempos, pero Get Back era unha delas. A docuserie que Peter Jackson montou sobre as ilimitadas horas de gravación do que se chamaba Let it Be demostra, unha vez máis, que hai sempre unha diferenza entre o grupo e o resto. Incluso chegado ao final. Get Back, podía ser un final, pero non era o declive.

Desmontándose a si mesmos

Un día acabaron as flores, os traxes, o pelo de paxes, a meditación e o rebumbio das fans. Acabou a fantasía das viaxes e o mundo en tecnicolor. Un día, alguén, deuse conta de que ademais de amor facían falta outras moitas cousas. Ese día The Beatles baixaron da terraza na que convivían sarxentos bigotudos e submarinos psicodélicos e percatáronse de que o mundo real seguía …

O primeiro fan de The Beatles

Desde Anthology (2003), ou por ese tempo, a historia de The Beatles estase reescribindo. Non é que antes estivera mal escrita, é que todo estaba demasiado próximo. Un dos grandes animadores desta reescrita, da reorganización da memoria arredor da banda, é Paul McCartney, que agora encontra no produtor Rick Rubin un admirador entregado a quen …

McCartney componse só

Pode ser que Paul McCartney se sinta perseguido por aquela fama que lle apuxeron nos setenta que o cualificaba como comercial, fácil, cando non directamente banal. McCartney leva feito moitísimas cousas para demostrar que as súas capacidades non teñen límites. Publica un disco absolutamente en solitario para demostrar, unha vez máis, que é o músico máis influente do século XX.  …

A culpa de todo

Ou estamos maiores nós ou están maiores as consignas. John Lennon faría 80 anos neste 2020 e Yoko Ono está delicada de saúde. Formaron a parella artística do século XX mesmo alén da outra gran parella dese século: Lennon-McCartney.