Que ten que ver o amor coas bicicletas

Non é certo que os holandeses sexan xente tranquila. Quizais teñen calma ata que suben a unha bicicleta e o mundo cambia para eles. Cambia o punto de vista. Van máis altos que os peóns, máis que os condutores. Moito máis que quen viaxa atrás nun coche oficial. Os holandeses son pouco amigos de frear …

Rock Duro. Si te dicen que caí

Ao outro lado do canal que rodea o Hard Rock Café aparcou a ambulancia. Mentres alguén padecía un apuro, o resto salivaba ante a posibilidade das onzas de carne á grella e as fotos de músicos inmortalmente famosos e mortalmente comprables.  As ambulancias en Amsterdam son marelas (os submarinos máis famosos da historia son de …

Teoría do centro

O centro é unha cousa e o extrarradio é outra. Así na política como nas cidades. Na filosofía como na radio. Gobernámonos baixo a idea de que o importante está sempre no centro, colocado aí con exactitude xerárquica, con mando en praza, seguindo o exemplo dun urbanismo mentireiro porque o centro do poder territorial case …

Bruno Ganz (O ceo sobre Ámsterdam)

Hai unha cola para coller o papeliño que dá a vez. A moderna ciencia da sinalética confía máis no carácter intuitivo do deseño que na tradución. A fila é a típica das cidades turísticas: europeos de variada condición, adolescentes xaponesas e familias chinesas que van a todos lados como se fosen á praia de Samil. …