Bruno Ganz (O ceo sobre Ámsterdam)
Hai unha cola para coller o papeliño que dá a vez. A moderna ciencia da sinalética confía máis no carácter intuitivo do deseño que na tradución. A fila é a típica das cidades turísticas: europeos de variada condición, adolescentes xaponesas e familias chinesas que van a todos lados como se fosen á praia de Samil. …