Acordes e desacordos
Alguén asegurou que na música popular hai dúas categorías: The Beatles e o resto. Pasados cincuenta e dous anos da súa disolución quedaban poucas cousas novas por ver da banda máis influínte de todos os tempos, pero Get Back era unha delas. A docuserie que Peter Jackson montou sobre as ilimitadas horas de gravación do que se chamaba Let it Be demostra, unha vez máis, que hai sempre unha diferenza entre o grupo e o resto. Incluso chegado ao final. Get Back, podía ser un final, pero non era o declive.