Acordes e desacordos

Alguén asegurou que na música popular hai dúas categorías: The Beatles e o resto. Pasados cincuenta e dous anos da súa disolución quedaban poucas cousas novas por ver da banda máis influínte de todos os tempos, pero Get Back era unha delas. A docuserie que Peter Jackson montou sobre as ilimitadas horas de gravación do que se chamaba Let it Be demostra, unha vez máis, que hai sempre unha diferenza entre o grupo e o resto. Incluso chegado ao final. Get Back, podía ser un final, pero non era o declive.

O primeiro fan de The Beatles

Desde Anthology (2003), ou por ese tempo, a historia de The Beatles estase reescribindo. Non é que antes estivera mal escrita, é que todo estaba demasiado próximo. Un dos grandes animadores desta reescrita, da reorganización da memoria arredor da banda, é Paul McCartney, que agora encontra no produtor Rick Rubin un admirador entregado a quen …

Cancións para o interior da fábrica

Non acertar facendo versións de Golpes Bajos non é novidade. Xa lle pasou a Germán Coppini. Iván Ferreiro repasa en Cena recalentada a discografía dese grupo singular, breve e, esta vez si, inimitable que lle deu vida culta ao pop español. Ía polos corredores da fábrica. Curraba niso entón, arredor dos vinteún. Os meus cometidos, que é …

All you need is you

No mesmo momento en que acabou All you need is love comezou a resaca. Foi un movemento imperceptible pero imparable. Como cando remata a borracheira. Como cando San Paulo caeu do cabalo e veulle un ataque de lucidez. Durante 30 segundos foi lúcido e todo resplandecía. Logo ergueuse e falto de intelixencia como estaba tentou atribuír toda …