Semana Inglesa

A comer! A comer! Unha voz infantil resoando por todo o patio de vivendas. A comer! A comer!  De lonxe semellaba unha invitación. Unha mañá de sábado, a voz escapando entre o cemento das rúas, alcanzando aos paseantes. A mañá dos sábados, ese concepto de descanso que pronto desaparecerá. Ese día de ir mercar, de rebuscar pola cidade… …

Podemos falar

Podemos falar de fútbol, de ovellas, de feiras en todas as acepcións do concepto, da confusión das palabras, da confusión das dores, de que o pobo non mande, do trigo bo, do trigo malo, do pan Cea, da marca que deixaban os carros nos camiños, do malo que é o goberno, do fría que está …

Norma & Ivo en Monmartre

-Subimos e baixamos?-É ir por ir… Atravesaron as sombras das árbores e deixáronse rodear polos turistas de outubro. Un funicular é un elevador que respecta a lei da gravidade. Entraron, pero en lugar de mirar para a paisaxe, que comezaba a ser outoniza, deixáronse levar polas coreografías dos selfies… -Antes todo era máis estiloso… polo menos …