Desmontándose a si mesmos

Un día acabaron as flores, os traxes, o pelo de paxes, a meditación e o rebumbio das fans. Acabou a fantasía das viaxes e o mundo en tecnicolor. Un día, alguén, deuse conta de que ademais de amor facían falta outras moitas cousas. Ese día The Beatles baixaron da terraza na que convivían sarxentos bigotudos e submarinos psicodélicos e percatáronse de que o mundo real seguía …

Acordes e desacordos

Alguén asegurou que na música popular hai dúas categorías: The Beatles e o resto. Pasados cincuenta e dous anos da súa disolución quedaban poucas cousas novas por ver da banda máis influínte de todos os tempos, pero Get Back era unha delas. A docuserie que Peter Jackson montou sobre as ilimitadas horas de gravación do que se chamaba Let it Be demostra, unha vez máis, que hai sempre unha diferenza entre o grupo e o resto. Incluso chegado ao final. Get Back, podía ser un final, pero non era o declive.

O primeiro fan de The Beatles

Desde Anthology (2003), ou por ese tempo, a historia de The Beatles estase reescribindo. Non é que antes estivera mal escrita, é que todo estaba demasiado próximo. Un dos grandes animadores desta reescrita, da reorganización da memoria arredor da banda, é Paul McCartney, que agora encontra no produtor Rick Rubin un admirador entregado a quen …

All you need is you

No mesmo momento en que acabou All you need is love comezou a resaca. Foi un movemento imperceptible pero imparable. Como cando remata a borracheira. Como cando San Paulo caeu do cabalo e veulle un ataque de lucidez. Durante 30 segundos foi lúcido e todo resplandecía. Logo ergueuse e falto de intelixencia como estaba tentou atribuír toda …