Estación de autobuses

Baixar do avión e dar cunha estación de autobuses. Serán as catro da madrugada. Todo parece baldosa abandonada, uns quioscos soltos, uns corredores curtos con limpeza quizais quincenal. Igual non. Igual é o po do deserto que se anuncia. Pasar a aduana coa súa displicencia. A curiosidade dos ollos dos viaxeiros que permanecen na terminal. …

Tamén leo a Kierkegaard

Durmía cando a presión na vexiga o espertou. Ergueuse incomodamente alterado pola necesidade. Puxo o piloto automático, disposto a navegar na escuridade do dormitorio. O sono levantaba aínda no seu entendemento ondas de néboa. Fóra, os paxaros cantaban nos sicómoros. A vexiga mandou recado de novo; dous pasos adiante. Botou man do ferrollo, pero non …

Polo recto camiño

No verán, a cidade suaba polas pedras. Entrei nos ultramarinos e don Alfonso volveuse aireando o mandilón de cadros para reprenderme pola tardanza: xa che dixen que foses polo camiño recto. Logo mandoume: colles a botella de Marie Brizard e lévaslla a don Ricardo, o da caixa de aforros, que hoxe ten convidados. Corre correndo. …

Dramas e angustias

África é unha desas partes do mundo que non son Europa. A África gustaríalle ser Europa, pero non lle deixan. Alguén decidiu hai moitos anos que África tería que ser como Europa e cambioulle os costumes, o idioma, sementoulle unhas cantas rúas con certo carácter ideal, chantoulle árbores e ditoulle as normas. Non se parou …

Saber nadar

Houbo unha pintada en Ourense: O fillo do peixe sabe nadar. Era monárquica porque explicaba o funcionamento da monarquía e era antimonárquica porque calquera explicación do funcionamento da monarquía é razoablemente antimonárquica. Non debemos desprezar o que din as paredes nin como acaban as imaxes porque nos dous casos hai un verso do futuro,  un adianto da xustiza poética, …

1 | Ou te pos a sumar ou xa estás restando

Arrimou o coche por baixo do depósito da auga das Cancelas. Sempre acababa parando un cacho alí. Baixou do coche, do seu coche, e mirou como Santiago descende cara á catedral.. En todos os relatos hai algunhas nubes e así estaba a cidade, un pouco tornasolada aos seus ollos. Por efecto dos movementos do aire …

Catro quilómetros para casa

Cando contestou estaba a catro quilómetros da casa. Oes, que andan dicindo por aí que xa non estades xuntos. Faltaban catro quilómetros para a casa e levaba dúas mochilas para encher a neveira porque había queixas sobre a frecuencia con que ía facer a compra. Ían cheas, para compensar a viaxe, deses alimentos documentais que …

O Paradoxo de Bradbury

Os aniversarios de escritores serven para matalos unha e outra vez, cada ano. Acaban como mártires da súa causa, mesmo aqueles que non foron grandes defensores do seu propio ego, que son os menos.

Unha historia de Galicia

En Muros xa non hai paraíso. Hai un supermercado. Pode parecer un asunto do mercado inmobiliario, pero é un cambio radical de época sen transición. É historia dun país que non quere facer historia. Chévere fixo historia con Eroski Paraíso, do teatro ao cine. Unha historia entre bocadillos de calamares e parellas que se empreñan no cemiterio. Memoria e humor que non sempre dá para unhas risas.

Hamlet Acusador

Tiña o amor enfermo de párkinson. Tiña o corazón ferido, de aurícula a ventrículo, polas frechas da aldraxante fortuna e, cada vez que comezaba a declamar, un mundo de bolboretas axitáballe o corpo e traíalle o recordo da cara aboiando onda os nenúfares. Subía ás táboas seguro de si mesmo, pero en canto o príncipe …

Todo o que pica é peixe

Este home con cana e peixe viviu toda a vida rodeado dun halo. Pero non era de santidade política. Para uns foi Fraga Iribarne, para outros foi Fraga e para moitos outros don Manuel. Unha suma de uniformes diferentes que, na práctica, só disimulaban unha ambición pouco cotiá e capacidade de manobra para estar situado no centro dalgún …

O romanticismo é o que nos fode

Como somos culturetas temos invertido o proceso de entender e pensamos que primeiro é a mensaxe e logo as cousas. E dámoslle voltas e deixamos que o que sentimos no estómago varíe o discurso ata que os intereses propios parezan razóns colectivas. O Twitter axuda bastante.  Como somos culturetas é innecesario citar a Friedrich e, precisamente polo mesmo, é necesario acabar con esa idea …

Soñan as eléctricas con ovellas sintéticas?

Quizais as ovellas non distingan a calidade da sombra e andan consumíndoa onde hai, sen balar, sen entrar en disquisicións, sen pararse a pensar se esa sombra se corresponde coa súa clase social. Foi o cristianismo quen meteu as ovellas no imaxinario comparativo da humanidade. Año de deus e todas esas metáforas de calidade relativa. É verdade que, na Xudea da altura, as ovellas …

Step inside

Para entrar no bosque hai que aceptar tres condicións. As árbores son metódicas, resisten en pé, sen aliñar, ao mellor sol do día. Moven suavemente os rumores como os corredores despois dunha dimisión. Hai un monte sen adornos, algunhas mostras de abandono, un camiño sen alternativas e unha cancela que civiliza o conxunto. É unha …

Que ten que ver o amor coas bicicletas

Non é certo que os holandeses sexan xente tranquila. Quizais teñen calma ata que suben a unha bicicleta e o mundo cambia para eles. Cambia o punto de vista. Van máis altos que os peóns, máis que os condutores. Moito máis que quen viaxa atrás nun coche oficial. Os holandeses son pouco amigos de frear …

Carta de Theo

Querido Vincent: Espero que pola presente esteas ben e que Ibiza teña o clima que buscabas. Amsterdam está a ter un verán tranquilo. Moita, moita xente e as mesmas dúbidas de sempre. Creo que deberías pensar seriamente en pasar algún tempo aquí. É o momento. Hai unhas casas discretas por Hoekenes, xunto ao parque e …

Rock Duro. Si te dicen que caí

Ao outro lado do canal que rodea o Hard Rock Café aparcou a ambulancia. Mentres alguén padecía un apuro, o resto salivaba ante a posibilidade das onzas de carne á grella e as fotos de músicos inmortalmente famosos e mortalmente comprables.  As ambulancias en Amsterdam son marelas (os submarinos máis famosos da historia son de …

Café para toda a Humanidade

O lugar máis visitado do Rijksmjuseum é a cafetería. Está colocada estratexicamente de par do vestíbulo e ten un sistema de mesa quente: está todo ocupado entre as nove da mañá e as cinco da tarde. Un sistema de rotación moi alta. Non é barato, a pesar de todo. Pola contra, a cafetería do Museo …

Sistema dunha caída

A humanidade mete medo. Non o pánico que producen as armas nucleares ou repasar con detalle a casa de Anna Frank -un apelido incriblemente estendido polo mundo- para decatarse de que o seu confort de refuxiada interior respondía a un sistema de barbarie. A humanidade dá medo ao comprobar que durante un tempo a familia …

Venderemos nós

Cando seu pai vendeu as terras non sentiu ningunha dor. Quizais alivio. Estaba máis necesitado de novidades que desa condena segura da rural lex. Estaba canso da paz sen horizonte, da sesta dos veraos, das sombras dos xardíns e dos bichos da horta. Estaba canso de todo e todo lle resultaba imposición. Cando seu pai …

Sushi para dous

Hai anos recibira a noticia da súa morte como cando acaba unha parella: circunstancias que cambian sen sentido. Portas que desaparecen dos corredores das casas dun día para outro. E todos os días golpes contra o mesmo tabique. A noticia déranlla sen rodeos e quedárelle colgando moito tempo. Incluso sen motivo.  A noticia resistiu moito tempo. Porque ela era …

Teoría do centro

O centro é unha cousa e o extrarradio é outra. Así na política como nas cidades. Na filosofía como na radio. Gobernámonos baixo a idea de que o importante está sempre no centro, colocado aí con exactitude xerárquica, con mando en praza, seguindo o exemplo dun urbanismo mentireiro porque o centro do poder territorial case …

Bruno Ganz (O ceo sobre Ámsterdam)

Hai unha cola para coller o papeliño que dá a vez. A moderna ciencia da sinalética confía máis no carácter intuitivo do deseño que na tradución. A fila é a típica das cidades turísticas: europeos de variada condición, adolescentes xaponesas e familias chinesas que van a todos lados como se fosen á praia de Samil. …

Coa morte nos collóns (cultura española)

Hai un día de 1992 que xa ninguén recorda. É estraño que sexa así. Que ninguén recorde porque ten moito que ver con todo. O día existiu aínda que non se sabe cal foi. Os tres primeiros trimestres do ano estivo ao que caía. Á verbena diaria ou ao asalto dun futuro de relucinte inutilidade. …

Previously on Tondela

Todas as caras que vexo remiten a unha anterior. Vivo en deja vu permanente e cada rostro evidencia desmemoria ou extravío. Vivo intranquilo os paseos porque cada rostro que cruzo nas beirarrúas en lugar de berrar igualdade como sería lóxico en tempos desequilibrados, berra: non te lembras de min? E non me lembro. E fago memoria. E …

Todo é Teatro

Agora que o mundo é tan teatral, o teatro debería ser obrigatorio. Tería que ser o lugar común no que coinciden teoría e práctica, sabedoría e diversión, a razón e a emoción. Agora que todo o mundo, desde a policía aos xuíces, desde os banqueiros aos presidentes de goberno, están decididos a dar espectáculo en …

A culpa de todo

Ou estamos maiores nós ou están maiores as consignas. John Lennon faría 80 anos neste 2020 e Yoko Ono está delicada de saúde. Formaron a parella artística do século XX mesmo alén da outra gran parella dese século: Lennon-McCartney.

Semana Inglesa

A comer! A comer! Unha voz infantil resoando por todo o patio de vivendas. A comer! A comer!  De lonxe semellaba unha invitación. Unha mañá de sábado, a voz escapando entre o cemento das rúas, alcanzando aos paseantes. A mañá dos sábados, ese concepto de descanso que pronto desaparecerá. Ese día de ir mercar, de rebuscar pola cidade… …

Cancións para o interior da fábrica

Non acertar facendo versións de Golpes Bajos non é novidade. Xa lle pasou a Germán Coppini. Iván Ferreiro repasa en Cena recalentada a discografía dese grupo singular, breve e, esta vez si, inimitable que lle deu vida culta ao pop español. Ía polos corredores da fábrica. Curraba niso entón, arredor dos vinteún. Os meus cometidos, que é …

A crítica non foi o peor do teatro galego

“A crítica non é o peor do teatro galego”. A frase é dun crítico de teatro, pronunciada contra finais da década do 2000 e, ao tempo de ter un carácter preventivo, encobre unha falsidade despachada como inxenua. Nesa altura, como agora, hai que entender que se algo non é o peor de algo é que os dous elementos forman parte dun mesmo conxunto. Pero non. A crítica nunca formou parte do conxunto teatral. Nos últimos corenta anos a crítica foi moitas cousas, pero nunca estivo integrada como parte dun sistema escénico demasiado centrado no inmediato. A crítica foi unha sospeitosa habitual, unha reclamación permanente, un argumento complementario para congresos, semanas, festivais, mostras e debates escénicos. Foi moitas cousas, pero nunca acabou de formar parte dun conxunto que a precisaba como altofalante pero non como unha xeradora de argumentario.

All you need is you

No mesmo momento en que acabou All you need is love comezou a resaca. Foi un movemento imperceptible pero imparable. Como cando remata a borracheira. Como cando San Paulo caeu do cabalo e veulle un ataque de lucidez. Durante 30 segundos foi lúcido e todo resplandecía. Logo ergueuse e falto de intelixencia como estaba tentou atribuír toda …

Podemos falar

Podemos falar de fútbol, de ovellas, de feiras en todas as acepcións do concepto, da confusión das palabras, da confusión das dores, de que o pobo non mande, do trigo bo, do trigo malo, do pan Cea, da marca que deixaban os carros nos camiños, do malo que é o goberno, do fría que está …

A vida segue igual

Quizais se odien. Quizais sintan unha pola outra iso que a prensa de Madrí chama odios africanos pero que, á vista da estatística dos costumes, son bastante galegos. Pode ser indiferenza activa. Ou soidade. Crúzanse porque unhas veñen e outras van. Unha vén do súper e outra vai á misa. Dieta atlántica. Pode ser que teñan un movemento de marco pendente ou …

Sen patria non hai espectáculo

Aínda estou confuso con esa idea escapista de que a infancia é a patria do home. Como se fose unha saudade primixenia, irrecuperable e, polo tanto, inxusta. Como se a patria fose o pasado e non a vontade.   Pero cando a patria se exhibe como os tráilers das películas é que vai haber golpes. E cando se anuncian …

Santos por letras

O que primeiro se miraba dos libros antes eran os santos. Por respecto reverencial á tradición, imos continuar e tal como podedes ver en Máis que palabras, primeiro está a imaxe e, despois, o texto. Queredes que as vosas fotos aparezan aí? Subídeas ao twitter e citade @franco_piso e desde aí chegarán ata aquí con …

Capela Sixtina

Era unha feira e incluso xente de misa diaria tentaba disimular a prohibición de facer unha foto. Púñanse medio de lado e así, como quen non quere, tentaban meter no seu móbil un pouco da grandeza desa historia que o teito e as paredes pretenden contar. É unha historia, e mesmo pode que boa. Incluso sendo incerta. …

Norma & Ivo en Monmartre

-Subimos e baixamos?-É ir por ir… Atravesaron as sombras das árbores e deixáronse rodear polos turistas de outubro. Un funicular é un elevador que respecta a lei da gravidade. Entraron, pero en lugar de mirar para a paisaxe, que comezaba a ser outoniza, deixáronse levar polas coreografías dos selfies… -Antes todo era máis estiloso… polo menos …

O soldado en inverno

No inverno non combatemos. Quedamos ao resgardo dos galpóns, mentres fóra a chuvia impide calquera avance, calquera defensa. Chove catro meses ao ano. Todo por xunto. A chuvia cala na terra ata formar un metro de combinado: intransitable, inutilizable, un material sen táboa periódica. Unha materia a medio camiño entre o sólido e o líquido, …

McCartney componse só

Pode ser que Paul McCartney se sinta perseguido por aquela fama que lle apuxeron nos setenta que o cualificaba como comercial, fácil, cando non directamente banal. McCartney leva feito moitísimas cousas para demostrar que as súas capacidades non teñen límites. Publica un disco absolutamente en solitario para demostrar, unha vez máis, que é o músico máis influente do século XX.  …

Frasco de nervios

As televisións medían medio metro de ancho. Quizais debería dicir de profundidade. Era por causa do tubo catódico: canto máis grande era a pantalla, máis longo tiña que ser o fondo. Asomarse á parte de atrás do televisor era case tan interesante como mirala de fronte, excepto cando puñan Eliot Ness. O máis interesante das …