Os últimos dos últimos
De cando en vez hai que declararse insubmisos dos premios. Dos que se dan, dos que se reciben. Tamén habería que declararse insubmisos de protestar contra os premios cando non se ganan e de sentirse profundamente emocionado cando se reciben. Os premios, como os inquéritos para a clase política, deberían ser tratados desde esa media distancia na que nin entrega total nin desprezo. Pasamos por riba dos Oscar, dos Mestre Mateo e chantamos a bandeira nese lugar onde seica xa só quedan os últimos de nós. Non é un museo.